A organización da Festa da Carballeira de Zas desvela a primeira gran confirmación para a súa 41ª edición: Baiuca. Coa confirmación deste proxecto pioneiro, o festival reafirma a súa aposta por levar a cultura galega a unha nova dimensión, conectando a esencia da terra coa tendencias globais máis actuáis.
Un fenómeno sen fronteiras.
Liderado por Alejandro Guillén, Baiuca converteuse en poucos anos nun proxecto imprescindible para a renovación da música galega. A súa proposta, que fusiona ritmos tradicionais con electrónica de vangarda, consolidouno como un referente internacional que triunfa en escenarios de todo o mundo.
O público que se achegue á Carballeira de Velar poderá gozar dun dos seus potentes directos, onde a percusión e as frautas conviven con sintetizadores para crear unha atmosfera mística e única. Tras unha intensa traxectoria de xiras internacionais, a súa presenza en Zas promete ser un dos fitos desta 41ª edición.
Zas: o corazón do folk galego.
A confirmación de Baiuca reforza a posición da Carballeira como un dos festivais máis influentes do panorama estatal. Con máis de catro décadas de historia, a cita volver ser o epicentro dunha experiencia que vai más alá da música, combinando concertos de primeiro nivel con artesanía, gastronomía e actividades familiares nun entorno natural incomparable.
Este anuncio supón o disparo de saída para un cartel que, fiel ao seu espírito comunitario, seguirá desvelando nomes de referencia nas vindeiras semanas.
Venda de bonos e información de interese
Tras o éxito da apertura de vendas o pasado marzo, os abonos para os días 7 e 8 de agosto continúan dispoñibles na web oficial.
Datas: 7 e 8 de agosto.
Lugar: Carballeira do Velar, Zas (A Coruña)
Venda de bonos: www.festadacarballeira.com













