• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

ADEGA inaugura en Verín a mostra “50 anos coidando a terra”

A mostra estará localizada no Parque da Alameda até o vindeiro 16 de xuño

David Expósito Por David Expósito
22/05/2026
en Ourense, Rural
0
ADEGA inaugura en Verín a mostra “50 anos coidando a terra”
FacebookXWhatsApp

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) inaugurou este venres no Parque da Alameda de Verín a exposición “50 anos coidando a terra”, unha mostra itinerante coa que a organización decana do ecoloxismo galego conmemora medio século de traxectoria na defensa ambiental de Galiza.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Tras o seu paso polas principais cidades e numerosas vilas do país, a exposición chega á localidade de Verín, onde permanecerá instalada até o 16 de xuño. O acto de inauguración foi conducido por Ánxeles Sierra, secretaria da delegación de ADEGA-Monterrei, quen comezou agradecendo a presenza das institucións, entidades colaboradoras e persoas que ao longo destes 50 anos fixeron posible que a asociación chegase hoxe ata aquí. En concreto, estiveron presentes no acto José Ramón Reigada, en representación da SGHN, e Santiago González, en nome de Ecoloxistas Galego-Transmontano. Pero o evento tamén contou cunha ampla representación do concello de Verín, coa presenza de Cándida Couñago, concelleira de Seguridade; Rosario Rodríguez Delgado, concelleira de Asuntos Sociais; Eugenio Quintas, concelleiro de Relación coa Veciñanza; Manuel Lourenzo, concelleiro de Feiras; e Samantha Barreira, concelleira de Cultura.

“Dentro de 50 anos, que historia queremos que conten de nós?”

Sierra puxo en valor a importancia de achegar esta mostra á comarca. Con ela, dixo, “abrimos unha xanela á memoria colectiva, porque falar de ADEGA é falar dunha forma de entender a nosa terra”. A tamén membro da directiva de ADEGA citou no seu discurso moitas das grandes conversas ambientais nas que a organización estivo e está presente: “a protección da auga, dos montes e da biodiversidade, e tamén a defensa dunha relación máis equilibrada entre persoas e territorio”.

Ao tempo, Sierra reivindicou a “historia propia” de ADEGA-Monterrei, unha delegación que naceu en torno á defensa do río Támega e do territorio diante dos impactos asociados ás obras do AVE e das verteduras que preocupaban á veciñanza. ADEGA-Monterrei, explicou, “naceu para estar a favor dunha idea moi sinxela: que o territorio merece ser escoitado”. E desexou, por último, que esta mostra sexa memoria, pero tamén inspiración. “E que ao saír dela, marchemos cunha pregunta aberta: dentro de cincuenta anos, que historia queremos que conten de nós?”.

Ánxeles Sierra destacou tamén o contexto ambiental no que chega a exposición de ADEGA a Verín, en relación á actual catástrofe incendiaria sofrida na comarca: “Hai apenas un ano sufrimos unha vaga de lumes que deixou unha pegada fonda. E aqueles días lembráronnos algo que ás veces esquecemos. Que o territorio non é unha paisaxe de fondo. É o lugar onde vivimos, onde traballamos, onde construímos memoria. E cando un monte arde, cando un río sofre, cando unha paisaxe cambia para sempre, entendemos que todo está conectado”.

ADEGA anima á veciñanza de Verín e de toda a comarca de Monterrei a visitar a exposición durante as próximas semanas, nas que, en paralelo, tamén se desenvolverán actividades complementarias enmarcadas na celebración do seu 50 aniversario, como a proxección do documental A terra por gañar.

O acto rematou cunha visita guiada á exposición da man de Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, que realizou un percorrido polos principais fitos da historia do ecoloxismo galego e das loitas sociais en defensa da terra nas que participou a organización ao longo destas cinco décadas.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El Tribunal de Instancia de Santiago lidera la creación de un grupo de trabajo para abordar las situaciones de maltrato a personas mayores

Siguiente

OBK presentará temas do seu último álbum no Teatro Afundación de Vigo

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

patrulla policia nacional en ourense
#Destacado

Forzó la persiana de un bar de Ourense y huyó con la caja registradora y décimos de lotería

FestadeOutono_
#Destacado

Celanova se llena de planes este puente de octubre: gastronomía, música, cine, feria bio y una gran fiesta del otoño

bono comercio ourense
#Destacado

Ourense prepara nuevos Bonos Comercio: 10 millones para gastar en tiendas y restaurantes

funte transitable ourense
#Destacado

Quién tiene las casas de Ourense: 47.000 propietarios concentran el 42% de las viviendas

allariz
#Destacado

¿Cuánto dinero se gana en tu concello de Ourense? Consulta el ranking municipio a municipio

pereiro de aguiar
#Destacado

Estos son los municipios de Ourense donde más dinero se gana: dos superan a la capital

Siguiente
OBK presentará temas do seu último álbum no Teatro Afundación de Vigo

OBK presentará temas do seu último álbum no Teatro Afundación de Vigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

23:00 - 00:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Domingo 11/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

El Deportivo reaccionó en la segunda parte, pero no pudo completar la remontada ante la Real Sociedad en Anoeta.

El Deportivo pasa del 3-0 a soñar con la remontada, pero se queda sin premio ante la Real Sociedad

El servicio de comida a domicilio y las tarifas de las prestaciones sociales, en el centro del debate sobre la atención a personas vulnerables.

De recibir comida gratis a pagar 73 euros al mes: la polémica de la ayuda a domicilio en A Coruña

: Viviendas de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo, en el entorno del proyecto urbanístico previsto por la Xunta.

Vigo: 50 casas afectadas por el proyecto de 1.454 viviendas en Lavadores

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.