Dez minutos antes das 8 horas, o 112 Galicia recibiu aviso dun accidente entre dous vehículos que acabaron envorcando no quilómetro 17 da AG-41 en dirección Pontevedra, na parroquia de Nantes (Sanxenxo). Os condutores dos automóbiles, que obstaculizaban a circulación, conseguiron saír antes de que chegaran os servizos de emerxencias.
Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Salnés, o GES de Sanxenxo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os servizos de mantemento da estrada.
Os equipos de emerxencias continúan cos traballos de limpeza da vía.













