• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG lamenta que PSOE e BNG defendan «unha estafa para Galicia» na transferencia da AP-9

O deputado popular Celso Delgado insiste na necesidade de recuperar o acordo inicial que garante os recurso económicos necesarios para a súa xestión sen poñer en risco as contas autonómicas

David Por David
23/07/2026
en GALICIA, Política
0
O PPdeG lamenta que PSOE e BNG defendan «unha estafa para Galicia» na transferencia da AP-9
FacebookXWhatsApp

O PPdeG lamenta que PSOE e BNG rachasen co acordo unánime do Parlamento galego para a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia aprobado por última vez en decembro de 2023 e que defendan agora un modelo «rebaixado e sen garantías», o que tildan de «estafa para a nosa Comunidade». Así o sinalou o deputado popular Celso Delgado, quen defendeu hoxe no Congreso a postura do PPdeG, apoiando a Proposición de Lei Orgánica de transferencia de titularidade e competencias da AP-9 á nosa Comunidade aprobada no Senado a principios de mes, coa que se recupera a literalidade íntegra do texto do Parlamento de Galicia.

 

Celso Delgado insistiu na necesidade de recuperar o acordo inicial que garante os recursos económicos necesarios para a xestión da AP-9, por iso votaron a favor da Proposición de Lei Orgánica, esixindo que se «respecten os termos esenciais propostos inicialmente e asegurando, así, que a transferencia se realice coas responsabilidades financeiras ben delimitadas, sen trampa nin cartón e sen riscos ocultos para Galicia», alertando de que o texto proposto por PSOE, BNG e Sumar presenta «serios indicios de inconstitucionalidade».

 

Neste sentido, o popular galego remarca que subscribir un traspaso «sen as garantías mínimas necesarias para protexer os intereses financeiros de Galicia implica que a Comunidade asumirá unha infraestrutura clave pero potencialmente condicionada por unhas cargas económicas futuras incertas», o que pode supoñer que Galicia afronte unha factura de 4.000 millóns de euros. «Isto desnaturalizaría o propósito da transferencia e podería comprometer a capacidade da Comunidade para abaratar a AP-9 e avanzar cara a súa futura gratuidade», advirte o deputado do PPdeG.

 

«NON SOMOS MENOS QUE NINGUÉN»

 

A última vez que se debateu esta Lei no Congreso, un deputado de Junts afirmou que a transferencia que intentan impoñer PSOE, BNG e Sumar ten unhas condicións que en ningún caso aceptarían para Cataluña, pero «para o nacionalismo galego e para un socialismo en horas baixas, que Galicia perda é o de menos», remarcaron os populares.

 

Deste xeito, Delgado tamén fixo referencia as desafortunadas palabras do ministro de Facenda, quen dixo que «é o Goberno galego o que debe facerse cargo das competencias que conseguen por medio dos seus orzamentos e os seus recursos«, «afirmacións que deixan nun pésimo lugar a PSOE, BNG e Sumar que din que a transferencia vén coa financiación perfecta». «Están enganándonos e sábeno, pero dálles igual», engadiu, parafraseando ao presidente Alfonso Rueda, quen dixo que «Galicia non está reclamando un trato de favor, senón unhas condicións que permitan asumir a xestión da infraestrutura sen poñer en risco as contas autonómicas».

 

De feito, o Goberno central ponlle «o laciño a outras comunidades autónomas nas competencias que traspasan, como é o caso de Cataluña e o País Vasco». Por iso en Galicia non queremos «máis que ninguén, pero tampouco menos» e «merecemos un trato xusto e en igualdade de condicións».

 

TRAIZÓN A GALICIA

 

En definitiva, o PPdeG volveu lamentar a «traizón» de BNG, PSOE e  Sumar a Galicia, que «saben perfectamente que a transferencia só se pode materializar co concurso da vontade do Goberno galego». «Resulta irresponsable que estes grupos políticos impoñan requisitos na lei que condicionan a viabilidade financeira do traspaso e que o Goberno galego sabe que non pode nin debe aceptar», engade Celso Delgado.

 

«Veñen aquí a blindar ao Estado e a limitar as súas responsabilidades», incide o popular no Congreso, quen recordou que Galicia non construíu a AP-9 nin a prorrogou nin a concesionou. E aínda así, PSOE e BNG «votan que o Estado se poida lavar as mans», insistindo en que estes partidos políticos deben darlle unha explicación a todos os galegos e galegas, «aos que pretenden enganar por intereses puramente partidistas». 

ShareTweetSend
Publicación anterior

BNG celebra a aprobación final da transferencia da AP-9 á Galiza

Siguiente

Rueda reivindica a Galicia «de todos» como un pobo «humilde, traballador, aberto e de futuro»

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
Rueda reivindica a Galicia «de todos» como un pobo «humilde, traballador, aberto e de futuro»

Rueda reivindica a Galicia "de todos" como un pobo "humilde, traballador, aberto e de futuro"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Jueves 17/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.