O accidente ocorreu contra as 19:30 horas. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, dous vehículos colidiran no barrio Piñeira, na estrada ata Distriz. Había unha persoa que non era capaz de saír dun dos turismos.
Con estes datos, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
Trala chegada dos servizos de emerxencias, a dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar a un dos ocupantes do coche, o cal tivo que ser trasladado. Outra persoa implicada tamén precisou asistencia sanitaria.
Evacuado en helicóptero tras unha saída de vía en Xunqueira de Espadanedo
Arredor das 18:30 horas, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía no quilómetro 21 da OU-536. O coche caera por un terraplén.
Ata o puntos acudiu o helicóptero medicalizado con base en Ourense das urxencias sanitarias, mediante o cal foi trasladado o ferido. Tamén acudiron ata o punto o GES de Maceda, a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xunqueira de Espadanedo.













