Un home faleceu nun accidente nunha finca situada no lugar Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 13:25 horas a través da chamada dun particular, que alertaba da situación e da necesidade de asistencia urxente.
De inmediato, desde a Sala de Operacións activáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Valdeorras, o GES de Valdeorras, a Garda Civil e Protección Civil.
Ao chegar ao lugar, o persoal sanitario nada puido facer por salvar a vida do home.













