• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Paula Prado chama ao «gran cambio» en Tomiño da man do PPdeG para «acabar co desgoberno do BNG»

Para a número dous dos populares galegos, a política útil está "pegada ao territorio e só a representa o PPdeG", fronte a unha esquerda "que ofrece un futuro desolador"

David Por David
08/06/2026
en #Destacado, Política
0
Paula Prado chama ao «gran cambio» en Tomiño da man do PPdeG para «acabar co desgoberno do BNG»
FacebookXWhatsApp

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende a necesidade dun «gran cambio» en Tomiño, da man dos populares, para «acabar co desgoberno do BNG» neste concello. Así, chama aos tomiñeses á «intensificar esforzos» para lograr ese «plus de confianza nas urnas» que se precisa de cara ao reto das eleccións municipais de 2027.

 

Así o manifestou durante o Xantar Popular do PP de Tomiño, celebrado no pavillón de Sobrada con máis de 300 asistentes. Na cita, na que exerceu de anfitrioa a presidenta do PP local, Lara Meneses, tamén participaron o presidente do PP provincial de Pontevedra, Luis López, e a responsable da área de Vivenda e Planificación de Infraestruturas do Goberno galego, María Martínez Allegue.

 

A número dous dos populares galegos valorou a Lara Meneses como «unha líder valente que entrou en política para mellorar o seu concello, cunha vocación de servizo público que hoxe mantén intacta». Ademais, puxo en valor o seu traballo a favor da mocidade desde a área de Xuventude do Goberno galego, e a súa implicación para que a Administración autonómica actúe neste concello, pese a «nefasta xestión» do actual Goberno local.

 

Neste sentido, a secretaria xeral do PPdeG mencionou proxectos destacados nos que o Goberno galego inviste en Tomiño, como o caso da autovía AG-42 Tui-A Guarda. En concreto, no tramo entre Tui e Tomiño, o Goberno de Alfonso Rueda inviste 18 millóns de euros, coa previsión de que estea rematado en 2027.

 

Tamén mencionou o apoio ás comunidades de usuarios de augas e as futuras sendas Amorín-Currás e Casco urbano-Barrio de Hospital. «Investimentos, ambición e proxectos que son realidades. Iso é o que ofrece o Goberno galego fronte ao Goberno local do BNG, que está totalmente esgotado», engadiu.

 

Para Prado, a política útil é a que está «pegada ao territorio» e só a representa «o PPdeG, o partido co que máis se identifican os galegos e galegas». Sen embargo, a esquerda «ofrece un futuro desolador, no que só caben ruído, conflitividade, pancartas e corrupción».

 

Neste punto puxo en valor a alternativa do Partido Popular de Tomiño, que impulsa un novidoso programa participativo para 2027, no que chegar aos 14.000 veciños e veciñas. «O obxectivo é que poidan realizar propostas e achegas que serán incluídas nos compromisos electorais para o mandato 2027-2031», explicou.

 

«Queremos seguir sendo a Galicia que goberna fronte á oposición que confronta e perde eleccións», sinalou Prado. Así, referiuse ás ultimas noticias dos casos de corrupción que asolan ao Goberno de Sánchez, como a recente imputación a José Luis Rodríguez Zapatero ou todo o que envolve ao caso Leire Díez.

 

Foi crítica cos «socios» do BNG, «cómplices do Goberno máis corrupto da historia de España», que lle deron o «si» a Sánchez a cambio de «nada para Galicia». Estes mesmos, dixo «gobernan en Tomiño e intentan bloquear proxectos, porque pensan máis nos seus intereses persoais que nas preocupacións reais dos tomiñeses».

 

O CINISMO DO SINDICATO DO BNG

 

A número dous do PPdeG tamén se referiu durante a súa intervención á concentración do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Tomiño, da man da CIG, ás portas do pavillón no que se celebrou o xantar popular. O sindicato culpa á Xunta da xestión do servizo, un argumento que non se sustenta posto que é un servizo municipal e, na lexislatura de Alfonso Rueda, séguense incrementando os investimentos para o SAF. Prado lembrou que se reforzou o servizo con 150 millóns de euros adicionais ata 2028 e, concretamente, Tomiño sumará ao que xa aporta o Goberno galego máis de 683.000 euros neste servizo, chegando aos 2,3M€ ata 2028.

 

«Menos mal que xa estamos afeitos ao ruído e ao cinismo da CIG, o sindicato do BNG. Igual deberían cuestionar menos a xestión do Goberno galego e cuestionar máis o traballo da alcaldesa de Tomiño -do BNG-, quen ten privatizado -como lles gusta dicir a eles- o servizo», lamentou.

 

LUIS LÓPEZ: «SOMOS A ALTERNATIVA A UN BNG QUE ARRASTRA OS PÉS»

 

Pola súa banda, o presidente provincial do PP, Luis López, valorou moi positivamente o traballo do PP de Tomiño, con Lara Meneses á fronte, desde as pasadas eleccións, nas que subiu 11 puntos e case 1.000 votos, ata o día de hoxe, «no que se converteu nunha clara, forte e necesaria alternativa de goberno fronte a un BNG que arrastra os pés e amosa o seu absoluto esgotamento tras case vinte anos no Concello».

 

«O PP é o futuro de Tomiño e todos queremos que ese futuro chegue canto antes para que Tomiño deixe de perder o tempo e as moitas oportunidades que lle brindamos desde a Deputación e a Xunta», apostilou Luis López, que destacou a política de proximidade de Lara Meneses e dos populares tomiñeses «sempre dispostos a escoitar, entender e atender» aos veciños.

 

Finalmente, a presidenta do PP local agradeceu o apoio e colaboración que reciben cada día de máis veciños e convidounos a «traballar polo cambio» para que se abra unha nova etapa no Concello na que as prioridades serán a vivenda, o saneamento, o desenvolvemento empresarial centrado principalmente nos sectores hortofrutícola, viveirista e de planta ornamental e a dinamización sociocultural.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Carballo presenta o O San Xoán 2026 cun programa que aposta polo talento de quilómetro cero

Siguiente

Sons do Casco regresa a Baiona el 13 y 14 de Junio

David

David

Relacionado Entradas

#Destacado

Galicia loita contra o lume. Se ves un incendio chama ao 085

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense
#Destacado

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos
#Destacado

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

Rescatan o corpo dunha persoa falecida en Verea
#Destacado

Fallece una persona en Pontevedra tras ser rescatada del interior de una piscina

Ferrol pechou unhas festas de verán de récord con máis de 100.000 persoas
#Destacado

Ferrol pechou unhas festas de verán de récord con máis de 100.000 persoas

Cultura da Deputación e o Concello de Santiago abren novas portas para descubrir o patrimonio invisible de Compostela
#Destacado

Cultura da Deputación e o Concello de Santiago abren novas portas para descubrir o patrimonio invisible de Compostela

Siguiente
Sons do Casco regresa a Baiona el 13 y 14 de Junio

Sons do Casco regresa a Baiona el 13 y 14 de Junio

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 07/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Galicia loita contra o lume. Se ves un incendio chama ao 085

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal