Para atender aos feridos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou á zona unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
En total, dúas persoas necesitaron asistencia médica, unha delas por lesións graves (politraumatismos), polo que foi evacuada na aeronave.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse, tamén, os Bombeiros de Vilalba, xa que, nun primeiro momento, parecía que as persoas implicadas estaban a atrapadas nos vehículos. Finalmente, ningunha delas necesitou ser rescatada.
Este operativo completárono os axentes da Garda Civil de Tráfico.













