• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

O presidente provincial, Valentín González Formoso, a deputada de Obras, Mónica Rodríguez, e o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, supervisaron o resultado dunha actuación que mellora a seguridade viaria na estrada que conecta Carral con Meirama

David Por David
11/05/2026
en #Destacado, A Coruña, Rural
0
Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, supervisaron esta mañá o resultado das obras de mellora da seguridade viaria executadas pola institución provincial na estrada DP-2104, que conecta Carral con Meirama.

A actuación, xa rematada, supuxo un investimento de 425.086 euros e permitiu construír unha nova ponte sobre o río Castro, ademais de executar unha variante de trazado de 300 metros entre os puntos quilométricos 2+750 e 2+900.

A intervención tiña como obxectivo corrixir un dos puntos máis complexos da DP-2104. Neste tramo, a estrada presentaba curvas enlazadas de radio moi reducido, cunha curva sobre a antiga obra de fábrica de apenas 20 metros de radio, a máis restritiva da zona. Ademais, a plataforma existente tiña só 4 metros de ancho, o que dificultaba o cruzamento de vehículos de maior tamaño, como camións ou autobuses, e obrigaba en ocasións a realizar manobras na calzada.

Con esta nova variante, a Deputación mellorou o trazado da estrada, eliminou un tramo de forte curvatura e ampliou a plataforma ata unha sección máis segura e homoxénea, con dous carrís de 3,5 metros e beiravías dun metro a cada lado. O novo trazado conta agora con radios mínimos de 50 metros, fronte aos 20 metros que presentaba o punto máis complicado antes da actuación.

Valentín González Formoso destacou que esta obra «é un bo exemplo do traballo que fai a Deputación na rede provincial de estradas, con actuacións fundamentais para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade diaria nos concellos».

O presidente subliñou tamén que con esta actuación «da resposta a unha necesidade real como é eliminar un punto perigoso na estrada que conecta Carral con Meirama e seguimos avanzando cara unha rede provincial de estradas máis moderna e máis segura». Abundando sobre este tema, Formoso lembrou que «a Deputación conta con máis de 2.100 quilómetros de estradas e, algunhas delas, son antigos camiños reais que quedaron obsoletos para o tráfico de hoxe en día». Por iso, a institución provincial actuou para «garantir a seguridade de todos os usuarios da vía, pensando especialmente no transporte escolar e no coidado dos nenos e nenas que teñen que pasar por esta ponte para ir á escola».

Valentín González Formoso pediu desculpas á veciñanza polo retraso dunhas obras «que supuxeron un investimento de máis de 500.000 euros entre execución e expropiacións» pero que «calquera que pase por aquí pode comprobar que a circulación é hoxe moito máis segura.

Para rematar, o presidente provincial anunciou que o Concello de Carral iniciará proximamente unha rolda de contactos coa veciñanza para crear beirarrúas ao paso desta mesma estrada polos diferentes núcleos de poboación.

Pola súa banda, a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, explicou que a actuación permitiu «corrixir un tramo especialmente sinuoso da DP-2104, ampliar a plataforma e construír unha nova estrutura sobre o rego do Castro adaptada ás condicións actuais de tráfico e seguridade».

O alcalde, José Luís Fernández Mouriño, destacou que a obra «quedou máis ca perfecta» e agradeceu o compromiso do presidente e da Deputación para poñer fin a unha situación de inseguridade no tráfico, especialmente no pesado. Mouriño incidiu en que «os autobuses tiñan moitos problemas para cruzar esta estrada» e que agora, tanto esas liñas de transporte público como os 800 veciños das parroquias de Sumio como de Quembre contan cun vial adaptado ás necesidades do século XXI.

As obras incluíron a construción da nova ponte, a execución da variante de trazado, a mellora da drenaxe lonxitudinal, a sinalización, o balizamento e a instalación das defensas regulamentarias. Tamén se acometeron actuacións sobre servizos afectados, como o retranqueo de postes de alumeado e a renovación dunha condución de abastecemento de pequeno diámetro.

A nova estrutura sobre o rego do Castro realizouse mediante un pórtico de formigón armado de 4,50 metros de ancho e 4,65 metros de altura libre interior, cunha lonxitude total de 18 metros. Sobre esta estrutura executouse o recheo necesario para adaptar a rasante da estrada ao novo trazado proxectado.

A Deputación continúa avanzando na mellora da súa rede viaria provincial, formada por máis de 2.100 quilómetros de estradas, con actuacións orientadas a incrementar a seguridade, modernizar os trazados e mellorar as comunicacións entre os concellos da provincia.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González

David

David

Relacionado Entradas

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González
#Destacado

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras
#Destacado

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras

Aviso amarillo en las provincias de Coruña y Lugo por tormentas
#Destacado

Aviso amarillo en las provincias de Coruña y Lugo por tormentas

El CSIC empleará celulosa para desarrollar electrocerámicas sostenibles y económicas, clave para la fabricación de chips
#Destacado

El CSIC empleará celulosa para desarrollar electrocerámicas sostenibles y económicas, clave para la fabricación de chips

Diego Calvo, denuncia la falta de concreción de obras, plazos e inversiones del Plan Director del Corredor Atlántico
#Destacado

Diego Calvo, denuncia la falta de concreción de obras, plazos e inversiones del Plan Director del Corredor Atlántico

El empleo en las TIC gallegas crece un 2,5 % en el último año y roza los 30.000 trabajadores
#Destacado

El empleo en las TIC gallegas crece un 2,5 % en el último año y roza los 30.000 trabajadores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 11/05/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Un apoderado en cada mesa electoral. El PP teme un pucherazo de Sánchez en la Generales

Un apoderado en cada mesa electoral. El PP teme un pucherazo de Sánchez en la Generales

  En el PP están acogotados, no se fían de Pedro Sánchez, lo creen capaz de organizar un pucherazo electoral...

Por Interés

Últimas

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.