A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e Noelia García, en representación da Asociación de Festas de Vimianzo, asinaron un convenio de colaboración para apoiar a programación das festas de verán deste ano, que se celebrarán os días 8, 9, 10 e 11 deste mes. O acordo, cun importe de 15.000 euros, servirá para impulsar unha ampla oferta de actividades musicais e lúdicas pensadas para todos os públicos.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e Marta Castro, en representación da Asociación de Festas de Vimianzo, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o Concello achega 15.000 euros para contribuír á organización das Festas Patronais de 2026, que se celebrarán os días 7, 8 e 9 de agosto.
Con esta colaboración, o Concello reafirma o seu compromiso cunha das celebracións máis importantes do calendario festivo local, tanto polo seu valor social e cultural como polo impacto que xera na dinamización económica do municipio, favorecendo a actividade do comercio, a hostalaría e o turismo.
A programación deste ano reúne artistas e formacións de primeiro nivel. O venres 7 actuarán Pol 3.14 e Despistaos, ademais da orquestra Cinema. O sábado 8 será a quenda de El Combo Dominicano e La Fórmula, nunha xornada que tamén incluirá a tradicional misa na honra da Virxe do Carme, pasarrúas e sesión vermú. As festas pecharanse o domingo 9 coa actuación do grupo Ráfaga, a orquestra Principal e DJ Josino Destroyer, ademais dos actos relixiosos na honra de San Roque.
A programación complétase co tradicional Día do Nen@, previsto para o luns 10 de agosto, unha cita especialmente pensada para o público infantil e familiar que contará con inchables, festa da escuma e animación musical.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que «as festas patronais son un espazo de encontro para a veciñanza e tamén unha oportunidade para amosar Vimianzo a quen nos visita. Desde o Concello seguimos apoiando o labor da comisión organizadora para ofrecer unha programación de calidade, pensada para todos os públicos e que contribúe a dinamizar a vida social e económica do municipio».
Pola súa banda, Marta Castro agradeceu o apoio municipal e destacou o esforzo da Asociación de Festas para organizar unha programación variada, posible grazas á implicación das persoas colaboradoras, das empresas patrocinadoras e da veciñanza, que un ano máis fará posible a celebración das festas da Virxe do Carmen e San Roque.













