• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña apoia a 74ª Tempada Lírica, que consolida A Coruña como unha das grandes cidades da ópera en España

O portavoz do Goberno da Deputación, Bernardo Fernández, participou na presentación da programación, que inclúe a estrea en Galicia de Jenůfa e o regreso de Tosca á escena coruñesa

David Por David
05/05/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña apoia a 74ª Tempada Lírica, que consolida A Coruña como unha das grandes cidades da ópera en España
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña apoia, un ano máis, a Tempada Lírica da Coruña, que alcanza xa a súa 74ª edición cunha espectacular programación centrada na forza feminina e con dúas grandes producións operísticas como protagonistas: Jenůfa, de Leoš Janáček, que se estreará por primeira vez en Galicia, e Tosca, de Giacomo Puccini, que regresará á escena coruñesa despois de 22 anos.

O deputado portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, participou esta mañá no Concello da Coruña na rolda de prensa de presentación da nova tempada, xunto ao concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro; o director da Agadic, Jacobo Sutil; e o representante de Amigos da Ópera da Coruña, José Luis Méndez Romeu.

Durante a súa intervención, Bernardo Fernández destacou que a Tempada Lírica «forma xa parte da identidade cultural da Coruña» e puxo en valor a capacidade deste proxecto para medrar ano tras ano mantendo unha programación de primeiro nivel.

«Non é casualidade que a Tempada Lírica cumpra 74 edicións sendo capaz de seguir traendo á cidade actuacións do máis alto nivel. Detrás hai un proxecto claro, unha entidade comprometida coa difusión da cultura, unha demanda por parte dos afeccionados coruñeses á ópera e tamén un apoio institucional constante», afirmou.

O deputado lembrou que a colaboración da Deputación da Coruña con Amigos da Ópera é unha aposta sostida ao longo de décadas. «Estamos convencidos de que a cultura é un investimento estratéxico e de que a Tempada Lírica da Coruña é un dos grandes motores culturais desta provincia», sinalou.

Fernández salientou que esa continuidade permitiu traer á Coruña nos últimos anos grandes títulos do repertorio operístico, con producións que sitúan a cidade «no mapa lírico estatal e internacional». Neste sentido, citou obras como Carmen, de Bizet; Aida, de Verdi; ou Tosca, de Puccini, que poderá verse no Palacio da Ópera os días 22 e 24 de outubro.

Primeira representación de Jenůfa en Galicia

A 74ª Tempada Lírica abrirase en setembro cunha das grandes apostas desta edición: Jenůfa, de Leoš Janáček, que se representará no Palacio da Ópera os días 17 e 19 de setembro. Será a primeira vez que esta obra se poida ver en Galicia e A Coruña converterase nunha das poucas cidades españolas que a levaron a escena.

Bernardo Fernández cualificou esta elección como «especialmente significativa», ao tratarse dunha obra pouco frecuente que só se programa nas grandes prazas operísticas. «Esta aposta de Amigos da Ópera revela a confianza no público coruñés, que leva anos demostrando que está preparado para propostas ambiciosas», afirmou.

Ademais, Jenůfa chegará á cidade como unha nova coprodución entre Amigos da Ópera da Coruña e Ópera Garage Producciones, con dirección escénica de Emiliano Suárez e Vanessa Goikoetxea como protagonista. Para Fernández, este feito reforza a dimensión creativa da tempada: «Non só traemos grandes espectáculos, senón que tamén participamos na súa creación. Iso é fundamental para consolidar un proxecto cultural con identidade propia, que sitúe A Coruña como cidade de ópera».

A programación desta 74ª edición incluirá preto dunha vintena de actividades líricas abertas a distintos públicos e espazos da cidade. Entre elas figuran unha nova colaboración con Viñetas desde o Atlántico, a décima edición do curso de interpretación vocal, conferencias introdutorias, proxeccións de ópera e cine, recitais de lírica inclusiva e unha nova edición do programa Ópera para nenos.

Este programa achegará a ópera a máis dun milleiro de estudantes da cidade e da súa área de influencia e, como novidade, tamén chegará ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, permitindo que nenos e nenas ingresadas, as súas familias e o persoal sanitario poidan gozar dunha actividade cultural pensada para achegar a lírica á cidadanía.

Outro dos eixos da tempada será a lírica inclusiva, que ampliará este ano o seu radio de acción coa colaboración na programación do Festigual. Haberá recitais gratuítos no Centro Cívico de Monte Alto, no Círculo de Artesáns e no Fórum Metropolitano, con acceso libre ata completar aforo.

Tosca volve ao Palacio da Ópera da Coruña

A tempada complétase co regreso de Tosca, de Puccini, que se representará os días 22 e 24 de outubro no Palacio da Ópera. A produción do Opéra-Théâtre de Metz contará con Miren Urbieta-Vega no papel de Tosca, Ragga Eldin como Cavaradossi e Carlos Álvarez como Scarpia, coa participación da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Paul-Émile Fourny, e os coros Gaos e Cantabile.

Bernardo Fernández rematou a súa intervención recoñecendo o traballo de Amigos da Ópera da Coruña, «a asociación lírica máis antiga de España», e trasladando o compromiso da Deputación de seguir acompañando este proxecto cultural.»O noso compromiso é seguir estando aí, apoiando a Amigos da Ópera para que A Coruña siga sendo unha referencia no mundo da lírica», concluíu.

A 74ª Tempada Lírica da Coruña conta co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Fundación Emalcsa e o INAEM, ademais da colaboración de Afundación, o Museo de Belas Artes da Coruña, Viñetas desde o Atlántico, o Conservatorio Superior de Música da Coruña, o Hospital Teresa Herrera e a Filmoteca de Galicia.

A venda de abonos e entradas para persoas asociadas abrirase a finais de maio nas oficinas de Amigos da Ópera. O público xeral poderá adquirir as súas entradas desde comezos de xuño a través de Ataquilla, na praza de Ourense e, nos días de representación, tamén na taquilla do Palacio da Ópera.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O PPdeG e Unións Agrarias acordan constituír unha Comisión de estudo no Parlamento para analizar a situación do sector lácteo galego

Siguiente

El 80% de los trabajadores en España ha sufrido ansiedad por motivos laborales

David

David

Relacionado Entradas

Morre un camioneiro tras precipitarse desde un viaduto da A-52 en Melón
#Destacado

Un accidente con tres vehículos implicados deixa unha persoa excarcerada en Tomiño

La falta de lluvias preocupa al campo gallego: el maíz, en riesgo por el calor del verano
#Destacado

La falta de lluvias preocupa al campo gallego: el maíz, en riesgo por el calor del verano

El tiempo en Galicia esta semana: vuelven las temperaturas suaves, con nubes y lluvias en algunas zonas
#Destacado

El tiempo en Galicia esta semana: vuelven las temperaturas suaves, con nubes y lluvias en algunas zonas

Festival Noroeste Estrella Galicia 2026 en A Coruña: cartel completo, conciertos, horarios, escenarios y guía definitiva
#Destacado

Festival Noroeste Estrella Galicia 2026 en A Coruña: cartel completo, conciertos, horarios, escenarios y guía definitiva

Las 50 fiestas que no te puedes perder esta semana en Galicia: conciertos, orquestas, verbenas y festivales del 3 al 9 de agosto de 2026
#Destacado

Las 50 fiestas que no te puedes perder esta semana en Galicia: conciertos, orquestas, verbenas y festivales del 3 al 9 de agosto de 2026

Fiestas de San Roque de Melide 2026: conciertos, orquestas, horarios y programa completo para no perderte nada
#Destacado

Fiestas de San Roque de Melide 2026: conciertos, orquestas, horarios y programa completo para no perderte nada

Siguiente
Altas médicas, acoso laboral y conciliación: principales preocupaciones de los trabajadores

El 80% de los trabajadores en España ha sufrido ansiedad por motivos laborales

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 05/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Morre un camioneiro tras precipitarse desde un viaduto da A-52 en Melón

Un accidente con tres vehículos implicados deixa unha persoa excarcerada en Tomiño

La falta de lluvias preocupa al campo gallego: el maíz, en riesgo por el calor del verano

La falta de lluvias preocupa al campo gallego: el maíz, en riesgo por el calor del verano

El tiempo en Galicia esta semana: vuelven las temperaturas suaves, con nubes y lluvias en algunas zonas

El tiempo en Galicia esta semana: vuelven las temperaturas suaves, con nubes y lluvias en algunas zonas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.