• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación concede máis de 206.000 euros en 59 bolsas para apoiar aos mellores deportistas da provincia

O BOP publica hoxe a concesión definitiva das bolsas de 3.500 euros para deportistas de modalidades olímpicas e proximamente concederanse outras catro para deportes non olímpicos

David Por David
09/09/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación concede máis de 206.000 euros en 59 bolsas para apoiar aos mellores deportistas da provincia
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña destina este ano 206.500 euros ao apoio directo aos deportistas máis destacados da provincia, a través do seu programa de bolsas deportivas. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a resolución definitiva da convocatoria correspondente ás modalidades olímpicas, que concede 59 bolsas de 3.500 euros cada unha.

As axudas distribúense entre diferentes grupos de idade, desde deportistas de 12 anos ata maiores de 33, e abarcan disciplinas como atletismo, natación, taekwondo, remo, piragüismo, halterofilia, judo, bádminton, vela, tríatlon, golf ou skateboard.

Entre as persoas beneficiarias desta edición figuran algúns dos nomes máis destacados do deporte galego e español, como a atleta ribeirense Ana Peleteiro, medallista olímpica, ou a mugardesa Belén Toimil, referente do lanzamento de peso español e internacional coa selección española. Tamén reciben bolsa deportistas cunha destacada traxectoria en disciplinas como a natación, o remo, o piragüismo, o taekwondo ou a halterofilia.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou que «estas bolsas son unha aposta directa polo talento deportivo da provincia e, sobre todo, polo enorme esforzo que hai detrás de cada deportista e das súas familias».

«Chegar ao máis alto nivel require moitas horas de adestramento, desprazamentos, material e compatibilizar o deporte coa formación académica e coa vida persoal. Desde a Deputación queremos contribuír a que as nosas e os nosos deportistas poidan seguir avanzando e competindo nas mellores condicións posibles», afirmou Leira.

O deputado lembrou que o programa provincial ten servido durante anos como apoio na progresión de deportistas que posteriormente acadaron éxitos nacionais e internacionais. Ana Peleteiro, o boxeador coruñés Emmanuel Reyes, medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de París, o piragüista betanceiro Carlos Arévalo ou Belén Toimil son algúns dos deportistas da provincia que contaron con estas bolsas ao longo das súas carreiras.

O programa chegará este ano ás 63 bolsas

Antonio Leira anunciou ademais que proximamente se publicará a concesión doutras catro bolsas de 3.500 euros destinadas a deportistas de modalidades non olímpicas, unha novidade coa que a Deputación amplía o alcance do programa. Con elas, serán 63 os deportistas apoiados directamente pola institución provincial en 2026.

«Queremos que estas axudas cheguen a máis deportistas e tamén a máis modalidades. O deporte provincial ten cada vez máis nivel e a nosa responsabilidade é acompañar ese talento e crear as condicións para que poida seguir medrando», sinalou Leira.

Seguir incrementando as bolsas a deportistas en 2027

O deputado avanzou tamén que o goberno provincial traballa xa na creación doutras nove bolsas para o vindeiro ano, co obxectivo de seguir ampliando progresivamente o programa.

«Este apoio da Deputación ten un impacto importante na carreira dos deportistas, especialmente cando comezan. Por iso queremos seguir aumentando o número de bolsas e consolidar este programa como unha ferramenta estable de apoio ao deporte de alto nivel da provincia», concluíu.

O goberno de Valentín González Formoso incrementou nos últimos anos tanto o número como a contía destas bolsas, destinadas a facilitar que os deportistas poidan compatibilizar a práctica deportiva de alto nivel coa súa formación académica e persoal.

A Deputación mantén tamén o seu compromiso coa igualdade no deporte, a través do apoio ao deporte feminino e de diferentes programas de sensibilización e formación destinados a reducir a brecha de xénero, combater estereotipos e fomentar novos referentes para as xeracións máis novas.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Galicia loita contra o lume. Se ves un incendio chama ao 085

Siguiente

Abel Caballero reclama á Xunta a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado de ensino obrigatorio

David

David

Relacionado Entradas

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial
#Destacado

Ourense inicia as obras de restauración integral da pasarela de Outariz cun proxecto de 1,6 millóns de euros

Rescatan o corpo dunha persoa falecida en Verea
#Destacado

Falece un traballador tras caer dun edificio en construción en Negreira

Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole e atende novas demandas veciñais
#Destacado

Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole e atende novas demandas veciñais

O PPdeG acusa a Sánchez de tratar aos menores migrantes como «mercadorías»
#Destacado

O PPdeG acusa a Sánchez de tratar aos menores migrantes como «mercadorías»

La Xunta aprueba el Plan estratégico de Salud Mental de Galicia 2026-2030
#Destacado

La Xunta aprueba el Plan estratégico de Salud Mental de Galicia 2026-2030

O Plan de Barrios 2026-2027 comezará en Prioriño e percorrerá 30 barrios e parroquias de Ferrol
#Destacado

O Plan de Barrios 2026-2027 comezará en Prioriño e percorrerá 30 barrios e parroquias de Ferrol

Siguiente
Abel Caballero reclama á Xunta a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado de ensino obrigatorio

Abel Caballero reclama á Xunta a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado de ensino obrigatorio

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Programación de Hoy

Miércoles 09/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.