• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A primeira operación saída de tráfico prevé 413.000 desprazamentos en Galicia esta fin de semana

Galicia rexistrará 413.000 desprazamentos entre os días 3 e 5 de xullo, dos que 149.000 corresponderán á provincia de Pontevedra, 142.000 á da Coruña, e 61.000 tanto a Lugo como a Ourense.

David Por David
03/07/2026
en #Destacado, GALICIA
0
A primeira operación saída de tráfico prevé 413.000 desprazamentos en Galicia esta fin de semana
FacebookXWhatsApp

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, presentou hoxe no Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste-Cantábrico, con sede na Coruña, a Primeira Operación Especial de Tráfico do Verán 2026, que coordinará a mobilidade en Galicia, Asturias e Cantabria desde as 15:00 horas deste venres 3 de xullo ata as 24:00 horas do domingo 5.

Na presentación participou tamén a coordinadora da Dirección Xeral de Tráfico en Galicia, Victoria Gómez Dobarro; o coronel Xefe do Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia, Antonio Hidalgo, e o director do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste-Cantábrico, Bruno Deschamps.

Durante esta primeira operación saída, a Dirección Xeral de Tráfico prevé 413.000 desprazamentos nas estradas galegas, coincidindo co inicio das vacacións para milleiros de persoas e coa primeira fin de semana completa de xullo.
Por provincias, estímase que 149.000 vehículos circularán por Pontevedra, 142.000 pola provincia da Coruña, mentres que Lugo e Ourense rexistrarán 61.000 desprazamentos cada unha.

Julio Abalde destacou que este dispositivo forma parte da campaña especial de verán, que permanecerá activa ata o próximo 6 de setembro. Ao longo do mes de xullo prevese que as estradas galegas soporten 4.550.000 desprazamentos, dos que 1.641.000 corresponderán a Pontevedra, 1.567.000 á Coruña, 671.000 a Lugo e 671.000 a Ourense.

O subdelegado lembrou que o verán concentra un importante incremento da mobilidade cara ás zonas costeiras, praias, destinos turísticos e localidades que celebran festas patronais, así como un maior número de desprazamentos de curto percorrido, nos que adoita producirse un exceso de confianza ao volante. “Quero facer un chamamento á prudencia”, apelou o subdelegado. “É fundamental planificar a viaxe, revisar o vehículo antes de saír, evitar as horas de maior intensidade de tráfico, descansar as veces que sexa necesario e, por suposto, respectar os límites de velocidade e non conducir nunca baixo os efectos do alcohol ou das drogas. O mellor destino das vacacións é chegar con seguridade. Ese é o obxectivo polo que todos debemos traballar”, concluíu.

Para facer fronte ao incremento da circulación, o Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste-Cantábrico dispón de 437 cámaras de televisión, 534 paneis de mensaxe variable, 406 estacións de toma de datos, 178 sistemas de recoñecemento automático de matrículas, 56 sensores meteorolóxicos e 63 profesionais, que permiten realizar un seguimento permanente da circulación e xestionar incidencias en tempo real. O dispositivo da Garda Civil de Tráfico contará cunha media de 600 axentes diarios en Galicia, con especial incidencia nas provincias da Coruña e Pontevedra. Motocicletas, vehículos, vehículos camuflados e vehículos radar son os medios materiais da Garda Civil de Tráfico, que fará fincapé nos controis de alcoholemias, e sobre todo atenderá á condución dos motoristas xa que a época estival é a peor para eles.

A Dirección Xeral de Tráfico recomenda planificar con antelación os desprazamentos e evitar, na medida do posible, as horas de maior intensidade circulatoria. O venres prevese un importante incremento do tráfico desde as 16.00 horas, o sábado as maiores dificultades concentraranse entre as 9.00 e as 14.00 horas e o domingo a partir das 18.00 horas. A DXT lembra tamén a importancia de revisar o vehículo antes de iniciar a viaxe, descansar adecuadamente, realizar paradas frecuentes, evitar o consumo de alcohol e drogas, utilizar sempre o cinto de seguridade e manter a máxima atención ao volante. Ademais, esta campaña será a primeira na que a baliza V-16 conectada terá un papel protagonista como elemento de sinalización en caso de avaría ou accidente.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación achega 356.131 euros á Asociación Casa do Mel para construír o novo centro apícola das Pontes

Siguiente

Así afecta el calor extremo a tus objetos de valor: guardarlos en casa puede reducir su precio

David

David

Relacionado Entradas

Diversiplás leva a súa campaña de sensibilización ambiental a tres praias da Costa da Morte e abre as portas do seu obradoiro
#Destacado

Diversiplás leva a súa campaña de sensibilización ambiental a tres praias da Costa da Morte e abre as portas do seu obradoiro

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica
#Destacado

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos
#Destacado

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos

La guerra del agua estalla en Galicia: un alcalde denuncia la peor sequía de la historia y acusa a la Xunta de “estafa política”
#Destacado

La guerra del agua estalla en Galicia: un alcalde denuncia la peor sequía de la historia y acusa a la Xunta de “estafa política”

Nueva subida de la luz en agosto: así afecta a tu factura
#Destacado

Nueva subida de la luz en agosto: así afecta a tu factura

La provincia de Galicia donde más triunfa la pizza con piña
#Destacado

La provincia de Galicia donde más triunfa la pizza con piña

Siguiente
Así afecta el calor extremo a tus objetos de valor: guardarlos en casa puede reducir su precio

Así afecta el calor extremo a tus objetos de valor: guardarlos en casa puede reducir su precio

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Sábado 29/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Diversiplás leva a súa campaña de sensibilización ambiental a tres praias da Costa da Morte e abre as portas do seu obradoiro

Diversiplás leva a súa campaña de sensibilización ambiental a tres praias da Costa da Morte e abre as portas do seu obradoiro

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.