• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación de Lugo distribuirá 25,5 millóns de euros aos 67 concellos da provincia

O Goberno provincial sacou adiante a proposta coa relación de actuacións e proxectos solicitados polas entidades locais con cargo ao programa de investimentos para esta anualidade, contando con 22,25M€ achegados pola Deputación provincial

David Por David
06/04/2026
en Lugo
0
A Deputación de Lugo distribuirá 25,5 millóns de euros aos 67 concellos da provincia
FacebookXWhatsApp

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de actuacións e proxectos que os 67 concellos da provincia propuxeron para executar ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026, que nesta anualidade conta con 22,25M€ de fondos da institución provincial.

O Goberno provincial sacou adiante deste xeito a súa proposta a favor deste programa de investimentos, que inxecta 25,5M€ de fondos públicos no tecido social e económico da provincia, tendo en conta as achegas dos concellos, que ascenden en total a máis de 3M€. O investimento servirá para executar 300 actuacións, 274 novos postos de traballo e máis de 200.000 horas de axuda no fogar beneficiando a 2.000 persoas.

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, puxo en valor este Plan que “é unha aposta estratéxica polo desenvolvemento equilibrado da provincia, que mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas e dinamiza a economía local, creando emprego, fortalecendo servizos sociais e fomentando a cohesión territorial”. 

“Un ano máis, a aprobación dos proxectos a principios de ano permite aos concellos planificar con previsión, xestionar mellor os recursos económicos e executar as actuacións con máis eficacia e axilidade, co obxectivo de ofrecer resultados concretos e mellorar a vida da veciñanza”, subliñou Carmela López.

Este programa responde ás necesidades concretas de cada municipio, reforzando a súa autonomía e responsabilidade. Ademais, garante unha distribución dos fondos transparente e baseada en criterios obxectivos, favorecendo así a equidade e o desenvolvemento equilibrado do territorio. O reparto baséase na ponderación dos concellos en canto a poboación (40%); núcleos de poboación (25%), superficie (20%), ou o envellecemento da poboación (15%), cun límite por municipio dun mínimo de 150.000€ e un máximo de 600.000€.

A Voceira Socialista do Goberno provincial defendeu o carácter equitativo e obxectivo do reparto dos fondos deste Plan, co que “máis do 60% dos fondos destínanse a infraestruturas e servizos básicos, con máis de 12M€ para arranxo de estradas, mellora de accesos e pavimentacións, actuacións fundamentais para fortalecer a cohesión territorial e garantir igualdade de oportunidades entre todas as zonas da provincia”

“Trátase dunha ferramenta real e útil, valorada polos concellos da provincia porque garante que non haxa favoritismos nin discriminacións. Todos os concellos son tratados por igual, con criterios obxectivos e transparentes, asegurando que todos, independentemente de quen goberne, reciba financiamento para investimentos e gastos que outras administracións non cobren, e ademais o consegue ofrecéndolles autonomía e total garantía xurídica”, recalcou Pilar García Porto. Fixo fincapé ademais que “a Deputación existe para cooperar, non para tutelar; para axudar, non para impoñer; para equilibrar, non para discriminar”.

A Voceira lembrou que o Plan ten en conta a realidade da provincia, marcada polo envellecemento e a dispersión poboacional, corrixindo desigualdades e priorizando os concellos que máis o necesitan. “Fronte aos relatos que pretenden situar a este Plan como un privilexio para uns poucos, a realidade é que chega a toda a provincia con criterios de equidade. Isto é política útil: gobernar con responsabilidade”, afirmou.

Investimentos, o gran eixo do Plan con 17M€

Superan os 17M€ os investimentos, as obras e as subministracións, que son o gran eixo do Plan Deputación e destacan cunha dotación de 12M€ os fondos destinados ao arranxo de estradas, accesos a núcleos e pavimentación.

En total, son 301 actuacións repartidas entre os 67 concellos da provincia. Ademais da renovación de firmes en vías, pistas e camiños municipais, estes fondos servirán para acometer redes de abastecemento de augas, mellorar o alumeado público, manter e crear locais sociais, realizar plans de ordenación de tráfico ou contribuír á conservación do patrimonio, mellorar instalacións públicas ou dotar aos concellos doutras novas e, en definitiva, á atención de necesidades que presenta cada unha das localidades en materia de infraestruturas.

3,73M€ para crear emprego

En relación co fomento do emprego, os concellos destinarán 3,7M€ a impulsar iniciativas que permitan a creación de postos de traballo. Un dos programas máis importantes, que axuda a que as persoas consigan asentarse no lugar onde residen, á vez que se fai fronte ao desemprego e se xera riqueza en cada unha das localidades.

En total, grazas ao Plan Deputación, vanse crear 274 postos de traballo de emprego básico e proximidade, priorizando o mantemento municipal, os servizos públicos esenciais e a dinamización turística e social, adaptando ás necesidades reais de cada concello. Postos con funcións moi diversas, como peóns, oficiais e operarios cualificados, auxiliares administrativos, persoal de limpeza, técnicos de turismo, monitores deportivos, animadores, auxiliares de atención a maiores, periodistas, enxeñeiros ou arquitectos.

O terceiro eixo: axuda no fogar con 3,34M€

Os Servizos Sociais constitúen o terceiro gran bloque do Plan Deputación, porque axuda aos concellos a financiar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Un programa fundamental para que as persoas maiores, dependentes ou con algún tipo de discapacidade poidan seguir vivindo na súa casa recibindo apoio profesional para a atención persoal, apoio doméstico, acompañamento e supervisión. A institución provincial achega aos municipios máis de 2M€, que se suman aos 1,3M€ dos concellos para garantir un servizo esencial, básico para o benestar e moi demandado na provincia polo envellecemento da poboación.

A través desta ferramenta provincial fináncianse 200.000 horas de SAF que permiten que unhas 2.000 persoas na provincia queden na súa casa. En cada caso, realízase unha valoración técnica que establece que tipo de actuacións é necesario levar a cabo para dar a resposta máis axeitada posible. Ademais o SAF é un servizo que xera un gran volume de emprego nos municipios. A maior parte das persoas que traballan no SAF son mulleres que residen no propio municipio, un feito que lles permite desenvolver a súa vida profesional sen ter que realizar grandes desprazamentos e avanzar en materia de conciliación.

Actividades culturais, deportivas e accións turísticas

Os concellos destinarán preto de 900.000€ a actividades culturais, deportivas e turísticas. Este apartado permite financiar concertos, actuacións, edición de libros, escolas de música ou eventos tradicionais como o Entroido, os magostos ou o Nadal. Tamén posibilita campañas de promoción turística e actividades deportivas como cursos, carreiras populares ou torneos.

Así mesmo, este ano os concellos seguen apostando por investir na mellora da administración electrónica e de protección de datos, un programa que ascende a 235.542,86€.  O Plan Deputación tamén inclúe nas súas bases un apartado propio para Protección Civil ao que poden acceder aqueles concellos que dispoñen destas agrupacións. Neste programa este ano vanse incluír gastos correntes relativos a estas unidades que ascenden a máis de 17.000€.

En canto ao programa relativo a feiras, mercados e outros, nesta anualidade os municipios decidiron destinar 277.359,39€, unha cantidade que medra de xeito significativo respecto a anualidades anteriores. A Deputación colabora así con algún dos eventos máis importantes da provincia, como a Feira do Butelo, da Fonsagrada; a Festa da Augardente de Portomarín; a Festa da Cereixa de Ribas de Sil; a Feira de Santos; en Monterroso; a Festa da Androlla, en Navia de Suarna; a Feira do Viño, en Quiroga; ou a Feira da Primavera, do Páramo, entre moitas outras citas.

ShareTweetSend
Publicación anterior

La Diputación de Ourense apoyará la regeneración del patrimonio del Geodestino Trevinca-Valdeorras a través de rutas, senderos y actividades guiadas

Siguiente

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

David

David

Relacionado Entradas

A Deputación de Lugo reforza o vínculo histórico de máis de 70 anos entre Lugo e a Armada de Ferrol
Lugo

A Deputación de Lugo reforza o vínculo histórico de máis de 70 anos entre Lugo e a Armada de Ferrol

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense
Lugo

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

Pedro Blanco destaca que “Lugo vive o seu mellor momento” con 1.400 millóns de inversión do Goberno
Lugo

Pedro Blanco destaca que “Lugo vive o seu mellor momento” con 1.400 millóns de inversión do Goberno

Incendio mortal en Palas de Rei por un posible curtocircuíto nos adornos de Nadal
#Destacado

Incendio mortal en Palas de Rei por un posible curtocircuíto nos adornos de Nadal

Siguiente
Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 06/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.