• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Ferrol impulsa a transformación do litoral co proxecto Abrir Ferrol ao Mar-Caranza cun investimento de 1,2 millóns de euros

Compatibilizarase o novo espazo coa creación de 74 novas prazas de aparcamento e coa mellora do estacionamento do auditorio e conservatorio

David Por David
12/03/2026
en A Coruña
0
Ferrol impulsa a transformación do litoral co proxecto Abrir Ferrol ao Mar-Caranza cun investimento de 1,2 millóns de euros
FacebookXWhatsApp

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto Abrir Ferrol ao Mar-Caranza, unha actuación clave para a rexeneración da fronte marítima e a mellora da calidade urbana, que conta cun investimento de preto 1,2 millóns de euros.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, avanzou que “hoxe anunciamos tres investimentos máis para Caranza que suman 1,5 millóns de euros: Abrir Ferrol ao Mar, as melloras na Casa do Deporte e as obras de accesibilidade nas rúas Sao Paulo, Padre Feijóo e Armada Española”. Estes investimentos no barrio máis populoso da cidade únense aos que xa están en execución neste momento, onde destacan a renovación da cuberta do Centro Cívico e os campos de fútbol do Galicia de Caranza, por 1,2 millóns de euros. “Un compromiso real con Caranza”, afirmou.

ABRIR FERROL AO MAR

Rey Varela destacou o esforzo inversor do proxecto Abrir Ferrol ao mar. A fase de Ferrol Vello, A Magdalena e Arsenal foi adxudicada por 5,3 millóns de euros e neste momento lévanse derrubados máis de 300 metros de muralla. A fase de Esteiro, cuxas obras comezarán en breve, foi adxudicada hai unhas semanas por 2,7 millóns de euros.

Rey Varela subliñou a relevancia desta intervención en Caranza, “para seguir avanzando nun modelo de cidade máis sostible, accesible e conectada coa súa contorna natural”. Afirmou, ademais, que este proxecto “supón un paso decisivo para consolidar unha fronte marítima moderna, accesible e sostible, ao tempo que permite recuperar 32.000 metros cadrados de espazo público para a cidadanía”. Así mesmo, subliñou a importancia da colaboración institucional para facer posible unha actuación desta envergadura.

As obras enmárcanse no convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Axencia Galega de Infraestruturas, denominado “Segunda fase das actuacións de fomento da mobilidade sostible na fachada marítima e portuaria da cidade de Ferrol”. As actuacións están cofinanciadas nun 50 % pola Axencia Galega de Infraestruturas, reforzando así o compromiso conxunto de ambas administracións coa modernización e mellora do litoral urbano.

O proxecto desenvólvese na contorna da enseada de Caranza, onde conflúen a rúa Telleiras e a avenida do Mar. A intervención abrangue unha superficie aproximada de 32.000 metros cadrados e unha lonxitude próxima aos 600 metros, o que permitirá crear un gran espazo público de calidade, pensado para o uso cidadán, o encontro e a convivencia.

Grazas a esta intervención, “créase un gran espazo continuo ao longo da fachada marítima, favorecendo a integración entre a cidade e o mar e recuperando para a cidadanía unha parte fundamental do litoral”, destacou o alcalde.

UNHA GRAN ZONA DE ESPAREXEMENTO

O proxecto contempla unha reorganización integral do ámbito, mellorando a mobilidade peonil e ciclista, reforzando os accesos desde o tecido urbano e potenciando os espazos de estancia, lecer e convivencia. Así, reordénanse os percorridos existentes no bordo costeiro e acondiciónanse os accesos transversais cara a Caranza e os equipamentos próximos, facilitando desprazamentos seguros, cómodos e accesibles.

Rey Varela, recordou que neste tramo discorre o Camiño Inglés, que “será rehabilitado para mellorar a súa accesibilidade e a súa integración paisaxística”. Así, o itinerario será ampliado e repavimentado mediante xabre estabilizado, garantindo durabilidade, seguridade e comodidade para peregrinos, veciños e visitantes.

Entre este tramo do Camiño Inglés e a Avenida do Mar configurarase un gran espazo multifuncional destinado ao uso cidadán. Este ámbito contará con zonas de xogos infantís con pavimento continuo de caucho reciclado, áreas recreativas e deportivas, espazos de descanso, unha zona multiusos con función de miradoiro e auditorio ao aire libre, así como novos accesos lonxitudinais e transversais. “Todo iso permitirá consolidar esta contorna como un punto de encontro e actividade ao aire libre e en contacto coa ría”, asegurou Rey Varela.

A actuación incorpora unha importante mellora paisaxística e ambiental mediante a plantación de novas árbores, a creación de zonas verdes e a implantación de sistemas de rego por goteo. As árbores disporán de sistemas antiraíces e protección específica para garantir o seu desenvolvemento e conservación, contribuíndo a restaurar ambientalmente este espazo.

MÁIS PRAZAS DE APARCAMENTO

Un dos eixos principais desta fase é a mellora da oferta de aparcamento. Crearanse dous novos estacionamentos: un na rúa Fonte da Greza, con 24 prazas, e outro na contorna da rúa Telleiras coa rúa 5, con 50 prazas, das cales tres estarán reservadas para persoas con mobilidade reducida.

En total, habilitaranse 74 novas prazas. “É posible compatibilizar e complementar as zonas verdes con novos espazos para estacionar, facilitando o acceso da cidadanía e visitantes a esta zona de esparexemento”, insistiu o rexedor.

Ademais, renovarase o aparcamento existente na parte traseira do auditorio, que conta con 52 prazas, mediante a mellora do pavimento, o pintado das prazas e a actualización da sinalización, incrementando a súa funcionalidade, seguridade e accesibilidade.

O proxecto inclúe, tamén, unha nova instalación de iluminación nas zonas de aparcamento e no parque infantil, garantindo unha adecuada iluminación nocturna. Noutras áreas manterase unha iluminación limitada para preservar o carácter natural do litoral. Así mesmo, instalaranse canalizacións para futuros servizos Smart City, facilitando a implantación de novas tecnoloxías.

MATERIAIS SOSTIBLES

En materia de pavimentación e acabados, o proxecto aposta por materiais sostibles, resistentes e de alta calidade. Así, as zonas peonís executaranse con laxas fotocatalíticas descontaminantes, capaces de contribuír á redución de contaminantes do aire.

Os accesos rodados e áreas de estacionamento pavimentaranse con lastra de granito, mentres que os bordos, bancadas e elementos de contención resolveranse en cantería granítica. A rede de camiños naturais recuperará o pavimento de xabre, delimitado con pedra, reforzando a súa integración na contorna.

  • Únete á nosa canle de Whatsapp para recibir notificacións de interese

O mobiliario urbano deseñarase baixo criterios de funcionalidade, sinxeleza e baixo mantemento, coa instalación de bancos de pedra e madeira, papeleiras, aparcabicicletas e elementos de descanso integrados na paisaxe urbana.

DÚAS FASES

Rey Varela adiantou que se farán dúas fases xa que “queremos comezar xa esta actuación e estamos ultimando con Costas do Estado a area desta nova praia e a rexeneración da actual”.

A actuación correspondente á zona da praia levarase a cabo mediante un proxecto independente, denominado Fase 3B, mentres que a fase que agora se aproba céntrase principalmente na rexeneración urbana, na mellora dos espazos públicos e na mobilidade.

O orzamento desta fase ascende a 1.160.706,09 euros e o prazo de execución previsto é de 13 meses.

Para finalizar, o alcalde subliñou que este proxecto amosa que “continuamos avanzando na recuperación da fachada marítima, apostando por unha cidade máis verde, máis azul e máis conectada co noso plan de mobilidade”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El conflicto en Irán dispara un 50% la búsqueda de alquiler temporal en Europa

Siguiente

Abel Caballero, fue el invitado de la edición viguesa del Fala Que Fala de Radio Líder

David

David

Relacionado Entradas

A Deputación da Coruña leva ao CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda a campaña educativa “Coidamos o mar sen plásticos”
A Coruña

A Deputación da Coruña leva ao CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda a campaña educativa “Coidamos o mar sen plásticos”

Pedro Blanco defende que a reforma do Regulamento de Costas garante a actividade das empresas
A Coruña

Pedro Blanco defende que a reforma do Regulamento de Costas garante a actividade das empresas

O CCA de Carballo premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€
A Coruña

O CCA de Carballo premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Pontón recoñece e agradece a Francisco Jorquera toda unha vida de traballo “por e para Galiza» e ao servizo do ben común
A Coruña

Pontón recoñece e agradece a Francisco Jorquera toda unha vida de traballo “por e para Galiza» e ao servizo do ben común

A Deputación da Coruña destina preto de 470.000 euros a 26 proxectos de cooperación internacional
A Coruña

A Deputación da Coruña destina preto de 470.000 euros a 26 proxectos de cooperación internacional

A Deputación da Coruña e a CEC financian con 280.000 euros o proxecto “Impulsa Coruña”
#Destacado

A Deputación da Coruña e a CEC financian con 280.000 euros o proxecto “Impulsa Coruña”

Siguiente
Abel Caballero, fue el invitado de la edición viguesa del Fala Que Fala de Radio Líder

Abel Caballero, fue el invitado de la edición viguesa del Fala Que Fala de Radio Líder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 12/03/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, se escaquea como puede, no quiere reconocer que las arcas municipales están vacías, no...

Por Interés

Últimas

Abel Caballero, fue el invitado de la edición viguesa del Fala Que Fala de Radio Líder

Abel Caballero, fue el invitado de la edición viguesa del Fala Que Fala de Radio Líder

Ferrol impulsa a transformación do litoral co proxecto Abrir Ferrol ao Mar-Caranza cun investimento de 1,2 millóns de euros

Ferrol impulsa a transformación do litoral co proxecto Abrir Ferrol ao Mar-Caranza cun investimento de 1,2 millóns de euros

La vivienda en Galicia sube un 7,6% interanual en enero

El conflicto en Irán dispara un 50% la búsqueda de alquiler temporal en Europa

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.