O 112 Galicia tivo constancia, pasadas as 11:15 horas, de dous operarios feridos cando traballaban nunha máquina elevadora na aldea da Fianteira, en Vilalonga. Ambos implicados sufriron queimaduras, mais permanecían conscientes.
De inmediato, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e aos membros do GES de Sanxenxo, que confirmaron a situación.
Os servizos sanitarios chegaron a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Con todo, os traballadores foron finalmente evacuados en ambulancia ao hospital.













