• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación licita por 92.885 euros as obras de construcción dunha área de autocaravanas en Cabanas

O proxecto, financiado con fondos Next Generation UE no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Fragas do Eume, sae a licitación por segunda vez

David Por David
03/02/2026
en A Coruña
0
A Deputación licita por 92.885 euros as obras de construcción dunha área de autocaravanas en Cabanas
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación por segunda vez as obras de urbanización da área de autocaravanas do concello de Cabanas, logo de quedar deserta a primeira convocatoria. O proxecto conta cun orzamento de 92.885,36 euros e está financiado con fondos Next Generation EU, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Fragas do Eume.

A actuación permitirá acondicionar unha parcela municipal no lugar de As Agras, colindante co campo de fútbol, cunha superficie de preto de 6.000 metros cadrados para a creación dunha área específica destinada ao estacionamento e servizo de autocaravanas, reforzando a oferta turística sostible do municipio e da comarca.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que “o turismo itinerante é unha realidade en auxe e require infraestruturas axeitadas que permitan compatibilizar a acollida de visitantes coa protección de espazos naturais de alto valor, como as Fragas do Eume” e lembrou que en A Capela estase a desenvolver un proxecto do PSTD para a creación dun aparcamento disuasorio e un servizo de lanzadeira en vehículo eléctrico para levar aos visitantes ao parque natural.

O proxecto de Cabanas inclúe a creación de prazas de estacionamento adaptadas, a instalación dun punto de subministración de auga potable, zonas para o baleirado de augas grises e negras e un ecopunto para a recollida selectiva de residuos, ademais de traballos de urbanización, sinalización e mellora da accesibilidade.

Esta área de autocaravanas dará resposta a unha demanda crecente no municipio, especialmente nos meses de maior afluencia turística, permitindo ao Concello de Cabanas ordenar o estacionamento, mellorar os servizos aos visitantes e seguir avanzando nun modelo de turismo sostible.

A actuación cumpre cos criterios de sustentabilidade e co principio europeo de non causar dano significativo (DNSH), incorporando solucións de baixo impacto ambiental e medidas de integración paisaxística. O proxecto enmárcase na estratexia do PSTD Fragas do Eume para favorecer un turismo desestacionalizado e de calidade, ligado ao patrimonio natural e cultural da comarca.

ShareTweetSend
Publicación anterior

¿Subes a esquiar este finde? Esto es lo que deberías revisar en tu coche

Siguiente

Adictos al “like”: 1 de cada 4 personas sube fotos a RRSS porque los likes les hacen sentir bien

David

David

Relacionado Entradas

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío
#Destacado

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao
#Destacado

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao

A Deputación impulsa a nova sede de ASPANAES na Coruña
#Destacado

A Deputación impulsa a nova sede de ASPANAES na Coruña

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada
#Destacado

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Siguiente
Adictos al “like”: 1 de cada 4 personas sube fotos a RRSS porque los likes les hacen sentir bien

Adictos al “like”: 1 de cada 4 personas sube fotos a RRSS porque los likes les hacen sentir bien

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Martes 15/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.