• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG chama á participación masiva na mobilización contra Altri e a mina de Touro-O Pino

Pide denegar todas as autorizacións e permisos ao proxecto da macrocelulosa e paralizar a megamina que o PP quere resucitar pese á súa grave afectación

David Por David
08/06/2026
en #Destacado, Política
0
O BNG chama á participación masiva na mobilización contra Altri e a mina de Touro-O Pino
FacebookXWhatsApp

A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo un chamamento á participación masiva na mobilización prevista para este domingo, día 14, convocada polas plataformas en Defensa da Ría de Arousa, Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino Non baixo o lema ‘Pola defensa do Ulla e da ría de Arousa. Re-matemos Altri e a Mina de Touro-O Pino’. 

 

«É moi importante que este domingo haxa unha mobilización masiva para defender a ría de Arousa, para dicir que non queremos a mina de Touro e que é necesario enterrar definitivamente o proxecto de Altri», alegou nunha comparecencia na Illa para reclamar ao Goberno do PP que denegue todas as autorizacións e permisos ao proxecto da macrocelulosa e paralizar o da megamina que agora pretende resucitar pese á súa grave afectación medioambiental.  

 

Pontón recordou que a cidadanía xa conseguiu coa súa mobilización darlle un parón importante ao proxecto de Altri, pero advertiu que se non se lle denegan todas as autorizacións e permisos, a pasteira podería recuperalo no futuro. Por iso, considerou importante continuar cunha mobilización social, «que xa fixo que ese proxecto estea nun punto morto» para conseguir que «realmente se enterre definitivamente». «Que vexamos como Altri non é unha ameaza para o noso futuro», sintetizou.

 

Un argumento que tamén utilizou para a mina de Touro-O Pino, proxecto que se desbotara en 2017 e que, sen embargo, o Executivo de Alfonso Rueda «quere resucitar» agora. «O feito de que lle dea a cualificación de proxecto industrial estratéxico é a primeira declaración de como o Partido Popular non está nin do lado da xente do mar, nin do lado da xente que está dicindo ‘Non’ á mina de Touro», reprochou.

 

Todo o contrario, alegou, o PP «está do lado da multinacional que quere levar adiante un proxecto ten unha grave afectación medioambiental». Neste sentido, recordou que no seu momento a mina recibira unha declaración de impacto ambiental negativa e, agora, o que está sobre a mesa é «ese proxecto, pero máis grande, ocupando máis superficie e coa mesma mina a ceo aberto, o que ten unhas consecuencias medioambientais moi graves».

 

A líder nacionalista preguntou a Rueda «se el viviría coa súa familia ao lado dun depósito de residuos mineiros que ten 80 metros de altura e tres quilómetros de largo». «Por que quere castigar os veciños e veciñas de Touro con ese proxecto? E por que ademais lles denega a posibilidade de presentarse como parte interesada contra ese proxecto?», interpelou. «Sabemos que o señor Rueda é moi bravo cos galegos e coas galegas, cos veciños e coas veciñas, pero logo é moi mansiño coas multinacionais», resumiu.

 

Nesta liña, advertiu que o proxecto da mina non só afecta aos veciños e veciñas de Touro, senón que as súas consecuencias chegarán até a ría de Arousa dado que os ríos e as rías configuran un ecosistema único e moi sensible que neste momento xa se atopa nunha situación crítica.

 

«Un goberno responsable estaría coidando o medio ambiente e esta ría, cun plan de rexeneración integral, e non poñéndolle máis ameazas sobre os ombreiros de toda a xente que vive da ría de Arousa», advertiu, para cualificar a continuación de «disparate» o que «o Partido Popular quere facer».   

 

A portavoz nacional criticou ao PP que leve anos querendo «vender Galiza a prezo de saldo a unha presa de multinacionais» que o único que queren é «coller os recursos, deixar aquí a contaminación e logo marcharse, sen que neste País quede máis que destrución».

 

Fronte a un modelo que pon en risco o futuro dos galegos e das galegas, Pontón avanzou que o Bloque vai estar apoiando na mobilización do próximo domingo á xente da Arousa e a todos os galegos e galegas que queren unha Galiza na que se aposte «por poñer a nosa riqueza ao servizo do País» e na que se coide o medio ambiente. «Onde apostemos -afondou- por industrias sustentables, pero non por este modelo da megaminería contaminante ou das macrocelulosas, que o que nos deixan é a destrución do País».

 

A líder do BNG subliñou que «Galiza non se pode vender a prezo de saldo», polo que avogou por «parar ese modelo colonial de explotación dos nosos recursos» que implica «pasar por diante da xente e do noso medioambiente».

 

«A ría de Arousa é unha industria moito máis importante que calquera macrocelulosa ou que calquera proxecto de megaminería: vive máis xente, xera máis riqueza e, desde logo, é máis importante para o noso futuro», sintetizou, para concluír que, por iso, a mobilización é clave «para frear unha nova agresión que pon en risco miles de postos de traballo».   

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vigo aproba un novo ámbito urbanístico para 125 vivendas, 38 con protección, en Lavadores

Siguiente

Lugo impulsa novos contratos de seguridade, recuperación de espazos municipais e benestar animal

David

David

Relacionado Entradas

#Destacado

Galicia loita contra o lume. Se ves un incendio chama ao 085

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense
#Destacado

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos
#Destacado

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

Rescatan o corpo dunha persoa falecida en Verea
#Destacado

Fallece una persona en Pontevedra tras ser rescatada del interior de una piscina

Ferrol pechou unhas festas de verán de récord con máis de 100.000 persoas
#Destacado

Ferrol pechou unhas festas de verán de récord con máis de 100.000 persoas

Cultura da Deputación e o Concello de Santiago abren novas portas para descubrir o patrimonio invisible de Compostela
#Destacado

Cultura da Deputación e o Concello de Santiago abren novas portas para descubrir o patrimonio invisible de Compostela

Siguiente
Lugo impulsa novos contratos de seguridade, recuperación de espazos municipais e benestar animal

Lugo impulsa novos contratos de seguridade, recuperación de espazos municipais e benestar animal

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 07/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Galicia loita contra o lume. Se ves un incendio chama ao 085

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal