O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu á misa celebrada na concatedral de San Xiao con motivo dos actos institucionais de San Ramón e posteriormente presidiu a tradicional ofrenda floral a Ramón Plá y Monge, Marqués de Amboage.
Esta tradición remóntase hai 133 anos, cando veciños e veciñas da cidade reuníronse por primeira vez na praza para recordar ao benefactor ferrolán e hoxe en día esta data tamén serve para estreitar os lazos de irmandade co municipio portugués de Vila do Conde.
A través desta ofrenda floral, que sempre se realiza o 31 de agosto -día de San Ramón e último día das festas de verán da cidade-, lémbrase a memoria do marqués.













