• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Máis de 50 propostas para desfrutar de Ferrol: que visitar, onde comer, todos os museos

A publicación recolle visitas guiadas, actividades deportivas, museos e os principais eventos culturais e de lecer previstos ata principios de setembro

David Por David
23/07/2026
en #Destacado, A Coruña, Turismo
0
Máis de 50 propostas para desfrutar de Ferrol: que visitar, onde comer, todos os museos
FacebookXWhatsApp

A concelleira de Turismo, Maica García, presentou hoxe a guía turística de verán da cidade, da que se editan 3.000 exemplares en galego, castelán e inglés que se poden recoller nas oficinas de turismo e tamén na casa consistorial. Ademais, pode consultarse na páxina web do Concello de Ferrol.

A publicación reúne a programación de actividades, visitas guiadas e propostas de lecer que se desenvolverán ata principios de setembro. “Nesta guía recollemos as principais actividades lúdicas e de ocio das que poderán gozar todas as persoas que nos visiten durante estes meses”, sinalou.

A programación arranca hoxe, 16 de xullo, co inicio das visitas guiadas de Ferrol Secreto, que se celebrarán os xoves e os sábados. A partir do 18 de xullo e ata o 13 de setembro retomaranse as visitas ao Arsenal Militar e ás súas instalacións do século XVIII, incluíndo a Sala de Armas, a Batería da Cortina, a dársena e o dique da Campá. Tamén se manterán as visitas ao estaleiro de Navantia e ao castelo de San Felipe.

Desde mañá, 17 de xullo, e ata o 19 de setembro, desenvolveranse as visitas guiadas ao Ferrol modernista, un percorrido para descubrir a obra do arquitecto ferrolán Rodolfo Ucha e o legado do modernismo na cidade. Pola súa banda, desde o domingo 19 de xullo e ata o 13 de setembro poderase visitar o Cuartel de Dolores, un emblemático edificio construído en 1711 para albergar a Infantería de Mariña e que, na actualidade, continúa cumprindo esa mesma función, sendo o cuartel máis antigo de España en uso.

Regresan tamén as visitas ao Palacio de Capitanía, que terán lugar o primeiro sábado de cada mes e permitirán coñecer un dos edificios máis representativos do Ferrol da Ilustración.

Para participar na maior parte das visitas guiadas será imprescindible realizar inscrición previa a través de WhatsApp no número 696 531 070. O prezo xeral é de 12 euros por persoa e as visitas serán gratuítas para os menores de 10 anos, agás no caso do Palacio de Capitanía, onde a gratuidade se aplica aos menores de 5 anos.

Como novidade deste verán, incorpóranse as visitas gratuítas para grupos ao xacemento de Tralocastro, que se celebrarán do 3 ao 9 de agosto. Será necesaria inscrición previa no correo electrónico arqueodromo.ferrol@gmail.com ou no teléfono 888 013 820. Ademais, a escavación arqueolóxica poderá visitarse libremente os días 30 e 31 de xullo, ás 11.00 e ás 16.00 horas.

A oferta turística complétase co programa Ferrol Activo, que inclúe paseos en barco nas rutas Ferrol-Mugardos (5 euros) e cruceiros pola ría (10 euros), con saídas en horario de mañá e tarde ata o 7 de setembro.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A programación de verán inclúe tamén os cursos de iniciación á vela lixeira, que se impartirán ata o 31 de agosto nas instalacións náuticas de A Cabana, así como as actividades organizadas polas escolas de surf ao longo de toda a tempada estival.

Como novidade nesta edición, tamén se ofrecerán clases de iniciación ao golf nas instalacións do Club de Golf Campomar.

Ademais, poderase descubrir Ferrol sobre dúas rodas, cunha oferta de aluguer de bicicletas de montaña e eléctricas para explorar o noso territorio de xeito ecolóxico e divertido.

MUSEOS

Outro apartado importante son os museos como o Museo Naval, con entrada gratuíta, que ofrece visitas guiadas para grupos de martes a domingo en horario de mañá e Exponav cun amplio horario de luns a sábado.

O museo da Sociedade Galega de Historia Natural, con entrada de balde, está aberto de luns a domingo de 10.00 a 14.00 horas e o Museo da Semana Santa aberto de 11.00 a 13.30 horas de martes a domingo.

Parada obrigada é o castelo de San Felipe, aberto todos os días de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas e tamén parada na Concatedral de San Xiao de luns a sábado de 10.30 a 13.00 horas e de 17.30 a 19.00 horas.

A oferta complétase co Tríatlon absoluto Cidade de Ferrol este sábado día 18, a regata de traíñas (1 de agosto), o mercado medieval (do 30 de xullo ao 2 de agosto), Equiocio (do 6 ao 9 de agosto), Feira de Cervexa (do 6 ao 9 de agosto), Campus Chiquibasket (do 10 ao 14 de agosto), Nachiños Fest (14 e 15 de agosto), Rallye de Ferrol (21 e 22 de agosto), Batalla de Brión ( 23 de agosto), Pantín Classic Galicia Pro (22 ao 30 de agosto), Rock en Canido (27 de agosto), XII Concentración vehículos clásicos (29 de agosto), as Festas de Verán (do 21 ao 31 de agosto) e as Meninas (4 de setembro)

A concelleira de Turismo convidou aos visitantes a gozar de todas estas experiencias da ampla oferta de ocio presentada “queremos que o turista regrese a Ferrol despois de ver todo o que ofrecemos e do marabilloso patrimonio cultural, natural e gastronómico que temos”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vigo homenaxerá ao campión do mundo, Borja Iglesias

Siguiente

Ourense informa dos cambios nas liñas de autobús urbano durante as festas de A Ponte

David

David

Relacionado Entradas

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto
#Destacado

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo
#Destacado

Dos personas fallecen al chocar con su vehículo contra una furgoneta de mantenimiento en la A-6 a su paso por Lugo

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano
#Destacado

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber
#Destacado

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia
#Destacado

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia

Cine Na Rúa nos entornos rurais de Lugo durante todo Agosto
#Destacado

Cine Na Rúa nos entornos rurais de Lugo durante todo Agosto

Siguiente
Las nuevas líneas de autobús de Ourense crecen en usuarios

Ourense informa dos cambios nas liñas de autobús urbano durante as festas de A Ponte

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 11/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo

Dos personas fallecen al chocar con su vehículo contra una furgoneta de mantenimiento en la A-6 a su paso por Lugo

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.