• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González

O ‘Orgullo do Norte’ coruñés pecha o cartel da súa sétima edición, que estenderase do 5 ao 12 de xullo na cidade da Coruña, con catro novas propostas a golpe de pop, nostalxia, baile e divertidas cancións que se converteron en auténticos himnos para diversas xeracións

David Por David
11/05/2026
en #Destacado, Cultura
0
O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González
FacebookXWhatsApp

Pop, nostalxia, baile e grandes himnos xeracionais. O Atlantic Pride pecha o cartel da súa sétima edición –que celebrarase do 5 ao 12 de xullo na Coruña– con Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González, catro propostas que marcaron distintas etapas da música popular española desde Eurovisión, os ‘talent shows’ televisivos e as pistas de baile, conectando con públicos de diferentes xeracións grazas a cancións que son xa auténticos himnos do noso imaxinario.

Mentres, aos pratos do festival, nas pinchadas encargadas de abrir e pechar as diferentes xornadas da cita na súa sétima edición, situaranse DJ’s de referencia da escena estatal e galega, como Oro Jondo, Dennis Moore, Paola, DJ Cés, DJ90, DJ Licho e DJ Flashback. Xunto a estes novos nomes, no Atlantic Pride 2026 destacan propostas diversas e festivas como «ZAHARAVE», o espectáculo electrónico de Zahara, Miriam Rodríguez, Whigfield, Alba Reche, Julieta, Ricky Merino, Kika Lorace, Tú peleas como una vaca, arde, Jonydasvie, Montedapena, raze, Terrae Dj’s, Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, la Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon, entre outras.

Así o presentaron esta mañá en rolda de prensa, no Pazo de María Pita, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e os directores do Atlantic Pride, da Asociación Orgullo Coruña (ORCO), Iván Cervo, César Pérez e Luís Pazos. Xunto a eles, participaron tamén no acto a directora de Promoción de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia, Carmen Pita; a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; e o director de Activación en Iberia de Hijos de Rivera, Víctor Mantiñán.

Entre o 5 e o 12 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a sétima edición do Atlantic Pride. O ‘Orgullo do Norte’ é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nacido na cidade da Coruña no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva, con propostas musicais para todos os públicos. A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, ademais do apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic.

No acto de presentación celebrado esta mañá na Coruña, o co-director do Atlantic Pride Luis Pazos fixo un repaso das novidades que lle agardan ao público nesta sétima edición do encontro, e desvelou, tamén, o programa por días do festival, que pódese consultar na web www.atlanticpride.es. Pazos agradeceu os apoios que fan posible a iniciativa e convidou, tamén, a todos os públicos a sumarse á festa e gozar un verano máis da diversidade deste ‘Orgullo do Norte’ coruñés:

“O Atlantic Pride chega á súa sétima edición consolidado como un festival LGTBIQ+, aberto e diverso, nacido para celebrar a liberdade, a visibilidade e o dereito de todas, todes e todos a vivir o espazo público con orgullo”. E engadiu: “Somos un festival que mestura descubrimento musical e nostalxia, novas voces e grandes himnos, figuras que forman parte da memoria colectiva e artistas galegos que cada ano ocupan un lugar fundamental na nosa programación. Porque para o Atlantic Pride a cultura galega é parte da nosa identidade”.

Deste xeito, neste 2026, O Atlantic Pride propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular. Como apuntou Pazos, “somos populares, interxeracionais, libres e profundamente diversos. Gústanos a sorpresa, gústanos romper etiquetas e gústanos construír unha programación que non se pareza a ningunha outra. Esta é unha das grandes singularidades do noso festival”. O codirector do Atlantic Pride fixo, tamén, unha chamada á participación no V Certame de Literatura LGTBIQ+, aberto a recibir propostas até o vindeiro 31 de maio. E destacou, finalmente, unha das grandes novidades o festival: O Atlantic Drag!

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, salientou: “a cultura é un vehículo para a liberdade e o orgullo é unha expresión cultural de primeiro nivel. O Atlantic Pride representa a perfecta simbiose entre unha programación de calidade, a expresión da diversidade afectiva e sexual e o carácter acolledor da nosa cidade. A Coruña ten un papel protagonista como capital cultural do noroeste, e este festival é unha das súas expresións máis potentes e transformadoras”.

NOVOS NOMES QUE SE ANUNCIAN NA ROLDA DE PRENSA PARA PECHAR O CARTEL

Azúcar Moreno

Xoves 9 de xullo

Azúcar Moreno é un dos dúos máis icónicos da música pop española, formado polas irmás Encarna e Toñi Salazar. Cun estilo único no que fusionan pop, música latina e raíces flamencas, levan máis de catro décadas facendo bailar ao público dentro e fóra de España. A súa carreira comezou nos anos 80 e consolidouse rapidamente grazas á súa forza sobre o escenario e á súa personalidade inconfundible.

O seu salto internacional chegou nos anos 90 tras representar a España no Festival de Eurovisión 1990, coa mítica canción Bandido, convertida xa nun himno da música española. Desde entón, encadearon grandes éxitos e álbums inesquecibles como Mambo, El amor, Esclava de tu piel ou Olé, levando a súa música por Europa, América e escenarios de todo o mundo.

Co paso dos anos, Azúcar Moreno mantívose como un símbolo de liberdade, diversidade e celebración, conquistando xeracións co seu carisma e os seus ritmos irresistibles. Hoxe continúan máis vivas ca nunca sobre os escenarios con temas recentes como Ay mamá, Pa fuera ou La cura, prometendo un directo cheo de enerxía, festa e emoción para celebrar o Orgullo na Coruña.

Soraya

Domingo 12 de xullo

Soraya Arnelas é unha das grandes referencias do pop-dance español das últimas dúas décadas. A artista extremeña saltou á fama en 2005 tras o seu paso por Operación Triunfo, onde conquistou ao público coa súa personalidade, a súa forza escénica e a súa potente voz. Ese mesmo ano debutou co álbum Corazón de fuego, que acadou disco de platino e marcou o inicio dunha sólida carreira musical.

Ao longo destes 20 anos de traxectoria, Soraya consolidouse como unha das artistas máis destacadas da música dance e electrónica en España, con éxitos como La noche es para mí, Dreamer, Feeling You ou Con fuego. En 2009 representou a España no Festival de Eurovisión, levando a súa música a un público internacional e reforzando a súa presenza nos escenarios europeos. A súa discografía inclúe álbums como Ochentas, Dolce Vita, Sin miedo, Dreamer, Universe in Me ou Luces y sombra.

Recoñecida polo seu espectacular directo e pola súa conexión co público, Soraya percorreu durante anos salas, festivais e clubs de toda España e de destinos internacionais como Ibiza, converténdose nun auténtico referente da música de baile e da celebración da diversidade. Actualmente continúa xirando por todo o país mentres prepara unha nova etapa artística co lanzamento do seu próximo álbum ILÚMINA, reafirmando a súa evolución constante e a súa paixón polos escenarios.

María Isabel

Domingo 12 de xullo

María Isabel é unha das artistas máis queridas e recoñecibles da música popular española, convertida nun auténtico símbolo para toda unha xeración. Con tan só nove anos, representou a España no Festival de Eurovisión Junior 2004, proclamándose gañadora coa inesquecible canción Antes muerta que sencilla, un fenómeno musical que revolucionou o panorama nacional e internacional e marcou o inicio dunha carreira chea de éxitos.

Tras aquel histórico triunfo, María Isabel consolidouse como unha das artistas infantís máis populares do país, encadeando números un e grandes éxitos como No me toques las palmas, De qué vas ou Mira niño. Ao longo dos anos protagonizou multitudinarias xiras por toda España, campañas publicitarias e numerosas aparicións televisivas que reforzaron a súa enorme popularidade.

En 2007 deu o salto ao cine protagonizando a película Ángeles S.A. e, en 2009, estreouse como presentadora do mítico programa infantil Los Lunnis. Nos últimos anos continuou evolucionando artisticamente con novos sinxelos e sonadas colaboracións con artistas como Juan Magán, ademais de participar en exitosos formatos televisivos como Tu cara me suena ou Bailando con las estrellas, onde resultou gañadora.

Actualmente, María Isabel vive unha nova etapa musical como cantante e compositora, cunha renovada proposta artística e unha xira coa que continúa conquistando escenarios de todo o país. No ‘Orgullo do Norte’, ademais dos seus temas máis queridos, a artista presentará, tamén, o seu último álbum, Hora Mágica, cancións para  sentir, bailar e vivir en directo.

Jorge González

Domingo 5 de julio

Jorge González e un cantante español recoñecido pola súa participación en divrsos talent shows televisivos. Con tan só 17 anos, a súa valentía levouno a formar parte da quinta edición de Operación Triunfo, onde conseguiu unha destacada oitava posición. O seu nome comezou a soar con forza tras o seu paso por La Voz, no que acadou un merecido segundo posto, consolidando así o seu talento vocal e escénico. No ano 2018 participou no prestixioso Festival de Viña del Mar, representando a España con Tu Boquita, tema co que fixo bailar a todo o anfiteatro da Quinta Vergara. Máis adiante, no 2020, proclamouse gañador de Tu Cara Me Suena, liderando todas as galas. Ese mesmo ano presentou Hasta que llueva, un single en colaboración con Moncho Chavea.

En 2021 brillou no certame internacional NEW WAVE en Sochi, onde acadou a medalla de bronce tras sumar 257 puntos. En 2022 publicou o EP Íntimo, amosando a súa faceta máis persoal, e xirou con Íntimo Tour, ademais de lanzar AGÜITA xunto a Soraya Arnelas. En 2023 combinou a música co teatro musical en producións como The Full Monty ou La Jaula de las Locas. En 2024 destacou como finalista no Benidorm Fest con Caliente, cunha proposta atrevida e contemporánea, mentres na actualidade continúa inmerso na creación de nova música e colaboracións e nunha xira nacional e internacional coa que visitará o Atlantic Pride da Coruña no mes de xullo.

DJ’s

Xunto a estas iconas da música popular de diferentes xeracións, no cartel do Atlantic Pride 2026 destacan tamén queridos DJ’s da escena galega e estatal, como Oro Jondo, Dennis Moore, Paola, DJ Cés, DJ90, DJ Licho e DJ Flashback. Xunto a eles, o Coro Cores repetirá sobre o escenario do ‘Orgullo do Norte’ na última xornada da cita.

UN REPASO AO CARTEL DO ATLANTIC PRIDE 2026

O Atlantic Pride encherá de enerxía electrizante os seus escenarios para festexar a súa sétima edición do 5 ao 12 de xullo de 2026. Cunha divertida combinación de talento, identidade e enerxía, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés busca consolidarse, un ano máis, como un evento imprescindible para celebrar a diversidade a través da música.

Co seu cartel, o público poderá gozar de propostas musicais que van desde a sensibilidade íntima e innovadora de Alba Reche, que combina honestidade e evolución sonora, ata a enerxía potente e visceral de Julieta, unha das voces máis influentes do novo pop catalán, pasando pola forza en directo de Ricky Merino e o estilo provocador e festivo de Kika Lorace, que transforma cada actuación nunha festa de humor e diversidade. O festival presentará, tamén, «ZAHARAVE», o espectáculo electrónico de Zahara, que conxuga o poder do techno cunha escenografía impactante, creando unha experiencia única e reivindicativa.

Non faltarán, tampouco, figuras femininas de diferentes xeracións que forman parte do noso imaxinario popular como Azúcar Moreno, Soraya ou María Isabel. Xunto a elas, o televisivo Jorge González visitará A Coruña tras ser seleccionado como finalista do Benidorm Fest 2026, mentres que a diversión sen complexos chegará da man de Tú peleas como una vaca.

Ademais, o talento galego emerxente estará tamén presente nos escenarios do Atlantic Pride este verán, grazas á ‘boa vibra’ de bandas e artistas galegas como arde, Jonydasvie, Montedapena, raze e Terrae Dj’s. Power pop, pop-punk, pop urbano, World Music, electrónica, músicas de baile e sons de raíz encherán o escenario da súa man. Non faltarán á cita formatos híbridos, performance, danza e impactantes proxeccións audiovisuais.

Xunto a elas, o ‘Orgullo do Norte’ contará con nomes de pegada nacional e internacional como Miriam Rodríguez e Whigfield, que non defraudará co seu himno Saturday Night. A fantasía e o humor chegará da man das raíñas do performismo Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, la Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon.

O Atlantic Pride estrea neste 2026 unha nova proposta, o Atlantic Drag! Con ela, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés propón, o tarde-noite do luns 6 de xullo, unha divertida homenaxe ao talento drag local, á súa forza escénica e a toda a creatividade, a liberdade e a reivindicación humorística e festiva que a arte drag supón para a cidade. As 13 raíñas do transformismo que encherán de orgullo o Atlantic Drag na Praza de Pontevedra serán: Agata Terrier, Ball Monte, Cloe Savage, Escarlatina Pier, Kara, Kelly Amethyst, Kit, Meri Krishna, Muna Duval, Nomi Bull, Rrrita, Xen e Yvhanne Klown, todas elas, recoñecidas caras de espazos de referencia da escena drag galega, como o Claro Boba! ou It’s Time for Drag.

Finalmente, aos pratos do festival, nas pichadas encargadas de abrir e pechar as diferentes xornadas da cita, situaranse Oro Jondo, Dennis Moore, Paola, DJ Cés, DJ90, DJ Licho e DJ Flashback.

SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O ‘ORGULLO DO NORTE’ CORUÑÉS

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride é un festival de música pioneiro, gratuíto e inclusivo que se celebra na cidade da Coruña, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. Na súa pasada edición, a sexta, celebrada en xullo de 2025, a cita reuniu a preto de 45.000 persoas. O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña a Xunta de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, ademais do o apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic.

O Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Tras seis edicións, o Atlantic Pride consolídase como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comezo do verán ao longo da Península e no que teñen cabida coloridas propostas para todos os públicos, gustos e idades.

Así, no Atlantic Pride non faltan concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración do Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que no 2026 afronta a súa quinta edición.

Nos seus seis anos de historia, o cartel de Atlantic Pride reuniu figuras como La Terremoto de Alcorcón, La Casa Azul, Ladilla Rusa, Samantha Hudson, Javiera Mena, Grande Amore, Soleá Morente, OBK, Amistades Peligrosas, Fillas de Cassandra, Joe Crepúsculo, La La Love You, Melody, Locomía, Nancys Rubias, Samantha Ballentines, Soraya, Chanel, Lucía Pérez, Las Ketchup, Luna Ki, Mondra, Nena Daconte, Nebulossa, Raúl, Rosa López, Shego, Supremme De Luxe, Vengaboys, Agoraphobia, Anabel Conde, Arantxa Castilla-La Mancha, De Ninghures, David Civera, Edurne, Judeline, Leria, Mayo, Merche ou Nia, entre moitas outras.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras

Siguiente

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

David

David

Relacionado Entradas

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros
#Destacado

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras
#Destacado

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras

Aviso amarillo en las provincias de Coruña y Lugo por tormentas
#Destacado

Aviso amarillo en las provincias de Coruña y Lugo por tormentas

El CSIC empleará celulosa para desarrollar electrocerámicas sostenibles y económicas, clave para la fabricación de chips
#Destacado

El CSIC empleará celulosa para desarrollar electrocerámicas sostenibles y económicas, clave para la fabricación de chips

Diego Calvo, denuncia la falta de concreción de obras, plazos e inversiones del Plan Director del Corredor Atlántico
#Destacado

Diego Calvo, denuncia la falta de concreción de obras, plazos e inversiones del Plan Director del Corredor Atlántico

El empleo en las TIC gallegas crece un 2,5 % en el último año y roza los 30.000 trabajadores
#Destacado

El empleo en las TIC gallegas crece un 2,5 % en el último año y roza los 30.000 trabajadores

Siguiente
Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 11/05/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Un apoderado en cada mesa electoral. El PP teme un pucherazo de Sánchez en la Generales

Un apoderado en cada mesa electoral. El PP teme un pucherazo de Sánchez en la Generales

  En el PP están acogotados, no se fían de Pedro Sánchez, lo creen capaz de organizar un pucherazo electoral...

Por Interés

Últimas

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

Rematadas as obras da nova ponte sobre o rego do Castro na DP-2104, en Carral, cun investimento de 425.086 euros

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González

O Atlantic Pride 2026 confirma a Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras

Hasta el 22 de mayo para solicitar parcelas disponibles en concurrencia a través del Banco de Terras

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.