• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Convocada unha nova xornada de folga no ensino público para o 28 de abril

O profesorado galego anuncia máis mobilizacións ante a inacción da Consellaría

David Por David
16/03/2026
en #Destacado, GALICIA
0
Convocada unha nova xornada de folga no ensino público para o 28 de abril
FacebookXWhatsApp

Representantes dos sindicatos CIG-Ensino e STEG, así como das Asembleas Abertas do Ensino Público, presentaron esta mañá en rolda de prensa un calendario de accións conxuntas e unitarias para forzar á Consellaría de Educación a unha negociación sobre as condicións de traballo das docentes dos centros públicos galegos.

As organizacións sindicais CIG-Ensino e STEG, que representan a maioría do profesorado galego, iniciaron a comezos deste curso mobilizacións para reclamar a recuperación dos dereitos que o corpo docente galego tiña acadado antes da crise, así como a adecuación das condicións de traballo ao contexto social e educativo actual. Estas mobilizacións eran a continuidade das que xa encetaran como resposta ao acordo sindical coa minoría da Mesa Sectorial en outubro de 2023.

Estamos, por tanto, nunha loita de longo percorrido na que o futuro do ensino público e a defensa do profesorado se ten colocado no centro do debate. Durante este curso, CIG-Ensino e STEG convocaron 5 xornadas de folga que estiveron acompañadas doutras accións como peches en distintos centros educativos e manifestacións en numerosas cidades e vilas do país. Ao tempo, o evidente descontento respecto das condicións dos centros públicos, ten levado a profesorado a organizarse en asembleas, aparecendo un novo actor que aglutina desde a pluralidade e a horizontalidade a acción directa das profesionais da educación: as Asambleas Abertas do Ensino Público.

a. Nese senso, as Asembleas Abertas do Ensino Público, constitúen un dobre espazo de traballo: no local, coa idea de vehicular as denuncias sobre as problemáticas concretas de cada centro; e no asociativo, buscando a unidade e mobilización de todo o profesorado e profesionais do ensino.

b. Este colectivo non aspira a suplantar o papel das organizacións sindicais, senón a vertebrar a mobilización do profesorado, a través dun movemento asembleario, aberto e participativo, onde todas as voces teñan cabida.

c. Ao longo destes meses, fóronse constituíndo asembleas nun centenar de centros de ensino das diferentes etapas, establecendo fórmulas de coordinación que lles permitiu participar na convocatoria de manifestacións como as do pasado 25 de febreiro en Vigo e outras vilas do sur, conxuntamente coas asociacións de familias de alumnado e ANPAS.

A situación do profesorado galego non ten mellorado nin un ápice durante este curso, malia os anuncios do conselleiro Román Rodríguez e as súas manobras desmobilizadoras. As reivindicacións seguen a pasar pola recuperación dos dereitos perdidos coa escusa da crise, nomeadamente as sesións lectivas máximas (18 para secundaria, 21 para infantil e primaria) e a redución das rateos de alumnado por grupo así como do total de alumnado que cada docente debe atender, tanto nas especialidades de docencia directa na aula como na de Orientación educativa.

Así mesmo, reclámase o dereito do profesorado substituto a cobrar os meses do verán cando traballan máis de 5 meses e medio. Insístese tamén, na necesidade de aumentar a contratación de profesorado especialista que permita unha maior atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, e unha conseguinte actualización dos catálogos dos centros de infantil e primaria, que datan de 2007. Todas estas cuestións pasan, en definitiva, polo compromiso firme de contratación de máis profesorado en todas as etapas e especialidades.

As tres entidades esixen que o conselleiro de Educación sente a negociar sen impoñer condicións nin sinaturas de cheques en branco, xa que o mal chamado Acordo de Melloras non convence á maioría do profesorado galego.

As accións presentadas na rolda de prensa desta mañá teñen dous fitos principais. Por unha banda, unha folga o martes 28 de abril cunha manifestación ás 12h da mañá que partirá da Alameda, á que está convocado todo o persoal do ensino de todas as etapas e corpos do ensino público galego; e, na semana seguinte, a celebración de manifestacións deslocalizadas onde está chamada a participar toda a comunidade educativa.

As representantes de CIG-Ensino, STEG e Asembleas Abertas do Ensino Público anunciaron que inician desde hoxe o traballo conxunto de cara á organización desta folga, incluídas accións previas de sensibilización e mobilización da comunidade educativa a través de comités unitarios.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitan a oficina de atención ao cruceirista

Siguiente

Dezaseteº Ribeira Sacra triunfa en los Iberian Festival Awards con los premios a Best Small Festival y Best Touristic Promotion

David

David

Relacionado Entradas

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa
#Destacado

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa

Fiestas de María Pita 2026: guía para evitar los cortes de tráfico y dónde aparcar sin perder tiempo en A Coruña
#Destacado

Comienzan las Fiestas de María Pita 2026 en A Coruña: programa, conciertos, horarios y todo lo que no te puedes perder

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón
#Destacado

Rescatada en helicóptero unha muller tras sufrir unha caída no Monte Pindo, Carnota

Fiestas de Ferrol 2026: programa completo, conciertos, fechas y cartel oficial de las fiestas
#Destacado

Fiestas de Ferrol 2026: programa completo, conciertos, fechas y cartel oficial de las fiestas

Trofeo Teresa Herrera 2026: entradas, precios, fecha, horario y todo lo que debes saber para ver el Deportivo – Real Madrid en Riazor
#Destacado

Trofeo Teresa Herrera 2026: entradas, precios, fecha, horario y todo lo que debes saber para ver el Deportivo – Real Madrid en Riazor

El pueblo más bonito de Galicia según National Geographic
#Destacado

El pueblo más bonito de Galicia según National Geographic

Siguiente
Dezaseteº Ribeira Sacra triunfa en los Iberian Festival Awards con los premios a Best Small Festival y Best Touristic Promotion

Dezaseteº Ribeira Sacra triunfa en los Iberian Festival Awards con los premios a Best Small Festival y Best Touristic Promotion

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 02/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa

Fiestas de María Pita 2026: guía para evitar los cortes de tráfico y dónde aparcar sin perder tiempo en A Coruña

Comienzan las Fiestas de María Pita 2026 en A Coruña: programa, conciertos, horarios y todo lo que no te puedes perder

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón

Rescatada en helicóptero unha muller tras sufrir unha caída no Monte Pindo, Carnota

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.