• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG chama á participación masiva na mobilización contra Altri e a mina de Touro-O Pino

Pide denegar todas as autorizacións e permisos ao proxecto da macrocelulosa e paralizar a megamina que o PP quere resucitar pese á súa grave afectación

David Expósito Por David Expósito
08/06/2026
en #Destacado, Política
0
O BNG chama á participación masiva na mobilización contra Altri e a mina de Touro-O Pino
FacebookXWhatsApp

A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo un chamamento á participación masiva na mobilización prevista para este domingo, día 14, convocada polas plataformas en Defensa da Ría de Arousa, Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino Non baixo o lema ‘Pola defensa do Ulla e da ría de Arousa. Re-matemos Altri e a Mina de Touro-O Pino’. 

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

 

“É moi importante que este domingo haxa unha mobilización masiva para defender a ría de Arousa, para dicir que non queremos a mina de Touro e que é necesario enterrar definitivamente o proxecto de Altri”, alegou nunha comparecencia na Illa para reclamar ao Goberno do PP que denegue todas as autorizacións e permisos ao proxecto da macrocelulosa e paralizar o da megamina que agora pretende resucitar pese á súa grave afectación medioambiental.  

 

Pontón recordou que a cidadanía xa conseguiu coa súa mobilización darlle un parón importante ao proxecto de Altri, pero advertiu que se non se lle denegan todas as autorizacións e permisos, a pasteira podería recuperalo no futuro. Por iso, considerou importante continuar cunha mobilización social, “que xa fixo que ese proxecto estea nun punto morto” para conseguir que “realmente se enterre definitivamente”. “Que vexamos como Altri non é unha ameaza para o noso futuro”, sintetizou.

 

Un argumento que tamén utilizou para a mina de Touro-O Pino, proxecto que se desbotara en 2017 e que, sen embargo, o Executivo de Alfonso Rueda “quere resucitar” agora. “O feito de que lle dea a cualificación de proxecto industrial estratéxico é a primeira declaración de como o Partido Popular non está nin do lado da xente do mar, nin do lado da xente que está dicindo ‘Non’ á mina de Touro”, reprochou.

 

Todo o contrario, alegou, o PP “está do lado da multinacional que quere levar adiante un proxecto ten unha grave afectación medioambiental”. Neste sentido, recordou que no seu momento a mina recibira unha declaración de impacto ambiental negativa e, agora, o que está sobre a mesa é “ese proxecto, pero máis grande, ocupando máis superficie e coa mesma mina a ceo aberto, o que ten unhas consecuencias medioambientais moi graves”.

 

A líder nacionalista preguntou a Rueda “se el viviría coa súa familia ao lado dun depósito de residuos mineiros que ten 80 metros de altura e tres quilómetros de largo”. “Por que quere castigar os veciños e veciñas de Touro con ese proxecto? E por que ademais lles denega a posibilidade de presentarse como parte interesada contra ese proxecto?”, interpelou. “Sabemos que o señor Rueda é moi bravo cos galegos e coas galegas, cos veciños e coas veciñas, pero logo é moi mansiño coas multinacionais”, resumiu.

 

Nesta liña, advertiu que o proxecto da mina non só afecta aos veciños e veciñas de Touro, senón que as súas consecuencias chegarán até a ría de Arousa dado que os ríos e as rías configuran un ecosistema único e moi sensible que neste momento xa se atopa nunha situación crítica.

 

“Un goberno responsable estaría coidando o medio ambiente e esta ría, cun plan de rexeneración integral, e non poñéndolle máis ameazas sobre os ombreiros de toda a xente que vive da ría de Arousa”, advertiu, para cualificar a continuación de “disparate” o que “o Partido Popular quere facer”.   

 

A portavoz nacional criticou ao PP que leve anos querendo “vender Galiza a prezo de saldo a unha presa de multinacionais” que o único que queren é “coller os recursos, deixar aquí a contaminación e logo marcharse, sen que neste País quede máis que destrución”.

 

Fronte a un modelo que pon en risco o futuro dos galegos e das galegas, Pontón avanzou que o Bloque vai estar apoiando na mobilización do próximo domingo á xente da Arousa e a todos os galegos e galegas que queren unha Galiza na que se aposte “por poñer a nosa riqueza ao servizo do País” e na que se coide o medio ambiente. “Onde apostemos -afondou- por industrias sustentables, pero non por este modelo da megaminería contaminante ou das macrocelulosas, que o que nos deixan é a destrución do País”.

 

A líder do BNG subliñou que “Galiza non se pode vender a prezo de saldo”, polo que avogou por “parar ese modelo colonial de explotación dos nosos recursos” que implica “pasar por diante da xente e do noso medioambiente”.

 

“A ría de Arousa é unha industria moito máis importante que calquera macrocelulosa ou que calquera proxecto de megaminería: vive máis xente, xera máis riqueza e, desde logo, é máis importante para o noso futuro”, sintetizou, para concluír que, por iso, a mobilización é clave “para frear unha nova agresión que pon en risco miles de postos de traballo”.   

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vigo aproba un novo ámbito urbanístico para 125 vivendas, 38 con protección, en Lavadores

Siguiente

Lugo impulsa novos contratos de seguridade, recuperación de espazos municipais e benestar animal

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche
#Destacado

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?
#Destacado

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

Siguiente
Lugo impulsa novos contratos de seguridade, recuperación de espazos municipais e benestar animal

Lugo impulsa novos contratos de seguridade, recuperación de espazos municipais e benestar animal

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 25/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.