• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O TSXG paraliza o parque eólico Pena do Pico

A Sección 3ª resolve por unanimidade acoller as medidas cautelares solicitadas por ADEGA no contencioso contra a Xunta e Greenalia pola autorización do PE "Pena do Pico" nos Ancares lucenses.

David Por David
16/07/2026
en #Destacado, GALICIA
0
O TSXG paraliza o parque eólico Pena do Pico
FacebookXWhatsApp

A Sección 3ª da sala do Contencioso-Administrativo, xa sen os maxistrados Luís Villares e Dolores López, trasladados forzosamente en marzo pasado á Sección 4ª, resolveu por unanimidade acoller integramente as medidas cautelares solicitadas por ADEGA no contencioso contra a Xunta e Greenalia pola autorización do PE «Pena do Pico», proxectado nos Ancares lucenses.

Na peza separada de cautelares, a Sala asume os argumentos achegados por ADEGA no informe técnico que acompaña ao escrito de demanda, polo que estima na súa integridade a medida cautelar solicitada e decreta a suspensión das autorizacións previas e de construción ditadas no seu momento pola D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Trátase da primeira medida cautelar adoptada nun contencioso eólico despois do polémico traslado forzoso dos maxistrados Villares e López, manobra apludida sen disimulo pola Xunta, que achacou á suposta parcialidade de Villares a paralización do sector eólico no TSXG.

A chafalleira tramitación admistrativa da Xunta, novamente en evidencia

No escrito de demanda, entre outros argumentos, ADEGA fundamentaba a necesidade de paralizar cautelarmente a execución do PE «Pena do Pico» na existencia de perigo de dano xurídico (periculum in mora) pola afección a destacados elementos do patrimonio natural e na preponderancia do interese público de conservalos, fronte ás intencións da empresa e da Xunta de construír a instalación.

O PE «Pena do Pico», promovido por Greenalia Wind Power SLU, autorizouse nun territorio (concellos de Baralla e Quiroga, nos Ancares lucenses) designado pola propia Xunta para ampliar a Rede Natura 2000, dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño e nun espazo considerado zona de exclusión eólica polo Ministerio. Asemade, e segundo a Sala, as instalacións autorizadas «exercen unha presión crítica sobre diversas especies de avifauna ameazada en situación de vulnerabilidade ou perigo de extinción, como o a tartaraña cincenta, a gatafornela e, de xeito moi alarmante, o millafre real».

O Tribunal considerou que estes impactos non foron convenientemente avaliados na DIA e que a documentación técnica presentada por ADEGA, apoiada mesmo en documentos oficiais, «goza dun indubidábel valor indiciario e de verosimilitude que non pode ser ignorado pola Sala». Toda unha labazada á chafalleira tramitación ambiental da Xunta que exerce máis como expedidora de permisos que como garante do patrimonio e do interese público.

Os demoledores argumentos do Tribunal deixan Rueda co cú ao aire

Fronte ao argumento da Xunta de que a paralización do sector eólico se debía ás inusitadas decisións xudiciais que mesmo Rueda cualificou como «lawfare», este Auto do TSXG apunta directamente ás graves carencias na tramitación administrativa do proxecto, particularmente no que atinxe á DIA (Declaración de Impacto Ambiental).

A Sala debruza polo miúdo esta DIA e considera, como fixo patente ADEGA, que Xunta ignorou informes sectoriais da propia D. X. de Patrimonio Natural, Catálogos Oficiais de Protección, resultados de proxectos europeos de conservación e rexistros de avistamentos. Pon en valor a información achegada por ADEGA que se basea en documentos públicos, informes de institutos de investigación e no uso de ferramentas e fontes cartográficas oficiais, para desmontar os argumentos da Xunta.

Xunta e Greenalia pretenderon minusvalorar estas carencias apelando á eficacia das medidas correctoras incluídas na DIA; mais o Tribunal retrúcalle que «unha parte substancial das medidas correctoras contempladas na DIA posúen un carácter marcadamente ‘post mortem’, é dicir, están deseñadas para operar unha vez que o impacto ou o dano xa se produciu de maneira efectiva. Existe un perigoso lapso temporal dende o mesmo momento en que comecen as obras […] até a hipotética activación e eficacia dos mecanismos correctores. Durante este intervalo, o medio ambiente quedaría exposto a unha degradación desprotexida e real; tolerar o inicio da actividade baixo a promesa dunha reparación futura e incerta contraviría a lóxica máis elemental da protección ecolóxica, que esixe evitar a produción do dano antes de que este adquira carácter irreversíbel».

E sobre a preponderancia de intereses, Xunta e Greenalia apelaban á necesaria transición enerxética para construír o parque. Novamente, a Sala, asumindo os argumentos de ADEGA e a lexislación consolidada, manifestou: «O feito de que as codemandadas invoquen un interese público xeral (como a transición enerxética), non o convirte automaticamente en prevalente, xa que dito interese debe coexistir armonicamente coa preservación do entorno […]. Ningunha norma valida, nin en sé cautelar nin substantiva/principal, o desenvolvemento dun proxecto industrial si pode menoscabar algún elemento do medio susceptíbel de protección».

Unha vez máis, fica demostrado que o actual caos eólico non se debe nin ás decisións xudiciais nin á actuación do ecoloxismo e de plataformas cidadás: débese a unha planificación caduca e insustentábel e á incompetencia e nefasta xestión dunha administración máis preocupada por engordar os beneficios das eléctricas que por defender a legalidade e o interese público.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O sector do transporte de mercadorías da Coruña denuncia o bloqueo do convenio colectivo

Siguiente

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua

David

David

Relacionado Entradas

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública
A Coruña

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL
#Destacado

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua
#Destacado

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua

O sector do transporte de mercadorías da Coruña  denuncia o bloqueo do convenio colectivo
#Destacado

O sector do transporte de mercadorías da Coruña denuncia o bloqueo do convenio colectivo

Sae a licitación a dirección de obra de Abrir Ferrol ao Mar-Caranza
A Coruña

Sae a licitación a dirección de obra de Abrir Ferrol ao Mar-Caranza

Inicio das obras de reforma e ampliación do albergue de Muxa en Lugo
Lugo

Inicio das obras de reforma e ampliación do albergue de Muxa en Lugo

Siguiente
O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Viernes 17/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.