• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación publica a concesión provisional das 60 bolsas para que estudantes da provincia aprendan inglés en Irlanda este verán

O programa financia o 100% dunha estadía de catro semanas en Tipperary, con viaxes, aloxamento, clases, actividades, excursións, seguro e acompañamento incluídos

David Expósito Por David Expósito
27/05/2026
en #Destacado, A Coruña, Cultura
0
A Deputación publica a concesión provisional das 60 bolsas para que estudantes da provincia aprendan inglés en Irlanda este verán
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución provisional das 60 bolsas para o estudo de inglés en Irlanda, unha nova iniciativa da institución provincial dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato de centros públicos da provincia, especialmente pensada para facilitar o acceso da mocidade dos municipios máis pequenos a unha experiencia internacional de inmersión lingüística.

O programa permitirá que 60 mozas e mozos realicen este verán unha estadía de catro semanas en Irlanda para mellorar o seu nivel de inglés, convivir nun contexto internacional e participar nun completo programa formativo, cultural e deportivo. As bolsas cobren o 100% dos custos da experiencia, polo que as familias non terán que asumir ningún gasto.

A estadía desenvolverase na localidade de Tipperary, no sur da República de Irlanda, entre o 1 e o 29 de xullo de 2026. O alumnado viaxará desde Santiago de Compostela ata Dublín e, desde alí, desprazarase en autobús ata o centro de aloxamento e formación, nunha viaxe organizada e acompañada por monitores.

Cada bolsa ten a consideración de axuda pública en especie e un importe de 4.816,61 euros por persoa beneficiaria, destinado a financiar a viaxe de ida e volta, os desprazamentos no país de destino, o aloxamento en residencia de estudantes en réxime de pensión completa, a formación lingüística, as actividades culturais e deportivas, a titorización durante a estadía e o seguro correspondente.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou na presentación do programa que esta iniciativa responde á vontade da institución provincial de “abrir portas a experiencias que poden marcar o futuro académico e profesional da mocidade”. Formoso subliñou que este tipo de estadías “eran ata agora unha oportunidade case exclusiva das grandes cidades” e que o obxectivo da Deputación é que tamén poidan acceder a elas “as mozas e mozos que viven nunha pequena vila ou no rural”.

Nesta mesma liña, o presidente explicou que a selección das persoas participantes ten en conta tanto o expediente académico como a situación económica das familias, reforzando o carácter social da convocatoria. “O valor deste programa é darlle a oportunidade a quen quere, a quen vale, pero non pode asumilo por unha cuestión económica”, sinalou.

Pola súa banda, a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, incidiu en que a finalidade destas bolsas é “garantir que todos os mozos e mozas da provincia teñan as mesmas oportunidades de acceder a unha experiencia internacional, independentemente do concello no que vivan ou da situación económica das súas familias”. Neira destacou tamén que o programa contribuirá a mellorar o nivel de inglés do alumnado, pero tamén a fomentar a súa autonomía persoal, a convivencia e a apertura a novas realidades culturais.

Clases de inglés, convivencia internacional e actividades culturais

A experiencia desenvolverase nun entorno educativo internacional en SEDA College Tipperary, situado no campus de Rockwell College, unha institución con máis de 150 anos de historia. O alumnado aloxarase en residencia, con habitacións compartidas, pensión completa e acceso a instalacións educativas, deportivas e de lecer.

O programa inclúe unha proposta de 20 horas semanais de clase de inglés, con grupos adaptados ao nivel do alumnado e unha metodoloxía centrada na comunicación oral, a participación activa e o uso práctico do idioma. Antes de iniciar as clases realizarase unha proba de nivel para situar a cada estudante no grupo máis axeitado.

A formación académica completarase cun amplo calendario de actividades deportivas, culturais e de convivencia, entre elas danza irlandesa, cociña irlandesa, actividades acuáticas, deportes de equipo, preparación temática, eventos nocturnos e xornadas de convivencia co resto do alumnado internacional.

Durante as catro semanas, as persoas participantes realizarán tamén excursións de día completo para coñecer diferentes lugares de Irlanda. Entre as visitas previstas figuran Cork, con percorrido por zonas emblemáticas da cidade; Kilkenny, co seu castelo e centro histórico; Cashel Town, cunha experiencia vinculada á historia local; e Waterford, coa visita á fábrica Waterford Crystal e actividades culturais complementarias.

O programa inclúe ademais actividades de fin de semana, saídas culturais, visitas a lugares de interese histórico-artístico e propostas orientadas a favorecer unha inmersión real na vida e na cultura irlandesa.

Durante toda a estadía, o alumnado contará con acompañamento de monitores e persoal especializado, así como cun sistema de titorización e seguimento continuo. A organización comunicará previamente ás familias a información loxística do programa e manterá canles de comunicación para garantir o seguimento da experiencia.

No dossier publicado na web da Deputación recóllose tamén información práctica para as persoas beneficiarias sobre a documentación necesaria, equipaxe, roupa recomendable, medicamentos, uso do teléfono móbil, enchufes, cartos en efectivo e outros elementos útiles para a viaxe. Para poder desprazarse a Irlanda será necesario contar con DNI ou pasaporte en vigor, así como coa autorización de saída ao estranxeiro para menores.

A organización recomenda tamén viaxar coa Tarxeta Sanitaria Europea e lembra que a estadía conta cun seguro incluído no programa. No caso do alumnado con necesidades especiais, o documento sinala que todas as actividades poderán contar con adaptacións para garantir a participación en igualdade de condicións.

Cinco días hábiles para alegacións

A resolución publicada no BOP aproba provisionalmente a concesión das 60 bolsas e inclúe tamén unha listaxe de agarda co alumnado que cumpre os requisitos da convocatoria, pero que non acada o número de orde necesario para participar no programa polo límite de prazas dispoñibles.

As persoas solicitantes dispoñen agora dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do  día seguinte ao da publicación da resolución no Boletín Oficial da Provincia (hoxe), para presentar alegacións fronte á concesión provisional ou formular a desistencia expresa da bolsa.

Transcorrido ese prazo sen que se presenten alegacións ou desistencia expresa, a bolsa considerarase aceptada tacitamente. A resolución provisional non crea dereito ningún a favor das persoas beneficiarias ata que a Deputación notifique a resolución definitiva de concesión.

A resolución publicada hoxe no BOP pode consultarse aquí:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/27/2026_0000003478.html

ShareTweetSend
Publicación anterior

Fatiga, mareos y debilidad: las señales de anemia que muchas personas confunden con estrés

Siguiente

El Museo de Estrella Galicia celebra su séptimo aniversario el viernes 19 de junio

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Los artistas gallegos conquistan Spotify
#Destacado

Estos son los artistas gallegos más escuchados en 2026: ranking final

Pablo Alborán triunfa con Global Tour KM0
#Destacado

Pablo Alborán gana el Premio Ondas 2026 a Mejor Gira

¿Qué cubre realmente el seguro de hogar?
#Destacado

¿Que cubre mi seguro de hogar si atropellan a mi mascota o bici?

Productos más robados en España en 2026: el ranking
#Destacado

Estos son los productos más robados en España en 2026

Radio Líder duplica su audiencia en Ivoox con mas de 4.000 descargas diarias
#Destacado

Radio Líder duplica sus descargas y supera las 4.000 diarias

Vigo prepara o asfaltado de 169 rúas en novembro e decembro: estes son os barrios afectados
#Destacado

Vigo prepara o asfaltado de 169 rúas en novembro e decembro: estes son os barrios afectados

Siguiente
El Museo de Estrella Galicia celebra su séptimo aniversario el viernes 19 de junio

El Museo de Estrella Galicia celebra su séptimo aniversario el viernes 19 de junio

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Jueves 05/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Los artistas gallegos conquistan Spotify

Estos son los artistas gallegos más escuchados en 2026: ranking final

Pablo Alborán triunfa con Global Tour KM0

Pablo Alborán gana el Premio Ondas 2026 a Mejor Gira

¿Qué cubre realmente el seguro de hogar?

¿Que cubre mi seguro de hogar si atropellan a mi mascota o bici?

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.