• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Semana Santa de Ferrol fai historia con máis de 400.000 visitantes e un impacto económico récord

A ocupación hotelera foi do 100% os días principais e a restauración colgou o cartel de completo. `Esta Semana Santa pasará á historia como a máis multitudinaria e emocionante que lembramos en décadas´, afirmou o alcalde

David Por David
08/04/2026
en #Destacado, Turismo
0
A Semana Santa de Ferrol fai historia con máis de 400.000 visitantes e un impacto económico récord
FacebookXWhatsApp

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cos presidentes da Junta General de Cofradías y Hermandades de la Semana Santa, Fernando Iguacel, e da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e comarca, Emilio Vázquez, e acompañado da concelleira de Turismo, Maica García, presentou o balance do impacto turístico da Semana Santa 2026.

O rexedor comezou a súa intervención felicitando aos representantes das entidades implicadas e á edila “polo traballo e a organización destes días”, destacando que “sen ese esforzo colectivo non sería posible acadar o éxito que vivimos”. Subliñou ademais o papel da cidadanía, afirmando que “os ferroláns son os mellores embaixadores da cidade” e que “a marca Ferrol está de moda”.

A campaña de promoción turística Toque Ferrol, presentada a semana pasada, foi un anticipo do que se viviría na cidade. Cunha gran difusión en redes sociais e máis de 35.000 visualizacións, conseguiu transmitir “a esencia auténtica de Ferrol”, reforzando a súa imaxe como destino atractivo, afirmou o rexedor.

  • Únete á nosa canle de Whatsapp para recibir notificacións de interese

SEMANA SANTA HISTÓRICA

“Esta Semana Santa pasará á historia como a máis multitudinaria e emocionante que lembramos en anos”, afirmou Rey Varela. Máis de 400.000 persoas visitaron a cidade entre o Domingo de Ramos e o luns de Chamorro, xerando un impacto económico próximo aos 50 millóns de euros en sectores como a hostalería, a restauración, o comercio e o turismo.

Ferrol viviu unha intensa actividade, enchéndose de vida, emoción e tradición. A Semana Santa consolidouse como “a conxugación perfecta entre tradición relixiosa, cultura popular e expresión artística”, apuntou Rey Varela, proxectando a cidade ao exterior con identidade propia e orgullo colectivo.

O impacto turístico foi moi notable, acadando cifras que non se lembraban en anos. As oficinas de turismo rexistraron ata 2.400 visitantes atendidos, con presenza internacional de países como Italia, Arxentina, Alemaña, Reino Unido ou Estados Unidos.

E con respecto ao servizo de buses lanzadeira gratuítos desde o aparcamento de Fimo foi utilizado por preto de 4.000 persoas, contribuíndo a mellorar a mobilidade.

ÉXITO DAS VISITAS GUIADAS

As visitas guiadas acadaron tamén resultados excepcionais, revelou o rexedor. Espazos como o Arsenal Militar, Navantia, o Palacio de Capitanía, o castelo de San Felipe ou Ferrol Secreto sumaron 516 reservas, cunha ocupación do 97%.

Destaca tamén a afluencia ao castelo de San Felipe por libre con máis de 2.500 visitantes, ademais das visitas guiadas (81 persoas). Outros recursos culturais, como o Museo Naval rexistraron arredor de 700 visitantes e Exponav máis de 900.

A ocupación hoteleira alcanzou o 100% nos días principais e mantívose moi próxima a esa cifra no resto da semana.

En relación ao perfil de visitantes, que hai uns anos adoitaba ser máis de persoas adultas, xa maiores, cada vez estase diversificando máis, e atrae máis ao público novo, que veñen en grupos ou en parellas. E sen esquecer o tradicional “turismo sentimental” ligado ao servizo militar. En canto á súa procedencia, foi maioritariamente nacional, aínda que tamén houbo presenza internacional (Arxentina, Canadá, Reino Unido, Francia e Ucraína).

Rey Varela afirmou que “estes datos amosan que Ferrol é único”, e a Semana Santa é a conxugación perfecta de tradición, relixión e cultura popular, cunha dimensión artística e emocional que a fai inesquecible. “A Semana Santa fai un Ferrol en grande, proxectándoa ao mundo con identidade propia e cun fondo orgullo colectivo”, confirmou.

HOSTALERÍA E COMERCIO, AO COMPLETO

A hostalería, o comercio e os servizos locais beneficiáronse dunha afluencia masiva. Durante estes días, moitos establecementos colgaron o cartel de completo e unhas 20.000 persoas participaron na IV Festa do marisco, organizada pola Cofradía de Pescadores de Ferrol.

O presidente da Junta General de Cofradías y Hermandades de la Semana Santa, Fernando Iguacel, cualificou o balance como “un éxito total”, destacando o traballo das cinco confrarías ao longo de todo o ano e a saída de 24 procesións, algo pouco habitual. Hai un traballo incansable e anónimo de moitas persoas, e “a partir do 1 de setembro comezamos xa a organizar a Semana Santa de 2027”, avanzou. “Foi todo un exitazo”, concluíu Iguacel.

Pola súa parte, Emilio Vázquez sinalou que “facía moitos anos que non se vivía este ambiente na rúa”, destacando a plena ocupación en hoteis e restaurantes e a importancia de ofrecer unha boa experiencia aos visitantes. Vázquez destacou que “fixemos un bo traballo xuntos, vendimos a Marca Ferrol e así debemos continuar, xa que Ferrol merece a pena”.

FERROL MÁIS GRANDE

O alcalde concluíu destacando que estes datos “non só reflicten un impacto económico, senón tamén un fortalecemento da imaxe de Ferrol como cidade atractiva, con futuro e en crecemento”.

“A Semana Santa fai cidade, fai comunidade e proxéctanos cara ao exterior con orgullo”, afirmou, incidindo en que este éxito demostra que “Ferrol está de moda” e que “debemos seguir traballando xuntos nun Ferrol máis grande”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo

Siguiente

Noites do Porto celebrará la Noite de San Xoán con un concierto sorpresa en el puerto coruñés

David

David

Relacionado Entradas

O Concello de Vimianzo impulsa a segunda edición de “Alza Voz de Muller”
#Destacado

O Concello de Vimianzo impulsa a segunda edición de “Alza Voz de Muller”

El sector lácteo registra un incremento de la producción del 1,6 % en 2026
#Destacado

El sector lácteo registra un incremento de la producción del 1,6 % en 2026

VOX lleva a Europa la corrupción que rodea al Gobierno de Sánchez y exige recuperar los fondos europeos
#Destacado

VOX lleva a Europa la corrupción que rodea al Gobierno de Sánchez y exige recuperar los fondos europeos

Los hórreos son declarados Manifestación Representativa del Patrimonio Cultural Inmaterial
#Destacado

Los hórreos son declarados Manifestación Representativa del Patrimonio Cultural Inmaterial

Una reforma integral y saludable con más de 60 años de historia en Portugalete
#Destacado

Una reforma integral y saludable con más de 60 años de historia en Portugalete

BNG reclamará ao Goberno máis medios para frear a sinistralidade laboral na Galiza
#Destacado

BNG reclamará ao Goberno máis medios para frear a sinistralidade laboral na Galiza

Siguiente
Noites do Porto celebrará la Noite de San Xoán con un concierto sorpresa en el puerto coruñés

Noites do Porto celebrará la Noite de San Xoán con un concierto sorpresa en el puerto coruñés

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 08/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

Hay a quien le llegó a tocar hasta en siete ocasiones. Se llama Carlos Fabra y presidió la diputación de...

Por Interés

Últimas

O Concello de Vimianzo impulsa a segunda edición de “Alza Voz de Muller”

O Concello de Vimianzo impulsa a segunda edición de “Alza Voz de Muller”

El sector lácteo registra un incremento de la producción del 1,6 % en 2026

El sector lácteo registra un incremento de la producción del 1,6 % en 2026

VOX lleva a Europa la corrupción que rodea al Gobierno de Sánchez y exige recuperar los fondos europeos

VOX lleva a Europa la corrupción que rodea al Gobierno de Sánchez y exige recuperar los fondos europeos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.