O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, acompañou hoxe a S. M. a Raíña Dona Sofía na visita aos municipios de Rubiá (Ourense) e Folgoso do Courel (Lugo) para coñecer as actuacións de restauración ambiental que se acometerán nas zonas afectadas polos incendios forestais.
A visita permitiu comprobar sobre o terreo os traballos previstos para a recuperación ambiental destes espazos, impulsados tras os graves incendios rexistrados no último ano, co obxectivo de favorecer a restauración dos ecosistemas e a recuperación do patrimonio natural.
En Rubiá participou tamén o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mentres que en Folgoso do Courel acompañou a visita a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López.aíña Sofía visita Folgo do Courel













