• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Rois

A RAG, o Concello de Rois e a Secretaría Xeral da Lingua asinan un acordo para realizar un diagnóstico detallado da situación do galego desde infantil á secundaria no municipio. O documento concíbese como unha ferramenta para o deseño de novas medidas de promoción do idioma na infancia e na mocidade adaptadas á realidade local

David Por David
24/03/2026
en Cultura
0
A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Rois

Pola esquerda: Valentín García, Ramón Tojo, Henrique Monteaguro e María López Sández (tesoureira da RAG)

FacebookXWhatsApp

A Real Academia Galega, o Concello de Rois e a Secretaría Xeral da Lingua asinaron o acordo de colaboración que permitirá realizar o mapa sociolingüístico escolar do municipio. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, o alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens; e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, rubricaron o documento que formaliza a cooperación entre as tres institucións para que o concello conte cun diagnóstico detallado sobre a situación do galego entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria.

No acto participou tamén a académica María López-Sández, coordinadora do Seminario de Sociolingüística da RAG, encargado de elaborar o mapa. Rois é o quinto concello de Galicia que traballará co Seminario para desenvolver unha investigación que ten como obxectivo «servir de base para unha mellor planificación das accións de normalización do galego», lembra o presidente da Academia. «Este é o primeiro acordo desta natureza que asinamos cun concello pequeno en poboación. Somos conscientes do esforzo que significa para Rois e agradecemos a súa implicación, tamén a colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, que nos permitirá estudar polo miúdo por primeira vez o estado da nosa lingua entre a poboación máis nova dun municipio de carácter marcadamente rural que non chega aos 5000 habitantes. O seu interese no eido da investigación sociolingüística, polo tanto, vai máis aló de Rois», expresa Henrique Monteagudo.

O alcalde, Ramón Tojo, agradece a colaboración da RAG e da Secretaría Xeral da Lingua para elaborar este mapa sociolingüístico, que vai axudar o concello a realizar «unha dinamización da lingua galega que sexa efectiva». «Queremos saber cal é o punto de partida de Rois no que atinxe ao uso do galego e ás actitudes de cara ao noso idioma dos 409 alumnos e alumnas menores de 16 anos que temos nos centros educativos do municipio», apunta o rexedor, que tamén resalta o feito de que Rois sexa o primeiro concello con menos de cinco mil habitantes que asina este acordo.

Valentín García destaca na mesma liña a importancia «de contar coa cativada na posta en valor da nosa lingua e da nosa cultura» e fai fincapé en que se debe poñer o foco na infancia e nas familias con proxectos dirixidos especificamente aos nenos e nenas e á mocidade, entre os que cita 21 días co galego, o programa Falamos + ou a plataforma Xabarín.gal.

A Real Academia Galega publicou en 2021 o primeiro mapa sociolingüístico escolar de Galicia, froito da colaboración co Concello de Ames. O documento serviu de base para a posta en marcha por parte de ambas as institucións de Modo galego, actívao!, un completo proxecto de investigación-acción concibido como banco de probas de accións innovadoras de dinamización da lingua na infancia e na mocidade que sexan replicables noutros municipios. O Seminario de Sociolingüística está a desenvolver desde 2025 o mapa de Santiago de Compostela e no que vai de ano, a RAG asinou ademais senllos acordos cos concellos de Pontevedra e Carballo, aos que se suma agora o de Rois.

Os mapas sociolingüísticos escolares afondan na identificación dos factores, axentes e contextos de socialización que aceleran ou frean o proceso de substitución do galego polo castelán. Metodoloxicamente nútrense das enquisas que responden os distintos axentes da comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación recibe ao Liceo tras gañar a Copa do Rei e anima ao equipo a «culminar o dobrete coa OK Liga»

Siguiente

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

David

David

Relacionado Entradas

Culleredo presenta la XI edición del Festival Castelo Conta
A Coruña

Culleredo presenta la XI edición del Festival Castelo Conta

Alejandro Sanz llega este sábado a A Coruña: horarios, accesos, entradas, hoteles y todo lo que debes saber
#Destacado

Alejandro Sanz llega este sábado a A Coruña: horarios, accesos, entradas, hoteles y todo lo que debes saber

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública
A Coruña

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL
#Destacado

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL

O Marisquiño converterá Samil nun gran escenario musical con catro espazos e programación continua
Cultura

O Marisquiño converterá Samil nun gran escenario musical con catro espazos e programación continua

V Feira da Cultura en Camiño en Miño
A Coruña

V Feira da Cultura en Camiño en Miño

Siguiente
El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 19/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027

Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027

Lugo licitará este verán a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e melloras no campo de rugby cun orzamento de 500.000€

Lugo licitará este verán a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e melloras no campo de rugby cun orzamento de 500.000€

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.