• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Pedro Blanco destaca que a nova sede provisional da Policía en Santiago “está totalmente preparada para ofrecer un servizo accesible e de calidade”

O delegado agradece á cidadanía a súa “comprensión e paciencia” e pon en valor “a profesionalidade e vocación de servizo” dos axentes da Policía Nacional durante estas semanas

David Por David
22/05/2026
en #Destacado, Política
0
Pedro Blanco destaca que a nova sede provisional da Policía en Santiago “está totalmente preparada para ofrecer un servizo accesible e de calidade”
FacebookXWhatsApp

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou hoxe que a nova sede provisional da Policía Nacional en Santiago de Compostela, situada no barrio de Santa Marta, “está totalmente preparada para ofrecer un servizo de calidade, porque iso é o que merecen tanto os veciños como quen traballa cada día pola súa seguridade”. Así o indicou durante a visita ás instalacións previa á súa apertura ao público esta mesma tarde, acompañado polo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde; o xefe superior de Policía de Galicia, Pedro Jesús Pacheco Carrasco; e a comisaria xefa da Comisaría de Santiago, Nuria Palacios.

Pedro Blanco explicou que na nova sede prestaranse “todos os trámites de atención ao público como son a oficina de denuncias e atención ao cidadán, estranxeiría, DNI e pasaporte”, destacando que se trata “dun servizo completo, accesible e preparado” mentres duren as obras de rehabilitación da comisaría afectada polo incendio.

Durante a visita, o delegado agradeceu “a comprensión, paciencia e actitude exemplar da cidadanía compostelá” durante estas semanas, así como “a profesionalidade e vocación de servizo dos homes e mulleres da Policía Nacional, que mantiveron o servizo sen fisuras pese ás dificultades”. “Tras o incendio, a Policía Nacional deu unha lección de compromiso coa cidadanía e demostrou unha vez máis que o servizo público non se detén ante ningún contratempo”, incidiu.

O delegado explicou, ademais, que “contamos co compromiso firme” da Secretaría de Estado de Seguridade para axilizar ao máximo os traballos e recuperar a actividade ordinaria na comisaría afectada polo incendio, “tal e como merece a capital de Galicia, os santiagueses e santiaguesas e os profesionais que traballan pola súa seguridade”. “Este Goberno vai seguir traballando sen descanso para que Santiago continúe sendo unha cidade segura”, asegurou, ao tempo que lembrou que o Consello de Ministros aprobou esta mesma semana un contrato de urxencia de 1,6 millóns de euros para acometer as obras de reparación e substitución da Comisaría afectada polo incendio.

Apertura da sede provisional en Santa Marta

Tras o incendio sufrido o pasado 12 de febreiro no edificio principal da Comisaría Local de Santiago de Compostela, todos os trámites de atención ao público pasarán a realizarse provisionalmente na nova sede situada na rúa Feliciano Barrera Fernández número 9, no barrio de Santa Marta.

A Oficina de Denuncias e Atención ao Cidadán (ODAC) estará operativa desde as 15.00 horas deste venres 22 de maio para a formalización de denuncias, autorizacións de viaxe para menores e demais trámites habituais. O resto dos servizos de atención ao público comezarán a funcionar nesta sede a partir do luns 25 de maio.

O servizo de expedición de DNI e pasaportes manterase durante a mañá do sábado 23 de maio nas furgonetas VIDOC situadas na Praza do Obradoiro para as persoas con cita previa, sendo esta a última xornada de atención neste dispositivo extraordinario. Desde o luns 25 de maio, o servizo prestarase xa na sede provisional de Santa Marta. As citas poden solicitarse a través da web www.citapreviadni.es ou no teléfono 060.

Pola súa parte, a Oficina de Estranxeiría tamén iniciará a súa actividade na nova sede desde as 09.00 horas do luns 25 de maio, exclusivamente con cita previa.

Por cuestións de aforo, o acceso ás instalacións só estará permitido con 30 minutos de antelación respecto da hora da cita asignada, co obxectivo de facilitar a organización e o correcto funcionamento do servizo

ShareTweetSend
Publicación anterior

BNG exixe ao PP que remate coa campaña de criminalización das baixas laborais e das profesionais sanitarias

Siguiente

Avia Veira presentase como a candidata do BNG á alcaldía da Coruña

David

David

Relacionado Entradas

La vuelta al cole más cara: estos son los gastos que disparan la factura de las familias en Galicia
#Destacado

La vuelta al cole más cara: estos son los gastos que disparan la factura de las familias en Galicia

Tráfico en Galicia: las carreteras más afectadas por el regreso de las vacaciones
#Destacado

Tráfico en Galicia: las carreteras más afectadas por el regreso de las vacaciones

Eclipse lunar del 28 de agosto: hora exacta y dónde verlo en Galicia
#Destacado

Eclipse lunar del 28 de agosto: hora exacta y dónde verlo en Galicia

El tiempo cambia en Galicia: llegan las tormentas, el granizo y fuertes rachas de viento
#Destacado

El tiempo cambia en Galicia: llegan las tormentas, el granizo y fuertes rachas de viento

Fiestas en Galicia del 24 al 30 de agosto de 2026: las verbenas, orquestas, romerías y festivales que no te puedes perder
#Destacado

Fiestas en Galicia del 24 al 30 de agosto de 2026: las verbenas, orquestas, romerías y festivales que no te puedes perder

Festa da Istoria de Ribadavia 2026: programa, conciertos y horarios
#Destacado

Festa da Istoria de Ribadavia 2026: programa, conciertos y horarios

Siguiente
Avia Veira presentase como a candidata do BNG á alcaldía da Coruña

Avia Veira presentase como a candidata do BNG á alcaldía da Coruña

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 25/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

La vuelta al cole más cara: estos son los gastos que disparan la factura de las familias en Galicia

La vuelta al cole más cara: estos son los gastos que disparan la factura de las familias en Galicia

Tráfico en Galicia: las carreteras más afectadas por el regreso de las vacaciones

Tráfico en Galicia: las carreteras más afectadas por el regreso de las vacaciones

Eclipse lunar del 28 de agosto: hora exacta y dónde verlo en Galicia

Eclipse lunar del 28 de agosto: hora exacta y dónde verlo en Galicia

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.