A candidata á Reitoría da Universidade de Vigo, Belén
Rubio comezou nestes días a dar a coñecer aos membros do seu equipo antes do rexistro
final da candidatura, o vindeiro 17 de abril. No día de hoxe presenta a proposta de H2040
para liderar a Vicerreitoría do Campus de Ourense.
Catedrático da área de Botánica na Facultade de Ciencias, Javier Rodríguez Rajo forma
parte do grupo de investigación en Sistemas Agroambientais (GISA) que pertence ao
Instituto de Investigación do Campus Auga e conta cunha ampla traxectoria académica e
profesional ligada á Universidade de Vigo.
A súa ampla experiencia en xestión universitaria
permítelle contar cunha visión integral e transversal do funcionamento institucional e a súa
candidatura “susténtase nun compromiso claro co desenvolvemento equilibrado do
Campus Auga, co fortalecemento da súa identidade propia como Campus de
Especialización dentro da Universidade de Vigo e coa mellora continua das condicións
para o alumnado, o profesorado e o persoal técnico de administración e servizos”.
Rodríguez Rajo é actualmente Vicerreitor do Campus de Ourense, cargo que ocupa dende
xuño de 2023 e no que ten confirmado o seu compromiso institucional e coa cidade de
Ourense e a súa contorna
. Dende ese cargo, e agora como candidato para unha renovación
do mandato, defende un modelo de Campus con “máis capacidade de decisión,
apostando por un modelo de xestión baseado na proximidade, no diálogo e na
participación da comunidade universitaria, entendendo que os mellores resultados so se
acadan dende a colaboración e o traballo en equipo”.
#FalamosUVigo con Belén Rubio
Para dar a coñecer as propostas de Javier Rodríguez Rajo para o Campus de Ourense,
H2040 ten preparado un espazo de diálogo entre o candidato do Campus e a candidata á
Reitoría que está dispoñible na canle de Youtube. O profesor Rodríguez Rajo tamén queda
a disposición dos medios de comunicación que queiran encontrarse con el ao tempo que
continuará cos encontros cos distintos colectivos da comunidade universitaria












