• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Festa do Percebe de Cedeira o 1 e 2 de Agosto

Xunto co evento gastronómico e a cita musical sucédense nos vindeiros días máis festas patronais, atraccións e actividades culturais e deportivas

David Expósito Por David Expósito
29/07/2026
en #Destacado, A Coruña, Mar y Costa
0
Festa do Percebe de Cedeira o 1 e 2 de Agosto
FacebookXWhatsApp

A Confraría de Pescadores de Cedeira organiza un ano máis co
apoio do Concello a súa Festa do Percebe, o evento gastronómico do verán que cada ano reúne
a centos de persoas arredor dun manxar sempre moi cotizado, polo sabor e pola dificultade que
leva aparellado arrancalo das rochas. Ata o venres non se poderá fixar o prezo da ración, que o
ano pasado estivo en 20€, pero o pósito vai encomendarse nestes días a comprar máis de 500 quilos
da mellor calidade, co compromiso de vendelo na festa ao prezo máis axustado posible.

A gran carpa que a Confraría de Cedeira instalará no peirao para a XXIII Festa do Percebe abrirá
as portas e a billeteira, tanto o sábado como o domingo, de 12.00 a 17.00h. O público poderá
degustar percebe -as racións son abundantes, duns 300 gramos-, así como polbo á feira –
prepararanse uns 600 quilos e a ración custará 18€, igual que o pasado ano- e empanada a 6€ –
neste caso, cada ración terá dous trozos, un de empanada de liscos e outro de empanada de
bonito-. Tamén haberá bebidas e pan á venda. O Concello de Cedeira disporá un tren turístico,
como en anos anteriores, que funcionará durante todo o horario da festa e realizará viaxes gratuítos
desde a praza de Galicia ata o peirao.

Moi preto da Festa do Percebe, na praia de Area Longa, haberá festa acuática o domingo, de
16.30 a 19.00h, con inchables e kayaks a disposición de pequenos e maiores.

Este primeiro fin de semana de agosto chega cun feixe de actividades en Cedeira. O atractivo
musical estará no festival Discalzos, que este ano cambia o escenario, da praza da Revolta á de
Floreal. É un espazo máis pequeño, que vai acentuar o carácter familiar deste evento musical no
que cada ano se xuntan grupos de diferentes estilos e moi bo ambiente. O programa
desenvolverase o sábado 1 e o domingo 2 e ofrecerá tanto música como actuacións e xogos para
a cativada. Así, a ludoteca Brincadeira desenvolverá xogos para nenos e nenas o sábado a partir
das 20.00h e dará paso á actuación dun paiaso, arredor das 20.30h. A Banda de Música Vila de
Cedeira, unha formación versátil que inclúe no seu repertorio diferentes clásicos do rock, abrirá o
programa de concertos a continuación, ás 21.00h. Ás 23.00h comezará a actuación de Prieto
Picado, ás 00.30h tocaralle subir ao escenario a Nito Serrano y Lapurasangre e ás 02.00h tocará
Vimbio, o último grupo da noite.

Ao día seguinte, o domingo 2, haberá unha sesión vermú coa actuación do grupo Koi e os grupos
locais Roupa Vella e Os Benignos. A sesión comezará ás 13.30 e prolongarase ata que o público e
os músicos queiran.

Tamén haberá celebracións patronais en dúas parroquias. Esteiro ten as festas de San Fiz, que
comezarán xa este venres cunha sardiñada, a partir das 20.00h, e unha verbena nocturna. O
sábado haberá misa solemne, ás 13.30h, e sesión vermú. A actividade nocturna comezará cunha
queimada e verbena a partir das 22.30h e para o domingo quedará unha misa solemne, ás 13.45,
e sesión vermú. E na Carballa, en Montoxo, conmemorarán ao seu patrón San Ignacio. O sábado
haberá misa ás 13.30h, con procesión e posterior actuación da Rondalla Cedeira; sesión vermú e
verbena nocturna. O programa pecharase o domingo cunha sesión vermú.
Página 2 de 2
Cómpre apuntar outras citas culturais e de lecer para mañá xoves e o venres. Tal como se
informou ata o venres están en funcionamento os tobogáns xigantes na praza da Revolta, en horario
de mañá e tarde -de 11.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00h-.
Este xoves 30 de xullo desenvolverase unha visita comentada á escavación do xacemento
arqueolóxico do Castro Sarridal. As persoas interesadas teñen que acudir ás 12.30h, sen necesidade
de inscrición previa. O equipo de Axa Arqueoloxía, que está a desenvolver actualmente unha nova
campaña de escavación, explicará a importancia dos achados.
Está en marcha, por outra banda, o ciclo de cine na rúa organizado no marco dos Orzamentos
Participativos deste ano. O martes proxectouse “El 47” e mañá xoves, ás 22.00h na praza da Revolta,
pasarase “The Wild Robot”. Ao día seguinte, o venres, chega unha nova cita co ciclo de cine Mestre
Mateo. O Auditorio Municipal acollerá ás 21.30h a proxección, neste caso, do documental “Ao son
da nova regueifa”, tamén con entrada de balde.
Antes, na tarde do mesmo venres, o Auditorio Municipal de Cedeira será o escenario da
presentación do libro “Por que ninguén falou delas?”, escrito por Belén López Cillero e que analiza
a traxectoria do “Patronato de protección a la mujer”, unha institución franquista que exerceu a
represión sobre mulleres da clase obreira. A autora falará da súa investigación.
No eido deportivo, a praia da Madalena acolle un torneo de fútbol praia. Hai un total de 42
equipos inscritos, 21 de menores -nas categorías sub 15, sub 12 e sub 9- que xa están a disputar
partidos estes días pola tarde, e outros 21 nas categorías senior masculino e feminino, que xogarán
a partir do venres pola tarde, ata o domingo. A organización, que conta coa colaboración do
Concello de Cedeira, prevé repartir 1.700€ en premios

 

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026
ShareTweetSend
Publicación anterior

O alcalde felicita os loitadores ourensáns Candela Castro e Gonzalo Caparrós polos seus éxitos: campioa e subcampión de España sénior

Siguiente

La Autoridad Portuaria de A Coruña instala un nuevo panel informativo digital en la plataforma náutica de O Parrote

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

De Coristanco a San Mamés: os sabores galegos que queren conquistar Euskadi
#Destacado

A Coruña conquista Euskadi polo padal cun menú de Lucía Freitas e produtos das rías

Carballo reúne máis de 1.000 escolares nunha das grandes citas do deporte de Bergantiños
#Destacado

Máis de 1.000 escolares participan no Cros de Bergantiños na zona verde de Bértoa

Disney+ desembarca en Vigo con un desfile de personajes y una sorpresa en sus calles
#Destacado

Disney+ llega a la Navidad de Vigo con un gran desfile y decoraciones especiales en sus calles

Galicia Ilusiona 2026 Festival Mundial de Ilusionismo con artistas internacionales.
#Destacado

Galicia Ilusiona 2026 lleva la magia internacional a ocho ciudades

¿Tienes deudas con Hacienda? Esto es lo máximo que pueden quitarte de tu nómina en 2026
#Destacado

¿Cuánto dinero te puede embargar Hacienda si tienes una deuda? Así funciona y estos son los límites

A Coruña reúne nunha feira o talento do cinema, a música, o teatro e a arte galega
#Destacado

CoruñART enche o Fórum Metropolitano de talento e creación cultural na súa segunda edición

Siguiente
La Autoridad Portuaria de A Coruña instala un nuevo panel informativo digital en la plataforma náutica de O Parrote

La Autoridad Portuaria de A Coruña instala un nuevo panel informativo digital en la plataforma náutica de O Parrote

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Lunes 09/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

De Coristanco a San Mamés: os sabores galegos que queren conquistar Euskadi

A Coruña conquista Euskadi polo padal cun menú de Lucía Freitas e produtos das rías

Carballo reúne máis de 1.000 escolares nunha das grandes citas do deporte de Bergantiños

Máis de 1.000 escolares participan no Cros de Bergantiños na zona verde de Bértoa

Disney+ desembarca en Vigo con un desfile de personajes y una sorpresa en sus calles

Disney+ llega a la Navidad de Vigo con un gran desfile y decoraciones especiales en sus calles

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.