• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña remata as obras da nova estación náutica do lago das Pontes

Valentín González Formoso e Xosé Regueira supervisaron o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de máis de 340.000 euros, financiada con fondos europeos

David Expósito Por David Expósito
15/07/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña remata as obras da nova estación náutica do lago das Pontes
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, o vicepresidente provincial e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, e a concelleira de Turismo, Deportes e Promoción Económica, Elena López, supervisaron o remate das obras de acondicionamento do terreo e acceso á auga para a nova estación náutica do lago das Pontes.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

A actuación supuxo un investimento de 340.536,35 euros e foi financiada con fondos europeos Next Generation, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Fragas do Eume, integrado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As obras permitiron crear unha explanada de máis de 3.800 metros cadrados destinada á práctica de actividades náuticas e deportivas. O novo espazo conta cunha zona de gradas, escaleiras e plataformas que facilitan o acceso á auga de embarcacións de remo, como caiacs, e cunha rampla de ata 14 metros de ancho para embarcacións de vela lixeira e lanchas pneumáticas de apoio.

Valentín González Formoso destacou que esta actuación “dá un novo paso na transformación do lago das Pontes nun espazo de referencia para o deporte, o lecer e o turismo de natureza”.

“Este lago artificial, o máis grande de Europa, é un dos grandes activos ambientais e turísticos das Pontes e esta nova infraestrutura permitiranos aproveitar todo o seu potencial. Se ben xa é un lugar consolidado de práctica deportiva, requiría dun acceso cómodo e seguro para todas as persoas que veñen practicar deporte”, afirmou.

Engadiu Formoso que “o que conseguimos con este investimento de fondos europeos é, por unha banda, unha infraestrutura que albergue todas as embarcacións —agora espalladas en distintas instalacións provisionais— e, pola outra, preparar o terreo para o futuro espazo cuberto que solucione os problemas de almacenamento dos clubs”. “Hoxe é un día importante porque ampliamos o catálogo de servizos públicos cos que conta o lago”, rematou o presidente provincial.

Pola súa banda, Xosé Regueira sinalou que a estación náutica “incorpora unha nova experiencia turística á oferta da comarca e contribúe a consolidar un destino diferenciado, ligado á paisaxe, á sustentabilidade e ás actividades ao aire libre”. 

O vicepresidente provincial fixo fincapé en que “este espazo está chamado a ser un fito dentro do turismo da provincia”. Falou sobre as diferentes actuacións que o departamento de Turismo da Deputación está a acometer, como a das Fragas do Eume, a do Xeoparque Cabo Ortegal, da candidatura da cidade de Ferrol a Patrimonio Mundial ou da recuperación do patrimonio militar da Costa Ártabra.

Deste xeito, Regueira situou ao lago das Pontes como referente “do turismo de augas interiores, que ofrece unha importante oferta deportiva, pero tamén de ocio. É fundamental para xestionar fluxos turísticos e evitar masificacións noutros puntos da provincia”.

Zona de desinfección de embarcacións e novas redes de servizos

O proxecto inclúe unha zona de 50 metros cadrados para a limpeza e desinfección obrigatoria das embarcacións antes da súa entrada no lago. Este espazo dispón de abastecemento de auga e dun sistema específico de recollida e bombeo que conduce as augas empregadas ata a rede de saneamento, evitando calquera vertido ao lago.

O sistema conta con dúas bombas, control e monitorización a distancia e un depósito de emerxencia de 5.000 litros, deseñado para almacenar as augas en caso de avaría e garantir a protección do medio natural.

A actuación completouse coa instalación das redes de abastecemento, saneamento, drenaxe e electricidade, así como con novos proxectores LED para iluminar a área. Tamén se executaron muros de escollera para a contención do terreo, varandas de seguridade, cunetas para a evacuación das augas pluviais e a sinalización no acceso.

A obra incorporou materiais procedentes de reciclaxe na base da explanada e incluíu a revexetación dos noiros.

O proxecto forma parte do PSTD Fragas do Eume, que mobiliza un investimento global de tres millóns de euros para impulsar actuacións sostibles nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Galicia recibirá 29 millones para 190 proyectos y 61 contratos predoctorales

Siguiente

O PPdeG acusa ao BNG de promover un candidato a adxunto á Valedora

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Aerotermia, pellets o gas: qué calefacción elegir en Galicia para ahorrar este invierno.
#Destacado

¿Cuál es la mejor calefacción para Galicia? Comparativa y consejos para ahorrar

Lama Zeta 2026 regresa a EXPOCoruña con artesanía, plantas y música
#Destacado

Lama Zeta 2026 en A Coruña: fecha, horario y actividades

A Coruña levanta a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros para protexer o paseo marítimo
#Destacado

A Coruña constrúe a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros contra os temporais

Así funcionará la nueva intermodal de A Coruña
#Destacado

Nueva estación intermodal de A Coruña: qué autobuses puedes coger, cuáles no y dónde aparcar

Mondoñedo quiere brillar esta Navidad
#Destacado

Mondoñedo quiere brillar esta Navidad: así puedes votar por el pueblo gallego en el concurso de Ferrero Rocher

Rueda y Microsoft exploran nuevas vías de colaboración tecnológica
#Destacado

Rueda y Microsoft España estudian nuevas vías de colaboración en inteligencia artificial en Galicia

Siguiente
O PPdeG acusa ao BNG de promover un candidato a adxunto á Valedora

O PPdeG acusa ao BNG de promover un candidato a adxunto á Valedora

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Martes 27/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Aerotermia, pellets o gas: qué calefacción elegir en Galicia para ahorrar este invierno.

¿Cuál es la mejor calefacción para Galicia? Comparativa y consejos para ahorrar

Lama Zeta 2026 regresa a EXPOCoruña con artesanía, plantas y música

Lama Zeta 2026 en A Coruña: fecha, horario y actividades

A Coruña levanta a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros para protexer o paseo marítimo

A Coruña constrúe a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros contra os temporais

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.