• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral celebra a súa 19ª edición en Expourense

Administración, patronal, sindicatos, colexios profesionais, servizos de emerxencia e centros educativos elaboraron un completo programa de xornadas técnicas e obradoiros que se impartirá en Expourense os días 11 e 12 de marzo

David Expósito Por David Expósito
10/03/2026
en Ourense
0
Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral celebra a súa 19ª edición en Expourense
FacebookXWhatsApp

Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral celebra a súa 19ª edición consolidada como o gran referente en Galicia, xa que é a única cita centrada en exclusiva na formación especializada en prevención e seguridade laboral impartida por expertos na materia. A 19ª edición deste salón celebrarase en Expourense os días 11 e 12 de marzo contando unha vez máis coa estreita colaboración de administración, patronal, sindicatos, colexios profesionais e servizos de intervención e emerxencias e centros educativos de Formación Profesional. Todos eles elaboraron un completo programa con máis de 50 actividades que teñen o obxectivo de insistir na necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades promocionando ademais boas prácticas que garantan a saúde laboral dos traballadores e traballadoras.

A 19ª edición de Previsel foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e presidente do comité executivo de Expourense, Manuel Pardo; polo vicepresidente terceiro da Deputación provincial de Ourense, Plácido Álvarez; polo director do Centro Issga en Ourense, Ángel López; polo presidente de TESGALICIA, Santiago Moreno; e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Tanto os profesionais como o público xeral que asistan a Previsel atoparanse dúas áreas: exposición e xornadas técnicas. En total, esta cita contará con 40 participantes.

 

Tamén destaca a presenza en feira de asociacións e federacións sectoriais, sindicatos e servizos de prevención, seguridade e emerxencias.

XORNADAS E OBRADOIROS

Previsel 2026 presenta un completo programa de actividades que inclúen tanto formación especializada dirixida a sectores produtivos concretos como charlas e obradoiros de divulgación xeral en materia de prevención, saúde, seguridade laboral ou primeiros auxilios. A análise do Novo Regulamento de Seguridade Contra Incendios; a preparación da mochila de supervivencia; a prevención de neglixencias en incendios forestais; as oportunidades laborais no sector da construción ou a xestión da seguridade en catástrofes ou fenómenos meteorolóxicos adversos serán algúns dos temas abordados nestas xornadas. O programa conta coa participación de 50 relatores.
O Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia, ISSGA, volve apostar por Previsel como plataforma de promoción da cultura preventiva e como o marco elixido para impartir formación especializada dirixida a profesións concretas. Na primeira xornada do salón, mércores 11 de marzo, impartirán un seminario sobre a “Prevención de riscos ergonómicos e psicosociais na atención a persoas dependentes”. Ao día seguinte, o ISSGA impartirá outra xornada centrada no traballo seguro con nanomateriais e recompilada no portal web do ISSGA. Unha das novidades desta edición será o equipamento achegado pola Axencia Galega de Emerxencias, AXEGA, que participarán no cunha Bomba de Achique de Gran Caudal.

Participarán ademais centros educativos vencellados coa Formación Profesional como o Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros e o CIFP A Carballeira que acoden a esta cita con simuladores de realidade virtual que ofrecen unha experiencia inmersiva 360º e en 3D en emerxencias sanitarias.

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026

Como é habitual, a Confederación Empresarial de Ourense, CEO; participará como expositora e ademais impartirá unha xornada en Previsel que este ano presentará “os riscos de xogar á ruleta coa prevención de riscos laborais.

 

 

Outra das entidades que aproveitará a celebración do salón para impartir formación especializada aos seus asociados e a todo aquel que desexe anotarse será a Fundación Laboral da Construción de Galicia que organiza a xornada teórico-práctica sobre o control operacional básico na obra. Tamén, en colaboración coa Asociación de
Construtores de Ourense, ACO, imparten unha xornada sobre as Oportunidades de Emprego neste sector.

Relacionada con este sector está a mesa de debate que analizará o novo Regulamento de Seguridade contra Incendios (SCI) abordando as obrigas, responsabilidades e repercusións na seguridade laboral e na seguridade cidadá na que participarán representantes dos colexios profesionais vencellados coa construción e os accidentes laborais (enxeñeiros técnicos agrícolas, arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos industriais e avogados).
Previsel conta un ano máis coa implicación dos tres sindicatos maioritarios en Galicia que convocarán aos seus afiliados de toda Galicia a participar nas actividades que organizaron. U.G.T. organizou dous obradoiros (un por día) sobre a preparación da mochila de supervivencia para as primeiras 72 horas logo dunha catástrofe. Pola súa parte, CC.OO. preparou un seminario sobre Enfermidades Profesionais. A CIG pola súa parte, organizou unha xornada sobre a prevención e seguridade dos traballadores en catástrofes e fenómenos meteorolóxicos adversos. A estes sindicatos, súmase un ano máis o Sindicato de Enfermería SATSE que organiza dous obradoiros especializados sobre accesos vasculares e terapias intravenosa e sobre manexo integral da vía aérea.

O programa de conferencias complétase coa mesa redonda na que participan varios membros da UIFO (Unidade de Investigación de Incendios Forestais) na que se falará investigación realizada nos incendios forestais en Galicia presentado casos reais. Está organizada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Pola súa parte, os Bombeiros de Ourense impartirán un obraodiro práctico de manexo de extintores. As empresas participantes tamén impartirán formación especializada como é o caso de Previsonor que falará dos riscos do gas Radón tanto no traballo como no fogar.
Como é xa habitual dende o ano 2015, a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia, TESGALICIA, organizarán unha vintena de actividades dirixidas a persoal sanitario (que asistirá procedente de varios

puntos de España e de Portugal) e outras á sociedade en xeral e que apostan pola formación continua dos profesionais. Entre as actividades destinadas ao público xeral, TESGALICIA colabora na organización da visita do Helicóptero medicalizado H4 (mércores 11 ás 13.00 h.) ou os obradoiro de RCP.
Entre as actividades permanentes destaca o posto de asesoramento do Gabinete de Prevención de Riscos Laborais da Confederación Empresarial de Ourense – CEO; as cadeas de supervivencia da Cruz Vermella Ourense; as medicións antropométricas realizadas pola Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Sanidade; a medición de glucosa por parte da Asociación Diabética Auria ou a información sobre as carpas de aire presurizado como recurso preventivo e de intervención que correrá a cargo de Protección Civil do Concello de Barbadás.

As actividades compleméntanse con distintas exposicións de equipamentos e vehículos vencellados coa prevención e as emerxencias achegadas por entidades como a Deputación de Ourense, Protección Civil de Ourense, Protección Civil de Barbadás, Ambulancias da Cruz Vermella, SAMUR, SUMMA 112, a BRILAT, Policía Nacional e 061 Galicia.

Previsel 2026 conta co apoio principal do ISSGA e coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, ademais de Renfe. A asistencia a estas actividades é gratuíta e precisa de inscrición previa a través da web www.previsel.com ou no teléfono 988 36 60 30.
O horario de apertura do salón será o mércores 11 de marzo de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 19.00 h. e o xoves 12 de 10.00 a 14.00 h.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación da Coruña destina preto de 470.000 euros a 26 proxectos de cooperación internacional

Siguiente

Pontón: “Non á guerra, imperialismo nunca máis”

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Esperanza Cortiñas cumplirá 110 años el 3 de diciembre y encenderá las luces de Navidad de Ourense al día siguiente.
#Destacado

La mujer de 110 años que encenderá la Navidad en Ourense por segunda vez

Xantar 2026 reunirá en Expourense gastronomía gallega, productos internacionales y propuestas culinarias del 19 al 22 de noviembre.
#Destacado

Xantar 2026 en Ourense: fechas horarios y actividades de la feria gastronómica

Los integrantes de Ziptie Motorsport construyeron su propio kart eléctrico y lograron el tercer puesto en las pruebas estáticas de la competición celebrada en Viena.
#Destacado

Cinco jóvenes de Ourense construyen su propio kart eléctrico y consiguen un podio internacional en Viena

Cementerios de Ourense amplían horarios por Todos los Santos
#Destacado

Cementerios de Ourense amplían horarios por Todos los Santos

Ourense impulsa a promoción do Magosto para atraer visitantes e reforzar o valor turístico dunha das súas celebracións tradicionais.
#Destacado

Ourense lanza unha campaña para promocionar o seu Magosto como Festa de Interese Turístico

Ourense abrirá 20 casetas de Navidad en el parque de San Lázaro
#Destacado

Mercado de Navidad de Ourense 2026: plazo y 20 casetas

Siguiente
Pontón: “Non á guerra, imperialismo nunca máis”

Pontón: “Non á guerra, imperialismo nunca máis”

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Martes 24/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Las estafas en compras online aumentan los riesgos para los consumidores durante el Black Friday y la campaña de Navidad.

Más de 18.000 anuncios fraudulentos y cinco estafas que amenazan tus compras en Black Friday

Francisco Conde, candidato del PP al Congreso por Lugo, durante su intervención en la entrevista del día de Matinal Líder.

Francisco Conde denuncia en Radio Líder el abandono de Lugo y reclama las autovías pendientes

O Banco de Instrumentos de Lugo permite ao alumnado da Escola Municipal de Música solicitar material en préstamo para o curso 2026-2027.

Queres aprender música en Lugo? Xa podes pedir un instrumento prestado ata o 4 de decembro

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.