• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña esixe á Xunta de Galicia a gratuidade da autovía AG-55

A moción foi aprobada cos votos favorables de PSOE, BNG, AV e a abstención do Partido Popular

David Expósito Por David Expósito
30/04/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña esixe á Xunta de Galicia a gratuidade da autovía AG-55
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña aprobou este mércores, no pleno ordinario de abril, a moción presentada polo PSdeG-PSOE e BNG para exixir á Xunta de Galicia a eliminación das peaxes da autovía AG-55, que conecta A Coruña e Carballo. A proposta, aprobada cos votos de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e a abstención do PP, tamén demanda a execución dun plan de mantemento urxente para corrixir os puntos de acumulación de auga e o mal estado do firme na autovía.

A institución provincial reclama á Xunta o rescate da autoestrada Carballo-A Coruña amparándose no procedemento levado a cabo o 10 de outubro de 2024, cando a entidade autonómica liberou cun investimento de 297 millóns de euros as autovías do Salnés, do Barbanza, de Ourense-Celanova e de Santiago-Brión.

O voceiro do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, destacou a marxinación que sofre a Costa da Morte por parte da Xunta de Galicia ao seguir permitindo que sexa a súa veciñanza a que costee a “infraestrutura estratéxica cun réxime de concesión”. O deputado sinalou a importancia de solucionar esta situación, xa que a autovía é “fundamental para a comunicación da comarca coa cidade da Coruña e dos polígonos industriais co porto exterior de Punta Langosteira”.

O voceiro socialista fixo fincapé no incremento anual do prezo da peaxe que teñen que asumir os veciños e as veciñas da Costa da Morte. As persoas que queiran ir de Carballo á Coruña, pagan un total de 2,60 euros; quen queira ir de Paiosaco a Carballo, paga 1,35 euros; de Arteixo á Laracha, 1,30 euros; e da Laracha a Carballo, 0,85 euros.

“A todo isto hai que sumarlle que esta autovía está repleta de rebacheos, tramos en mal estado de conservación e ten ducias de puntos onde se concentran balsas de augas os días que chove”, engadiu Bernardo Fernández. Entre os puntos presentados na moción, os socialistas e nacionalistas reclaman a elaboración dun plan de mantemento urxente como garantía de seguridade vial.

A portavoz do BNG, Avia Veira, lembrou que se trata dunha “conexión vital dunha comarca esquecida pola Xunta” e incidiu en que a vía está “chea de curvas perigosas e en malas condicións de seguridade e conservación, pero hai que pagar por uitilizala”.

Veira denunciou o que considera “discriminación territorial que supón un custe de centos de euros en peaxes cada mes ás familias”.

Pola súa banda, o portavoz do PP, Evaristo Ben, lembrou que o seu grupo presentou unha emenda ao texto- que non foi aprobada- estendendo a petición da gratuidade das peaxes ás autoestradas AP-9 e AP-53, unha cuestión que centrou boa parte da súa intervención.

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026

O portavoz de AV, Ángel García Seoane, lembrou cando os concellos da comarca coruñesa se mobilizaron de forma conxunta para esixir eliminación da peaxe da Barcala, “algo que conseguimos” e instou a mobilizarse “todos nunha mesma liña” para eliminación das peaxes. “A peaxe de Carballo a Arteixo non ten nome, non hai nin 5 kilómetros. Iso non pasa en ningunha parte de España”, afirmou.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

O sistema de emerxencias galego, un dos máis avanzados, eficaces e recoñecidos de Europa

Siguiente

A Deputación da Coruña aproba 1,83 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria en Carballo, Dumbría, Cerceda, Oza-Cesuras e Cedeira

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Terminal del Aeropuerto Francisco Sá Carneiro de Oporto (OPO), principal nodo aéreo del noroeste peninsular con más de un centenar de rutas directas
#Destacado

A qué destinos puedes volar desde el aeropuerto de Oporto (OPO): mapa completo de rutas directas

Degustación gastronómica y ambiente festivo bajo carpa durante una celebración otoñal en Galicia
#Destacado

Todas las fiestas en Galicia este fin de semana (21 y 22 de noviembre de 2026): guía por provincias

El comunicador y creador de contenidos Vito Quiles durante una de sus intervenciones públicas en el marco de su gira Combativos.
#Destacado

Quién es Vito Quiles: biografía, trayectoria mediática y causas judiciales abiertas

tiempo soleado en la torre de hércules de a coruña
#Destacado

El tiempo en Galicia este fin de semana: previsión de lluvias y temperaturas para el sábado 21 y domingo 22 de noviembre

Vito Quiles durante su intervención en A Coruña, donde ofreció un mitin en el marco de su gira 'Tour Combativos II', en una jornada marcada por las protestas y el despliegue policial.
#Destacado

Protestas contra Vito Quiles en A Coruña: movilizaciones, presencia policial y vídeos de una tarde de tensión

Despliegue policial en A Coruña con motivo del acto de Vito Quiles y las protestas convocadas por su visita a la ciudad.
#Destacado

Vito Quiles cambia de escenario en A Coruña ante las protestas convocadas por su visita

Siguiente
A Deputación da Coruña aproba 1,83 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria en Carballo, Dumbría, Cerceda, Oza-Cesuras e Cedeira

A Deputación da Coruña aproba 1,83 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria en Carballo, Dumbría, Cerceda, Oza-Cesuras e Cedeira

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 22/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Terminal del Aeropuerto Francisco Sá Carneiro de Oporto (OPO), principal nodo aéreo del noroeste peninsular con más de un centenar de rutas directas

A qué destinos puedes volar desde el aeropuerto de Oporto (OPO): mapa completo de rutas directas

Degustación gastronómica y ambiente festivo bajo carpa durante una celebración otoñal en Galicia

Todas las fiestas en Galicia este fin de semana (21 y 22 de noviembre de 2026): guía por provincias

El comunicador y creador de contenidos Vito Quiles durante una de sus intervenciones públicas en el marco de su gira Combativos.

Quién es Vito Quiles: biografía, trayectoria mediática y causas judiciales abiertas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.