• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación financiará obras de mellora da seguridade viaria nos Canedos e O Pazo, en Frades

Valentín González Formoso trasladoulle ao alcalde, Roberto Rey, que a achega provincial necesaria para completar o financiamento da actuación será incluída no vindeiro expediente de modificación de créditos

David Por David
01/09/2026
en #Destacado, A Coruña, Política
0
A Deputación financiará obras de mellora da seguridade viaria nos Canedos e O Pazo, en Frades
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo unha reunión co alcalde de Frades, Roberto Rey, na que abordaron diferentes asuntos de interese para o municipio e, en particular, o financiamento do proxecto de mellora da seguridade viaria nos Canedos, na parroquia de Mesos, e no núcleo do Pazo, na parroquia de Abellá.

Durante o encontro, González Formoso trasladoulle ao rexedor que a achega económica necesaria para completar o financiamento provincial da actuación será incluída no vindeiro expediente de modificación de créditos da Deputación.

A institución provincial achegará así un total de 117.328 euros, o 80% do investimento, mentres que o Concello de Frades asumirá o 20% restante. O proxecto conta cun orzamento global de 146.660 euros, que se articulará a través dun convenio de colaboración entre ambas administracións.

As obras permitirán mellorar as condicións de seguridade viaria en ambos os núcleos mediante o acondicionamento das marxes das vías con zahorra, pavimento de formigón e bordos de delimitación.

Nos Canedos actuarase en catro treitos de 125, 115, 170 e 125 metros. A intervención incluirá tamén a execución de 295 metros de canal de formigón para a recollida de augas pluviais, outros 295 metros de tubaxe de 400 milímetros de diámetro e dez pozos de rexistro con sumidoiro. Ademais, realizarase a canalización para o alumeado público e instalaranse 13 arquetas.

No núcleo do Pazo, os traballos desenvolveranse en dous treitos de 105 e 75 metros. Neste caso, executaranse 180 metros de canal para pluviais e 200 metros de tubaxe, ademais de seis pozos de rexistro con sumidoiro e a canalización do alumeado público, con catro novas arquetas. Unha actuación que mellorará a seguridade viaria das numerosas persoas que acceden ao camposanto.

González Formoso destacou a importancia da colaboración cos concellos para sacar adiante actuacións deste tipo, orientadas a mellorar a seguridade dos peóns e a calidade das infraestruturas municipais nos núcleos rurais. Pola súa banda, Roberto Rey interesouse polos avances na licitación da senda peonil entre Aiazo e Ponte Carreira, aprobada no Pleno Provincial do pasado mes de marzo, e aproveitou para presentar ao presidente provincial un proxecto par a creación dun itinerario peonil entre a DP-3801 e a DP-3802 dende a Igrexa de Moar ao cruce de Cimadevila, aprobado por unanimidade no pleno municipal de xullo.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Rueda califica al sector vitivinícola como estratégico y confía en una vendimia abundante y de calidad

Siguiente

O alcalde de Ferrol preside a ofrenda ao Marqués de Amboage

David

David

Relacionado Entradas

Unha muller faleceu en Sanxenxo tras ser alcanzada por un vehículo
#Destacado

Arden dos coches en el aparcamiento exterior de una residencia en Pontevedra

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia
#Destacado

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión
#Destacado

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas
#Destacado

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío
#Destacado

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao
#Destacado

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao

Siguiente
O alcalde de Ferrol preside a ofrenda ao Marqués de Amboage

O alcalde de Ferrol preside a ofrenda ao Marqués de Amboage

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Programación de Hoy

Martes 15/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.