O Concello aprobará definitivamente o proxecto de urbanización de San Andrés de Comesaña que inclúe catro parcelas que suman 29.000 m2 situadas entre la Avenida Ricardo Mella e o Camiño do Caramuño. Tal e como explicou Caballero, terá uso industrial e comercial e a actuación permitirá ampliar o viario, incluíndo unha rotonda para regular o tráfico. O proxecto prevé unha cesión de espazo público de case 5.000 m2, un aparcamento en dominio público con 73 prazas así como a plantación dun importante número de árbores.
O Calvario
O alcalde deu conta da adxudicación da reparación e acondicionamento da pista polideportiva do Ceip A Doblada, cun importe de 35.725 euros e un prazo de execución de 6 meses. Trátase, dixo, dunha pista de formigón de 1.250 m², dos que 850 serán para a práctica de fútbol e 400 para minibasket.
Tanto o terreo como o material deportivo están deterioradas polo desgaste do uso e o paso do tempo, polo que a actuación prevé a limpeza e revestimento do solo cun índice de resistencia e de antideslizamento así como a reparación do material deportivo.













