Ferrol será a sede da 39ª Copa Galicia de Baloncesto Sénior Feminina. Así o anunciaron esta mañá no Concello de Ferrol o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, xunto ao presidente da xestora da Federación Galega de Baloncesto (Fegaba), Julio Bernárdez, e ao presidente do Baxi Ferrol, Santiago Rey.
A competición celebrarase os días 11 e 12 de setembro en A Malata e nela dararanse cita os catro equipos referentes do baloncesto feminino galego actual: Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino, Celta Femxa Zorka e Sparking Truth Maristas Coruña.
En vindeiras datas terá lugar a presentación oficial dun torneo que é posible grazas á colaboración de Concello, Fegaba e Baxi Ferrol.













