• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A DXT inicia unha campaña especial de control da taxa de alcol e drogas en condutores, que se estenderá ata o domingo 19

Na campaña de xullo de 2025 realizáronse 12.531 probas na provincia da Coruña, con 222 positivos en alcol e 205 en drogas. O alcol foi en 2024 o segundo factor concorrente máis habitual nos sinistros de tráfico e estivo presente no 28% dos sinistros con vítimas mortais.

David Expósito Por David Expósito
13/07/2026
en #Destacado, GALICIA
0
A DXT inicia unha campaña especial de control da taxa de alcol e drogas en condutores, que se estenderá ata o domingo 19
FacebookXWhatsApp

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, apelou hoxe á responsabilidade das persoas condutoras ante os riscos asociados ao consumo de alcol e drogas ao volante. “A única taxa segura é 0,0. Conducir despois de consumir alcol ou drogas pon en perigo a propia vida e a de todas as persoas que comparten a estrada”, advertiu.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Abalde asistiu na peaxe da AP-9 en Fene ao inicio da nova campaña especial de control da taxa de alcol e da presenza de drogas en condutores da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), xunto co capitán da Garda Civil, Tomás Varela Turnes e a xefa provincial de Tráfico da Coruña e coordinadora da DXT en Galicia, Victoria Gómez Dobarro. A campaña desenvolverase ata o domingo 19 e terá unha especial incidencia nas zonas turísticas e de ocio vinculadas a estas datas, moitas delas situadas en ámbitos urbanos. Por este motivo, a DXT promoverá a implicación dos concellos e das policías locais nos controis.

“Falamos de condutas perfectamente evitables que poden ter consecuencias irreparables. A prevención, os controis e, sobre todo, a responsabilidade individual son fundamentais para evitar sinistros e salvar vidas”, sinalou o subdelegado.
O alcol foi en 2024 o segundo factor concorrente máis habitual nos sinistros de tráfico. Segundo os datos da DXT, estivo presente no 12% dos sinistros rexistrados e foi factor concorrente no 28% dos sinistros con vítimas mortais, con 273 casos asociados. Ademais, o 29% das persoas condutoras falecidas ás que se lles realizou a proba de alcoholemia obtiveron un resultado positivo, o que supón un incremento dun punto porcentual respecto a 2023.

Abalde lembrou que o consumo de alcol aumenta o tempo de reacción, provoca unha subestimación da velocidade e afecta á visión e á coordinación. “Mesmo cando unha persoa cre que mantén o control, as súas capacidades para conducir xa poden estar alteradas. Non hai consumo de alcol compatible cunha condución segura”, incidiu.

12.531 probas na provincia da Coruña
Durante a campaña especial desenvolvida en xullo de 2025 realizáronse 12.138 probas de alcol, das que 222 resultaron positivas, e 393 probas de drogas, con 205 positivos. No conxunto de Galicia, a campaña rematou con 31.139 probas realizadas e 928 positivos en, cando menos, unha das dúas substancias.

A nivel estatal, os axentes realizaron probas a 210.957 condutores durante a campaña de xullo de 2025, dos que 4.234 deron positivo en alcol e/ou drogas. Isto supón que máis de 600 condutores foron detectados cada día ao volante tras consumir estas substancias. O 96% destes positivos foron detectados en controis preventivos, mentres que o resto se produciron tras infraccións, sinistros ou ante a presenza de síntomas. “Este dato demostra a importancia dos controis preventivos. Permiten detectar condutas de risco antes de que deriven nun accidente e son unha ferramenta esencial para protexer o conxunto da cidadanía”, destacou Julio Abalde.

O subdelegado quixo tamén recoñecer o traballo da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e do persoal da Dirección Xeral de Tráfico “polo seu labor permanente de vixilancia, prevención e sensibilización nas estradas”.

“Cada decisión conta. Decidir non conducir despois de consumir alcol ou drogas é unha decisión que protexe vidas. Ese é o principal obxectivo desta campaña”, concluíu Abalde.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación achega máis de 215.000 euros para dotar Boqueixón de nova maquinaria de desbroce

Siguiente

Mascotas: el contenido favorito en RRSS de 1 de cada 4 españoles

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche
#Destacado

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?
#Destacado

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

Siguiente
Mascotas: el contenido favorito en RRSS de 1 de cada 4 españoles

Mascotas: el contenido favorito en RRSS de 1 de cada 4 españoles

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 25/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.