• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Coruña destina 700.000 euros o plan de accións de mellora nos colexios públicos da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, informou da folla de ruta prevista polo Executivo local, que inclúe medio cento de actuacións nos CEIP, centros de educación especial e en escolas infantís de titularidade municipal

David Por David
09/07/2026
en #Destacado, A Coruña
0
Coruña destina 700.000 euros o plan de accións de mellora nos colexios públicos da cidade
FacebookXWhatsApp

O Concello destinará máis de 700.000 euros ao Plan de accións de mellora que se executará nos centros educativos públicos da Coruña durante este verán, unha medida promovida polo Goberno local co obxectivo de reforzar as actuacións de mantemento e conservación que xa se levan a cabo nas instalacións de titularidade municipal ao longo do curso.

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe da folla de ruta que seguirá o Concello ata mediados de setembro, aproveitando o descanso da actividade escolar e xa con vistas ao vindeiro curso 2026-27. Ata entón, está previsto actuar en 25 instalacións repartidas polos dez distritos da cidade. Colexios, centros de educación especial e escolas infantís municipais nos que se acometerán medio cento de intervencións formuladas para darlle resposta ás necesidades cotiás do alumnado e o profesorado.

Un dos 25 centros educativos públicos nos que intervirá o Concello será o CEIP Concepción Arenal, onde Rey presentou esta mañá o plan establecido polos servizos municipais nesta tempada estival. «Non é unha cuestión menor. Vimos advertindo, desde hai tempo, de que a Xunta non pode descargar nos concellos a responsabilidade de atender as necesidades estruturais dos colexios públicos. Hai numerosos centros educativos da Coruña nos que, pola antigüidade das súas instalacións, cómpre actuar para remodelalas e adaptalas aos tempos actuais, tanto no relativo ás infraestruturas como en cuestións que afectan ao día a día do alumnado, como é a accesibilidade ou a climatización das aulas», dixo.

A rexedora, acompañada polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, lembrou que o Concello, unha Administración local, «xa está a destinar moitísimos recursos propios ás tarefas de mantemento, xardinaxe, conserxaría e limpeza nos colexios». Cada ano, 6 millóns de euros, aos que se suman os 450.000 que permiten desenvolver a programación de lecer organizada coa Federación de ANPA, «actividades extraescolares que son vitais para a conciliación familiar, e, ademais, para promover a convivencia e interrelación de moitas nenas e nenos coruñeses».

Melloras en colexios de todos os distritos, como Elviña, Monte Alto e Cidade Vella

Na rolda de prensa desta mañá, Inés Rey detallou máis polo miúdo as accións previstas polo Concello nos 25 centros educativos públicos nos que se actuará este verán.

Son os CEIP Concepción Arenal, Alborada, Manuel Murguía, María Barbeito, María Pita, Cidade Vella, Rosalía de Castro, Sagrada Familia, Sal Lence, Salgado Torres, San Francisco Javier, San Pedro de Visma, Torre de Hércules, Víctor López Seoane, Wenceslao Fernández Flórez, Emilia Pardo Bazán, Raquel Camacho, José Cornide, Eusebio da Guarda e Zalaeta.

Ademais, tamén haberá melloras no centro de educación especial (CEE) Nosa Señora do Rosario e nas escolas infantís municipais da Carricanta (Castrillón), Caracola (Novo Mesoiro) e sumaranse os equipamentos necesarios para a nova EIM de Monte Alto.

«Non é unha declaración de intencións, senón todo o contrario: xa estamos en marcha porque non hai tempo que perder», expresou Rey, que informou de que estes días se está a traballar na renovación da cuberta na EIM Carricanta e, ademais, remataron as tarefas de impermeabilización parcial da cuberta no Nosa Señora do Rosario.

Estas medidas abren camiño a máis actuacións como as que se executarán no CEIP María Pita, onde o Concello abordará a adecuación dun camiño de terra que dá acceso ao colexio. Tamén no CEIP María Barbeito e Cerviño, onde se renaturalizará o patio para que os seus espazos exteriores gañen unha segunda vida, sumen máis áreas verdes e superficies de xogo máis amplas e osixenadas. E, xa nos vindeiros días, comezará a renovación do parque infantil do CEIP Concepción Arenal, que sumará equipamentos de xogo máis modernos, un firme renovado e máis capacidade para a rapazada.

Inés Rey pídelle á Xunta máis orzamento e implicación co ensino público

Esta mañá, no colexio, Inés Rey insistiu na necesidade de que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias e se responsabilice co ensino público con máis planificación e orzamento, que posibilite adecuar as infraestruturas dos centros educativos coruñeses ás súas necesidades do alumnado.

Rey puxo como exemplo a realidade do Concepción Arenal: «Insistimos en que é necesario contar coa implicación da Xunta para actuar de forma integral. O tellado do colexio esixe unha rehabilitación total e este tipo de obras son de competencia autonómica, porque van moito máis alá dunha reparación puntual».

A alcaldesa recordou que o caso do CEIP Concepción Arenal «non é o único no que temos constatado a falta de interese da Xunta pola cidade da Coruña. Tamén foi evidente co colexio da Cidade Vella e a súa deterioriada rampla de acceso, instalada pola Xunta, con protestas e mobilizacións das familias e veciños que foron máis que xustificadas.

Aquela rampla de madeira supuxo un problema co paso do tempo. Por iso, e como moi tarde entre setembro e outubro, o Concello asumirá a construción dunha nova rampla de pedra no acceso principal ao colexio. «Porque esta cuestión, ao igual que outras moitas na cidade, non se pode demorar máis», dixo a alcaldesa, que avanzou que no último trimestre do ano non só se actuará no CEIP Cidade Vella, senón que tamén está pensado facelo no Nosa Señora do Rosario -coa rehabilitación do patio- e no colexio Eusebio da Guarda, para garantir melloras de accesibilidade na súa entrada, suprimindo as barreiras arquitectónicas existentes.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Lugo mellora os polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizos

Siguiente

BNG afirma que a lei de transferencia da AP-9 sairá adiante a pesar das mentiras e do voto en contra do PP

David

David

Relacionado Entradas

Trofeo Teresa Herrera 2026: Deportivo – Real Madrid, el regreso del gran clásico del verano a Riazor
#Destacado

Trofeo Teresa Herrera 2026: Deportivo – Real Madrid, el regreso del gran clásico del verano a Riazor

La Xunta presume de crear 700 nuevas plazas públicas en 24 residencias y centros de día
#Destacado

La Xunta presume de crear 700 nuevas plazas públicas en 24 residencias y centros de día

La autopista gallega AP-9 sigue teniendo uno de los peajes más caros de España
#Destacado

BNG afirma que a lei de transferencia da AP-9 sairá adiante a pesar das mentiras e do voto en contra do PP

Lugo mellora os polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizos
#Destacado

Lugo mellora os polígonos industriais do CEAO- AS GÁNDARAS co impulso de novas infraestruturas e servizos

Vigo acolle esta fin de semana a celebración da Confraría da Cigala
#Destacado

Vigo acolle esta fin de semana a celebración da Confraría da Cigala

Abierta la convocatoria para la traducción de obras en gallego
#Destacado

El Concello abre el plazo para presentar enmiendas a las solicitudes de ayudas para libros y comedores escolares

Siguiente
La autopista gallega AP-9 sigue teniendo uno de los peajes más caros de España

BNG afirma que a lei de transferencia da AP-9 sairá adiante a pesar das mentiras e do voto en contra do PP

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 09/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Trofeo Teresa Herrera 2026: Deportivo – Real Madrid, el regreso del gran clásico del verano a Riazor

Trofeo Teresa Herrera 2026: Deportivo – Real Madrid, el regreso del gran clásico del verano a Riazor

La Xunta presume de crear 700 nuevas plazas públicas en 24 residencias y centros de día

La Xunta presume de crear 700 nuevas plazas públicas en 24 residencias y centros de día

La autopista gallega AP-9 sigue teniendo uno de los peajes más caros de España

BNG afirma que a lei de transferencia da AP-9 sairá adiante a pesar das mentiras e do voto en contra do PP

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.