ABANCA, Afundación e o Concello de Cervo asinarán un convenio de colaboración para realizar conxuntamente a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote».
O acto de rúbrica terá lugar mañá mércores 27 de maio, ás 11.00 h, na Casa do Concello de Cervo e contará coa presenza da alcaldesa do Concello de Cervo, Dolores García; do coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro; e de Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
As tres institucións organizarán a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote», que se poderá visitar do 4 de xuño ao 10 de xullo na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cervo. Esta mostra invita a descubrir a mirada lúcida e mordaz dun dos grandes mestres do humor gráfico español. A través dos seus debuxos, viñetas e reflexións visuais, Mingote retrata con ironía e elegancia a sociedade do seu tempo.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
|
Evento |
Acto de rúbrica do convenio para realizar conxuntamente a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» |
|
Lugar |
|
|
Data e hora |
Mércores 27 de maio, ás 11.00 h |
|
Asistentes |
Dolores García Caramés, alcaldesa do Concello de Cervo Carlos Teijeiro Pita, coordinador institucional de ABANCA en Lugo Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo |













