• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Acordo histórico entre Ferrol e Narón para a xestión do servizo de saneamento e da depuración de augas

Os alcaldes de ambos municipios, José Manuel Rey Varela e Marián Ferreiro, anunciaron hoxe a sinatura este mes dun convenio que rexerá a colaboración interadministrativa para o financiamento compartido dos custos

David Por David
12/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
Acordo histórico entre Ferrol e Narón para a xestión do servizo de saneamento e da depuración de augas
FacebookXWhatsApp

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciaron esta mañá a próxima sinatura dun convenio histórico que rexerá a colaboración interadministrativa entre ambos concellos para a xestión do servizo de depuración de augas. “O de hoxe é un día que marca un antes e un despois na relación entre dous concellos veciños”, declarou o alcalde.

O documento asinarase este mesmo mes e permite articular un mecanismo de cooperación para o financiamento compartido dos custos ordinarios do servizo, así como para a realización coordinada de actuacións materiais e técnicas. Cómpre destacar que este convenio non supón cesión da titularidade das infraestruturas nin das competencias.

 

Deste xeito, dase cumprimento á sentenza xudicial de febreiro de 2026, que recoñece a obriga do Concello de Narón de asumir a súa parte do custo do servizo e que tamén sinalaba a necesidade de establecer un instrumento específico de colaboración entre ambos concellos. A ausencia do mesmo provocou “desacordos e inseguridade xurídica”, manifestou o alcalde, que lembrou que “levábamos demasiados anos nunha situación que non beneficiaba a ninguén e desde a nosa chegada á alcaldía tiñamos claro que había que cambiar”. Por este motivo, “escollimos a vía do diálogo, porque entendemos que entre administracións que comparten infraestruturas, intereses e responsabilidades, o entendemento é obrigatorio, e este convenio é o resultado”.

O acordo recolle o ditado pola sentenza, sendo que o Concello de Narón deberá aboar 3,4 millóns de euros polo período comprendido entre abril de 2017 e xuño de 2023 (período en sede xudicial) e outros 2 millóns de euros polo período de xuño de 2023 a decembro de 2025, cando comezaron a funcionar elementos clave como os caudalímetros, que permiten medir con precisión o volume de auga tratado e así repartir os custos de maneira xusta. O Concello de Ferrol, ao peche de 2026, deberá ter recibido estes importes, que suman máis de 5,4 millóns de euros.

Desde xaneiro de 2026 o escenario cambia coa entrada en vigor deste convenio: calcularase un custo unitario por metro cúbico en base aos custos totais do servizo e aos volumes rexistrados. Así mesmo, as liquidacións serán trimestrais e o Concello de Narón deberá aboalas no mes seguinte á finalización do trimestre.

“Este modelo achega algo fundamental: trazabilidade e seguridade xurídica. Os importes estarán sustentados en datos obxectivos e cada responsabilidade estará claramente definida”, apuntou Rey Varela.

Cómpre lembrar que a diferenza entre o que debía pagar o Concello de Narón polo servizo recibido e o efectivamente aboado foi unha das causas, non a única -matizou o alcalde- que provocou un déficit significativo na empresa xestora, o que levou a que Emafesa entrara en causa de disolución.

“Máis aló das cifras, hoxe demostramos que a través do diálogo é posible resolver problemas que, durante anos, foron obxecto de controversia institucional e que, cando se antepón o interese xeral, pódense superar anos de desencontros”, afirmou Rey Varela. Ferrol necesitaba “poñer en marcha os grandes proxectos de transformación urbana” e tamén “dar un salto ao século XXI despois de anos de deterioro constante dos servizos municipais: dos parques e xardíns, de limpeza e do estado das rúas, un salto que se vai ver este ano despois de tres anos de intenso traballo e agora, faltábanos pechar o tema da auga con Narón” a través deste convenio, manifestou o alcalde.

Pola súa banda, Ferreiro declarou que “este acordo supón un paso importante para Narón porque achega seguridade, transparencia e xustiza a un servizo esencial como é a depuración das augas”. “Durante anos -continuou- defendemos que o reparto dos custos debía basearse en criterios obxectivos e verificables, e hoxe conseguimos que o pago se realice en función dos caudais reais vertidos por cada concello”. A alcaldesa de Narón rematou agradecendo “a disposición ao diálogo e ao entendemento institucional que fixo posible este acordo. Cando as administracións colaboran con lealdade e sentido común, quen gaña son os veciños e veciñas de Narón e Ferrol”.

O rexedor tamén concluíu as súas palabras agradecendo á alcaldesa o seu talante para “chegar a acordos e superar anos de enfrontamentos, superar o rencor na política, derribar muros e tender pontes” e desexou que “este diálogo que instauramos perdure no tempo e nos permita alcanzar novos obxectivos en torno a outros grandes temas”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vigo investirá 358.000 euros en rehabilitar o muíño do vento do barrio de Ribadavia

Siguiente

Lugo acolle este sábado a Final Nacional de Freestyle de Masters in Combat

David

David

Relacionado Entradas

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada
#Destacado

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada

#Destacado

O condutor dunha furgoneta queda atrapado no vehículo tras chocar cun camión en Castro de Rei

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa
#Destacado

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año
#Destacado

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año

Siguiente
Lugo acolle este sábado a Final Nacional de Freestyle de Masters in Combat

Lugo acolle este sábado a Final Nacional de Freestyle de Masters in Combat

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

14:00 - 22:00
Continuidad
A continuación: Superdanze 22:00

Programación de Hoy

Sábado 12/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder Ahora
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.