A asociación Íntegro, a través do seu programa de valorización do plástico
Diversiplás, organizará durante o mes de maio dúas xornadas de limpeza de praias
na Costa da Morte baixo o lema “Limpa, colabora, inclúe!”, unha iniciativa que
combina sensibilización ambiental, participación cidadá e inclusión social.
As actividades desenvolveranse o venres 22 na praia da Langosteira, en Fisterra,
de 11:00 a 12:30 horas, e o mércores 27 na praia de Camelle, en Camariñas, de
10:00 a 12:00 horas.
O obxectivo destas accións é fomentar a conciencia ambiental e implicar á veciñanza
na conservación dos espazos naturais do litoral galego, promovendo ao mesmo
tempo valores de cooperación, convivencia e inclusión.
Desde a entidade facemos un chamamento á participación da cidadanía para
contribuír activamente á protección do medio mariño e á redución dos residuos nas
praias da Costa da Morte.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do teléfono 981 734
985 ou do whatsapp 650 961 649.
Esta iniciativa está impulsada por Diversiplás e conta co co-financiamento da Xunta
de Galicia, da Unión Europea e do GALP Costa da Morte, no marco das accións de
apoio ao desenvolvemento sostible e á dinamización social e ambiental do territorio













