O alcalde anunciou que a cidade homenaxerá a Borja Iglesias, «o panda», polo seu éxito no Mundial de Fútbol 2026 celebrado nos Estados Unidos no que a Selección Española acadou a súa segunda estrela. Iglesias é o primeiro galego e o primeiro xogador do Celta en gañar un Mundial polo que «queremos distinguir unha gran acción deportiva de quen levou as siglas do Celta de Vigo e o nome do Celta detrás del».













