• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Pontón reivindica na Quintana o papel do BNG como defensor inquebrantable de Galiza: «Somos a esperanza deste País»

Proclama que está en marcha un cambio "imparable" e anima a seguir ensanchando a base social e electoral dun Bloque que sae "a por todas"

David Por David
26/07/2026
en GALICIA, Política
0
Pontón reivindica na Quintana o papel do BNG como defensor inquebrantable de Galiza: «Somos a esperanza deste País»
FacebookXWhatsApp

Nun multitudinario Día da Patria que abarrotou as rúas de Compostela e deixou pequena a Praza da Quintana, a portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou o papel do BNG como defensor a toda costa de Galiza e alternativa de goberno a favor do País, en contraposición co PP «máis incompetente e desleal da historia».

 

«É o momento de seguir con rumbo certo e sen desviarnos do noso obxectivo de defensa inquebrantable de Galiza e da súa xente», subliñou, un sinal de identidade que converteu ao Bloque no referente e na alternativa de todas as persoas que pensan que Galiza merece máis: «O BNG é a esperanza deste País», proclamou Pontón.

 

A líder nacionalista trasladou a idea de que está en marcha «un cambio imparable», o protagonizado por esa cidadanía que logrou a vitoria de ALTRI fronte a un PP «traidor», «un cambio imparable que aposta por un novo modelo de goberno que confíe no País, no seu potencial e na súa xente, un goberno sen sucursalismos para que Galiza non sufra nunca máis a deslealdade e a submisión a Madrid», explicou.

 

Neste sentido, Pontón explicou con exemplos como sería ese goberno alternativo do BNG capaz de «cambiar o guión» e pasar da traizón á defensa do País.

 

Un goberno que poña a riqueza ao servizo da sociedade; que mude o espolio eólico por un modelo enerxético sustentable a favor da xente e do territorio; que cambie a eucaliptización por un monte multifuncional capaz de combater o lume; un goberno que aposte por industria de vangarda baseada na ciencia; que defenda os servizos públicos, que trate a vivenda como un dereito colocando a vida das persoas por diante da especulación ou que defenda ás mulleres en lugar de aplaudir a quen as agrede.

 

De cara a ese reto,  instou a seguir ampliando a base social e electoral dun Bloque que ten as «portas abertas» a todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón: «Somos moitas, pero temos que ser máis», instou, e para iso «cada palabra conta, cada acción suma, cada persoa multiplica sabendo que o BNG é un proxecto para unir Galiza».

 

Neste sentido, Pontón puxo as municipais de maio de 2027 como o primeiro reto fixado no calendario electoral para seguir demostrando que o BNG non ten teito.

 

«Galiza merece máis e imos conseguilo, paso a paso, concello a concello; imos facerlle ver á xente que hai unha maneira diferente de pensar e gobernar o País, poñendo ás persoas no centro como facemos onde gobernamos; por iso pídovos que saiamos a gañar, sen poñernos límites e demostraremos outra vez máis que hai un BNG imparable que é a esperanza deste País», recalcou, en contraposición a un PP desleal e traidor

 

Rueda, na pancarta contra o galego

Un goberno popular ao que reprochou especialmente a súa política lingüicida que colocou ao galego no peor momento da historia.

 

«Rueda segue detrás da pancarta contra o galego,  por iso mantén o decreto da vergoña e por iso non quere reunirse comigo para falar sobre o futuro da nosa lingua, porque a súa folla de ruta é clara: facer do galego unha lingua residual e impoñer o  monolingüismo en castelán. Non o conseguirá porque enfronte hai unha sociedade cun inmenso orgullo de ter idioma propio», subliñou.

 

Na súa intervención, definiu Galiza como «froito vivo de séculos de historia, de cultura e de identidade construída xeración tras xeración», deixando claro que  «Galiza é unha nación que ten todo o dereito a escribir a súa propia historia».

 

«Esta é unha nación con raíces profundas que seguiu en pé porque cando quixeron negar a nosa existencia houbo persoas valentes dispostas a defendela, cando pretenderon condenarnos ao esquecemento, este pobo ergueuse para dicir aquí estamos e aquí seguimos!», proclamou, tras reivindicar a loita antifascista de Bóveda e Reboiras, dos que o Bloque se sente herdeiro, fronte a un PP cuxo fundador era un ministro franquista que asinou sentenzas de morte.

 

Pontón non obviou o contexto estatal marcado pola crispación e a corrupción «crónica e sistémica» do bipartidismo e contrapuxo esa «nube rancia e tóxica» da política madrileña co traballo íntegro do BNG a través do deputado Nestor Rego e da senadora Carme da Silva, «con avances impensables e positivos para Galiza» como a histórica transferencia da AP-9, as rebaixas nas peaxes ou a quita de 4.000 M€ na débeda pública.

 

«Que non seremos capaz de lograr cun BNG máis forte en Madrid?», preguntábase, convencida de que cada vez máis xente descobre que «o útil para Galiza é apoiar ao Bloque. Non obviou tampouco o contexto internacional marcado polas guerras e pola inxerencia de Trump ante o vasalaxe da UE,  que aumenta en gasto militar a costa de empeorar a vida da xente.

 

«Chámanlle democracia pero é imperialismo puro e duro, que alenta e patrocina ao Estado terrorista de Israel, que promove á invasión de Siria, á limpeza étnica no Líbano ou o xenocidio en Gaza, unha atrocidade que non nos cansaremos de denunciar porque Palestina non está soa e non van enterrar a dignidade de todo un pobo. Palestina vencerá e TRUMP e Netanyahu serán xulgados, como o que son, criminais de guerra», augurou.

 

Pese as dificultades, non é momento de baixar os brazos, ao contrario, «a esperanza dunha Galiza mellor é a que nos une aquí hoxe,  con miles de corazóns latexando como un só e con esa unión e con esa forza somos imparables», concluíu Pontón unha intervención na que estivo precedida polo secretario xeral de Galiza Nova, Artai Gaviás, nunha Quintana abarrotada que contou con numerosas delegacións políticas, de dentro e fora do Estado e unha ampla representantes de colectivos e plataformas sociais de todo o País.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Case o 72 % do persoal da Administración Xeral do Estado en Galicia acredita un nivel CELGA 4 ou superior

Siguiente

DJ David Expósito: una trayectoria de pasión por la música y la comunicación

David

David

Relacionado Entradas

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros
#Destacado

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros

Alerta naranja por temperaturas máximas en Galicia
#Destacado

Alerta por ola de calor este lunes: naranja en el interior de Pontevedra y amarillo en la montaña de Ourense

O Porto do Son estrena el proyecto piloto de playas inclusivas
#Destacado

O Porto do Son estrena el proyecto piloto de playas inclusivas

El TSXG declara nulos artículos de la ordenanza de movilidad de A Coruña por vulnerar la libertad de empresa y discriminar a los VTC
#Destacado

El TSXG declara nulos artículos de la ordenanza de movilidad de A Coruña por vulnerar la libertad de empresa y discriminar a los VTC

Sinsal despídese de San Simón coa música de Indus, Juventude, Virginie Dembelé, Nadeem Din-Gabisi, Mocho Gris, Skanderani e Matéria Prima DJs
GALICIA

Sinsal despídese de San Simón coa música de Indus, Juventude, Virginie Dembelé, Nadeem Din-Gabisi, Mocho Gris, Skanderani e Matéria Prima DJs

DJ David Expósito: una trayectoria de pasión por la música y la comunicación
#Destacado

DJ David Expósito: una trayectoria de pasión por la música y la comunicación

Siguiente
DJ David Expósito: una trayectoria de pasión por la música y la comunicación

DJ David Expósito: una trayectoria de pasión por la música y la comunicación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 26/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros

Alerta naranja por temperaturas máximas en Galicia

Alerta por ola de calor este lunes: naranja en el interior de Pontevedra y amarillo en la montaña de Ourense

O Porto do Son estrena el proyecto piloto de playas inclusivas

O Porto do Son estrena el proyecto piloto de playas inclusivas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.