• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A praia de Doniños contará cunha nova caseta de socorrismo

O Goberno local inicia a homoxeneización das instalacións de socorrismo nos areais da cidade. Ferrol contará este ano con seis bandeiras azuis, unha máis grazas ao distintivo concedido á praia de Ponzos

David Por David
27/05/2026
en #Destacado, A Coruña, Mar y Costa
0
A praia de Doniños contará cunha nova caseta de socorrismo
FacebookXWhatsApp

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou que a Xunta de Goberno local aprobou o proxecto básico e de execución de instalacións portátiles para a praia de Doniños, cun investimento de 141.738,50 euros.

“Queremos acabar co feísmo nas nosas praias”, afirmou o rexedor, explicando que o obxectivo do Goberno local é avanzar cara á homoxeneización destas instalacións mediante construcións modulares desmontables, adaptadas ás necesidades e características físicas de cada areal.

 

A primeira destas casetas instalarase en Doniños e o prazo previsto para a execución dos módulos será de dous meses.

SISTEMA MODULAR

A nova infraestrutura estará composta por módulos independentes e conectables entre si para dar resposta ás necesidades do servizo. Así contará con sete módulos: dúas unidades para o servizo de socorrismo, dúas unidades para aseos- un deles adaptado-, dúas unidades de vestiarios con duchas- incluíndo unha ducha adaptada- e tres unidades de rampla.

Rey Varela destacou que “todos os módulos contarán con iluminación e ventilación natural sen necesidade de recurrir a sistemas artificiais, garantindo en todo caso a privacidade das personas usuarias”.

A instalación será dunha sola planta, accedendo a ela a través do módulo auxiliar de rampla diseñado para tal función. A construción se resolve cunha estrutura principal desenrolada por un entramado lixeiro de aceiro galvanizado que se combina con pórticos e vigas de madeira aserrada, o sistema de peches e acabados realízase mediante paneis de madeira, viroc, color vermello e madeira maciza de pino.

A cuberta é de chapa de aceiro galvanizado e chapa minionda de policarbonato dispostas a unha auga para dotar de iluminación natural. A propia transparencia do elemento permite iluminar de forma natural as estancias dos aseos e duchas, sen necesidade de recorrer a iluminación artificial.

O período solicitado para a instalación destas infraestruturas abrangue as tempadas de 2026 a 2029. Cada tempada estenderase desde o inicio da Semana Santa ata o 31 de outubro, procedéndose posteriormente ao desmontaxe das instalacións.

O Goberno local prevé que este modelo de unidades portátiles poida implantarse progresivamente noutras praias do municipio, como Caranza, A Graña, San Felipe, Cariño, Doniños-Penencia, San Xurxo, Esmelle, Fragata-Praia do Vilar, Santa Comba e Ponzos-Sartaña, adaptando a súa distribución ás necesidades de cada momento.

A empresa encargada do servizo de limpeza encargarase a partir do día 5 de xuño da instalación das casetas provisionais para a prestación deste servizo.

SEIS BANDEIRAS AZUIS

O alcalde lembrou que Ferrol contará este ano con seis bandeiras azuis, “sumamos no 2026 unha bandeira máis, distintivo de calidade dos nosos areais”. A bandeira de Ponzos, súmase ás de A Fragata-O Pareixal, Caranza, Doniños, Esmelle e San Xurxo.

Con estes seis areais recoñecidos, “Ferrol sitúase nos primeiros postos dos municipios de Galicia con maior número de bandeiras azuis, sendo superado unicamente por Sanxenxo e Vigo”, afirmou.

En canto á prestación do servizo de socorrismo, Rey Varela avanzou que se presentaron preto de 90 solicitudes para 60 prazas, e que esta semana quedará a lista definitiva para pasar á seguinte fase, que son probas de piscina e que se realizarán os días 4 e 5 xuño no complexo deportivo Javier Gómez Noya.

Das 60 prazas convocadas, unha corresponderá ao posto de coordinador/a de praias e nove a coordinadores/as de caseta.

O servizo desenvolverase a xornada completa, con 40 horas semanais distribuídas segundo as necesidades organizativas, incluídos fins de semana e festivos cos descansos regulamentarios correspondentes.

Os/as socorristas e coordinadores/as de caseta prestarán servizo dende mediados de xuño ata o 18 de setembro, mentres que o/a coordinador/a de praias o fará entre o 9 de xuño e o 21 de setembro.

“Ferrol conta con algúns dos mellores areais de Galicia e seguiremos traballando para ofrecer os mellores servizos, co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar destes espazos naturais con seguridade, comodidade e calidade durante todo o verán”, finalizou o alcalde.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Aviso amarillo por tormentas en las montañas de Lugo y Ourense

Siguiente

Vigo acolle a primeira edición do Salón Atlántico do Caravaning

David

David

Relacionado Entradas

Alerta roja por calor en Galicia: estas son las zonas donde se dispararán las temperaturas este lunes
#Destacado

Alerta roja por calor en Galicia: estas son las zonas donde se dispararán las temperaturas este lunes

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder
#Destacado

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos
#Destacado

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo
#Destacado

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

¿Aprobarías hoy el examen de conducir? Solo 8 de cada 100 conductores superarían este test
#Destacado

¿Aprobarías hoy el examen de conducir? Solo 8 de cada 100 conductores superarían este test

Conciertos en Asturias este fin de semana: todos los directos que no te puedes perder el 19 y 20 de septiembre
#Destacado

Conciertos en Asturias este fin de semana: todos los directos que no te puedes perder el 19 y 20 de septiembre

Siguiente
Vigo acolle a primeira edición do Salón Atlántico do Caravaning

Vigo acolle a primeira edición do Salón Atlántico do Caravaning

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 20/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Alerta roja por calor en Galicia: estas son las zonas donde se dispararán las temperaturas este lunes

Alerta roja por calor en Galicia: estas son las zonas donde se dispararán las temperaturas este lunes

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.