• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A RAG recoñece co II Premio Na lingua que eu falo o proxecto Aquí tamén se fala do IES Rafael Dieste da Coruña

A institución salienta a aposta polo galego como ferramenta de integración e intercambio cultural que lle dá o protagonismo á mocidade e mais a súa capacidade de xerar un entusiasmo colectivo a prol do idioma

David Por David
29/06/2026
en #Destacado, Cultura
0
A RAG recoñece co II Premio Na lingua que eu falo o proxecto Aquí tamén se fala do IES Rafael Dieste da Coruña
FacebookXWhatsApp

A Real Academia Galega decidiu concederlle o II Premio Na lingua que eu falo ao proxecto do IES Rafael Dieste da Coruña Aquí tamén se fala. A institución expresa o seu recoñecemento a unha iniciativa nada en 2023 nos corredores deste centro de ensino que se converteu nun dos movementos de dinamización lingüística máis relevantes das últimas décadas, cunha capacidade transformadora que está a chegar moito máis alá das aulas.

«Na Real Academia Galega valoramos especialmente a aposta polo galego de Aquí tamén se fala como unha ferramenta de integración e intercambio cultural nun instituto urbano onde sete de cada dez alumnos son de orixe migrante; o papel activo outorgado á mocidade en todas as súas accións; e mais a súa capacidade de xerar un entusiasmo colectivo a prol do idioma a través de propostas que o vinculan a territorios que conectan cos intereses da mocidade, coma os do deporte, a música ou o audiovisual», explica o presidente da RAG.

Henrique Monteagudo lembra ideas feitas realidade que van desde a que animou figuras populares que atravesan fronteiras a falaren en galego nas redes sociais —con fichaxes coma as de Viggo Mortensen ou James Rhodes—, ao Festival ATSF ou as entrevistas audiovisuais que o alumnado do Rafael Dieste realiza a referentes da escena musical de noso como Fillas de Cassandra, The Rapants ou Xabier Díaz. «E, por suposto, non podemos esquecer a súa campaña máis recente, O Dépor é da Coruña, un pulo decisivo que alimentou a marea da afección que conseguiu que o club branquiazul recuperase na súa denominación o topónimo orixinal da cidade da Coruña.

A pegada desta iniciativa, na localidade que é o fogar que acubilla a sede da RAG desde ese mesmo ano 1906 en que naceu o club, transcende o mero respecto á toponimia oficial e o mundo do deporte. Ten un capital simbólico enorme que reforza o galego como parte da identidade coruñesa, que a anima dalgún xeito a retomar o facho que prenderon aquí as Irmandades da Fala hai agora 110″, valora o presidente.

O Premio Na lingua que eu falo forma parte de Primavera das Letras, o proxecto web que a RAG creou en 2016 para o público máis novo co apoio da Deputación da Coruña.

Nun contexto de preocupante retroceso na transmisión xeracional do galego, o seu propósito é recoñecer persoas, iniciativas ou experiencias que, ben no ámbito escolar ben noutros espazos, destaquen polo seu traballo a prol da normalización lingüística na infancia e na mocidade, recorda a académica Fina Casalderrey, coordinadora de Primavera das Letras. A expresión oral cotiá é neste sentido un dos aspectos sobre o que quere poñer o foco, de aí a elección do nome «desta sorte de medalla de ouro da RAG», tirado dun verso dos Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro, obra fundacional das letras galegas contemporáneas.

«A escolla do proxecto do IES Rafael Dieste fai este premio chegue dalgunha maneira aos máis de 25.000 mozos e mozas dos 300 centros educativos que ata o momento se adheriron a este movemento. Queremos recoñecer todos eses embaixadores do idioma que animan os comerciantes dos seus barrios a colocaren na porta dos negocios os adhesivos que nos anuncian que Aquí tamén se fala galego; aplaudimos os fillos e irmáns que fan que se fale tamén máis nas súas casas, ou que entre por primeira vez nelas. Porque o futuro da nosa lingua se nutre da vitalidade da infancia e da mocidade, da que ten no galego a súa lingua materna e mais tamén da que a adopta posteriormente», expresa a escritora.

Da man de Aquí tamén se fala, canda mozos e mozas que recuperan o orgullo da lingua propia, hai familias que redescobren a que falaron os seus avós e avoas. E moitas outras que, coas raíces ben lonxe, estana a integrar na súa vida cotiá da man dos fillos e fillas. Mozos e mozas como Olizier, César, Juliamny e Jusvely, de Venezuela; Evelin, Natalia, Juan, de Colombia; Elyas e Amine, de Marrocos; Mohammed, de Senegal; Yassiel, do Perú; Virgi, de Hungría; ou Julieta, Amaia, Maité e Valentina, da Arxentina; hoxe todas e todos eles parte do núcleo máis activo do equipo Aquí tamén se fala do IES Rafael Dieste.

Mais cómpre subliñar os nomes e apelidos dos tres profesores sen os que todo isto non sería posible, conclúen Monteagudo e Casalderrey. «Con este galardón, a Academia expresa moi especialmente o seu recoñecemento, a súa gratitude, a Alberto Pombo, Arcadio González e Mónica Reixía. Volvendo ás Irmandades da Fala, estamos ben seguros que os seus promotores, se puidesen viaxar no tempo, estarían ben orgullosos desta experiencia, deste universo, que bebe dalgún xeito do seu legado», remata o presidente da RAG.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vimianzo conmemora o Día do Orgullo LGBTIQ+

Siguiente

200 millones para climatizar y mejorar la eficiencia energética en los colegios y otros centros docentes públicos

David

David

Relacionado Entradas

El concello de Guitiriz (PSOE) prohíbe a VOX instalar una mesa informativa
#Destacado

El concello de Guitiriz (PSOE) prohíbe a VOX instalar una mesa informativa

166 novos gardas civís en prácticas para Galicia
#Destacado

166 novos gardas civís en prácticas para Galicia

Xuventude abre as inscricións para a programación gratuíta de actividades de verán para mozos e mozas
#Destacado

Xuventude abre as inscricións para a programación gratuíta de actividades de verán para mozos e mozas

Ferrol aproba as bases das subvencións a clubes e entidades para o fomento do deporte
#Destacado

Ferrol aproba as bases das subvencións a clubes e entidades para o fomento do deporte

Apertura dun novo treito da humanizada avenida Clara Campoamor de Vigo
#Destacado

Apertura dun novo treito da humanizada avenida Clara Campoamor de Vigo

Chegan as Festas do Barrio da Ponte en Ourense
#Destacado

Chegan as Festas do Barrio da Ponte en Ourense

Siguiente
200 millones para climatizar y mejorar la eficiencia energética en los colegios y otros centros docentes públicos

200 millones para climatizar y mejorar la eficiencia energética en los colegios y otros centros docentes públicos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder Express

Líder Express

20:00 - 20:30
A continuación: Fórmula Líder 20:30

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 29/06/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express Ahora
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

El concello de Guitiriz (PSOE) prohíbe a VOX instalar una mesa informativa

El concello de Guitiriz (PSOE) prohíbe a VOX instalar una mesa informativa

Dormir mal por el calor: qué hacer al día siguiente para no arrastrar el cansancio

Dormir mal por el calor: qué hacer al día siguiente para no arrastrar el cansancio

200 millones para climatizar y mejorar la eficiencia energética en los colegios y otros centros docentes públicos

200 millones para climatizar y mejorar la eficiencia energética en los colegios y otros centros docentes públicos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.