• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

BNG exixe á Xunta unha regulación das vivendas turísticas para frear a fuxida de 12.800 fogares do mercado de alugueiro

Saleta Chao denuncia que a desregulación do PP converteu a vivenda "no primeiro motivo de exclusión social" e alerta do incremento do 68% no prezo do alugueiro desde 2015

David Por David
16/06/2026
en #Destacado, Política
0
BNG exixe á Xunta unha regulación das vivendas turísticas para frear a fuxida de 12.800 fogares do mercado de alugueiro
FacebookXWhatsApp

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Saleta Chao, defendeu hoxe no Parlamento galego unha proposición de lei para regular as vivendas de uso turístico (VUT) co obxectivo de «garantir o dereito á vivenda nun contexto de emerxencia habitacional». Durante a súa intervención, Chao denunciou que a Xunta de Galiza «permite e alenta» a fuxida de inmobles do parque residencial ao aloxamento turístico, unha situación que cualificou de «fracaso material» das políticas de vivenda impulsadas polo PP nas últimas décadas.

VIVENDAS TURISTICAS
5:33
Audio

A deputada nacionalista puxo sobre a mesa datos demoledores: as VUT aumentaron un 84,4% en Galiza desde 2022, o que supón que 12.800 vivendas deixaron o mercado de alugueiro de longa duración para se dedicar ao turismo. Mentres, o prezo medio do alugueiro acadou o seu máximo histórico en 9,8 €/m², cunha suba do 68% acumulada desde 2015. «Adquirir unha vivenda en propiedade xa é prohibitivo; só o 4,7% das hipotecas asinadas en 2025 foron para menores de 35 anos», subliñou, ao tempo que denunciaba que en concellos como Sanxenxo hai 964 prazas turísticas por cada 1.000 habitantes e que onte só había unha vivenda en alugueiro por baixo dos 1.000 euros.

A proposta do BNG articúlase en tres eixos: a exixencia de licenza urbanística previa cunha validez de 5 anos; a elaboración dun mapa de concentración de VUT e un estudo do Observatorio da Vivenda; e a declaración autonómica de zonas de mercado residencial tensionado. Chao lembrou que medidas semellantes xa se aplican en Canarias, Cataluña, Euskadi e incluso en concellos gobernados polo PP, e increpou directamente ao Goberno galego: «Tensiona ou non tensioa o mercado do alugueiro que se vaian 12.800 vivendas do mercado residencial ao turístico desde o 2022? A Xunta ten competencia e responsabilidade para resolvelo».

Na réplica ás críticas do Partido Popular, Chao cualificou de «tremendo espectáculo» a intervención do portavoz popular e desmontou o argumento de que as VUT se estancaron en Galiza, lembrando que a suposta baixa se debe a unha orde do Ministerio de Consumo que obrigou a retirar do REAT 2.800 vivendas que incumprían a normativa. «Permite dar de alta vivendas sen control nin inspección, incumprindo a propia normativa da Xunta», aseverou. Finalmente, a deputada exixiu ao PP que se posicione «entre garantir o dereito á vivenda ou seguir apostando pola especulación».

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Coruña se convierte en la capital musical del verano: todos los conciertos y festivales de 2026

Siguiente

Homenaxe ás vítimas do terrorismo da Policía Nacional en Lonzas

David

David

Relacionado Entradas

Festival Noroeste Estrella Galicia 2026 en A Coruña: cartel completo, conciertos, horarios, escenarios y guía definitiva
#Destacado

Festival Noroeste Estrella Galicia 2026 en A Coruña: cartel completo, conciertos, horarios, escenarios y guía definitiva

Las 50 fiestas que no te puedes perder esta semana en Galicia: conciertos, orquestas, verbenas y festivales del 3 al 9 de agosto de 2026
#Destacado

Las 50 fiestas que no te puedes perder esta semana en Galicia: conciertos, orquestas, verbenas y festivales del 3 al 9 de agosto de 2026

Fiestas de San Roque de Melide 2026: conciertos, orquestas, horarios y programa completo para no perderte nada
#Destacado

Fiestas de San Roque de Melide 2026: conciertos, orquestas, horarios y programa completo para no perderte nada

O Negreira proclámase campión da Copa Deputación 2026 tras vencer por 4-0 ao Muxía
#Destacado

O Negreira proclámase campión da Copa Deputación 2026 tras vencer por 4-0 ao Muxía

Vigo axilizará a concesión de licenzas urbanísticas ao eliminar o informe previo sobre servidumes aeronáuticas
#Destacado

Vigo axilizará a concesión de licenzas urbanísticas ao eliminar o informe previo sobre servidumes aeronáuticas

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo
#Destacado

Aparece fallecido en el interior de un vehículo el octogenario desaparecido ayer en Teo

Siguiente
Homenaxe ás vítimas do terrorismo da Policía Nacional en Lonzas

Homenaxe ás vítimas do terrorismo da Policía Nacional en Lonzas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 04/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Festival Noroeste Estrella Galicia 2026 en A Coruña: cartel completo, conciertos, horarios, escenarios y guía definitiva

Festival Noroeste Estrella Galicia 2026 en A Coruña: cartel completo, conciertos, horarios, escenarios y guía definitiva

Las 50 fiestas que no te puedes perder esta semana en Galicia: conciertos, orquestas, verbenas y festivales del 3 al 9 de agosto de 2026

Las 50 fiestas que no te puedes perder esta semana en Galicia: conciertos, orquestas, verbenas y festivales del 3 al 9 de agosto de 2026

Fiestas de San Roque de Melide 2026: conciertos, orquestas, horarios y programa completo para no perderte nada

Fiestas de San Roque de Melide 2026: conciertos, orquestas, horarios y programa completo para no perderte nada

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.