• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Atlantic Pride convoca unha nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+ para relatos curtos sobre diversidade

O V Certame de Literatura LGTBIQ+ pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBIQ+

David Por David
10/02/2026
en Cultura
0
O Atlantic Pride convoca unha   nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+   para relatos curtos sobre diversidade
FacebookXWhatsApp

O Atlantic Pride convoca unha nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+. Coa idea de tecer unha rede de cultura e activista, o festival organiza, por quinto ano consecutivo, un concurso literario de relato curto sobre diversidade en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, a través do club de lectura QUEERuña, un grupo de lectura que se reúne mensualmente desde o 2016 para ler e debater sobre cultura LGTBIQ+.

O V Certame de Literatura LGTBIQ+ do Atlantic Pride pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBIQ+. As obras deberán ser en galego, orixinais e inéditas, de temática libre e con vinculación á diversidade LGTBIQ+, e poderán presentarse até o 31 de maio, optado a tres premios en metálico (de 600, 300 e 100€).

O xurado estará composto por integrantes do club de lectura QUEERuña e as obras gañadoras anunciaranse durante a celebración da 7ª edición do festival (do 5 ao 12 de xullo de 2026), momento no que terá lugar, tamén, a entrega dos premios. As bases de participación do V Certame de Literatura LGTBIQ+ do Atlantic Pride poden consultarse na páxina web:

www.atlanticpride.es/certame-literario

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Poderán participar todas as persoas maiores de idade, sempre que as obras sexan en galego, orixinais e inéditas, non publicadas en ningún tipo de formato, nin total nin parcialmente (incluído Internet), non premiadas ou pendentes de decisión en outros concursos, ou á espera de resposta de procesos editoriais. O incumprimento desta primeira base descualifica automaticamente o traballo presentado. Só se admitirá unha obra por persoa. Toda persoa que participe neste certame acepta a cesión da obra para a súa publicación e difusión en outros medios físicos ou dixitais relacionados co Atlantic Pride ou o Club de lectura QUEERuña. Nun futuro, tentarase publicar un libro cos relatos premiados e unha selección do xurado.

 

TEMÁTICA, EXTENSIÓN E FORMATO

A temática é libre, con vinculación á diversidade LGTBIQ+. O texto presentarase a través da páxina web do festival www.atlanticpride.es, en formato pdf e en documento tamaño DIN A4, cunha extensión máxima de 10 páxinas, con tipografía Times New Roman, tamaño 12, interlineado 1.

 

XURADO

O xurado estará composto por integrantes do club de lectura QUEERuña. As integrantes do club QUEERuña que compoñen o xurado non poderán participar neste concurso. Unha vez finalizado o prazo de presentación, a organización facilitaralle ao xurado todas as obras presentadas ao concurso, tamén en formato dixital, pero sen ningún dato persoal que permita identificar a súa autoría. O xurado realizará a súa valoración en dúas fases: unha individual e outra grupal, que será nun encontro ordinario do club. No caso de existir disparidade de criterios que non permita dirimir as obras premiadas, optarse por realizar unha votación individual coas puntuacións 10, 7, 5, 3 e 1 puntos e as obras gañadoras serán as que maior puntuación acaden. O xurado levantará acta das valoracións e posteriormente remitiralla á organización do certame. Os criterios de valoración o xurados serán, por unha banda, a calidade literaria e a corrección gramatical, e, por outra, a atención a personaxes e historias infrarrepresentadas dentro do espectro LGTBIQ+ e a orixinalidade da obra.

PRAZOS

O 31 de maio de 2026 será o día de peche da recepción de obras. Durante a celebración do festival (do 5 ao 12 de xullo) anunciaranse as obras gañadoras e farase a entrega dos premios.

PREMIOS

Haberá tres galardóns en metálico (1º premio: 600 €; 2º premio: 300 €; 3º premio: 100 €).

 

SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O ‘ORGULLO DO NORTE’ CORUÑÉS

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride é un festival de música pioneiro, gratuíto e inclusivo que se celebra na cidade da Coruña, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride posúe, tamén, o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

Na súa que na súa 6ª edición, celebrada o pasado mes de xullo de 2025, o Atlantic Pride reuniu a preto de 45.000 persoas. Neste 2026, o ‘Orgullo do Norte’ regresará á cidade herculina para festexar a súa 7ª edición cos primeiros nomes do seu cartel xa anunciados: Whigfield, Choriza May e Miriam Rodríguez.

O Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Tras seis edicións, o Atlantic Pride consolídase como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comezo do verán ao longo da Península e no que teñen cabida coloridas propostas para todos os públicos, gustos e idades.

Así, no Atlantic Pride non faltan concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración do Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que no 2026 afronta a súa quinta edición.

Nos seus xa seis anos de historia, o cartel de Atlantic Pride reuniu figuras como La Terremoto de Alcorcón, La Casa Azul, Ladilla Rusa, Samantha Hudson, Javiera Mena, Grande Amore, Soleá Morente, OBK, Amistades Peligrosas, Fillas de Cassandra, Joe Crepúsculo, La La Love You, Melody, Locomía, Nancys Rubias, Samantha Ballentines, Soraya, Chanel, Lucía Pérez, Las Ketchup, Luna Ki, Mondra, Nena Daconte, Nebulossa, Raúl, Rosa López, Shego, Supremme De Luxe, Vengaboys, Agoraphobia, Anabel Conde, Arantxa Castilla-La Mancha, De Ninghures, David Civera, Edurne, Judeline, Leria, Mayo, Merche ou Nia, entre moitas outras.

 

web oficial

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación da Coruña financia 378.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos cun investimento de preto de 9 millóns de euros

Siguiente

A CIG-Ensino denuncia que a oferta de emprego público docente é a peor dos últimos sete anos

David

David

Relacionado Entradas

As Neves celebra a XXXIII Feira do Requeixo e Mel o 3 e 4 de abril
Cultura

As Neves celebra a XXXIII Feira do Requeixo e Mel o 3 e 4 de abril

A IX Mostra Musical do Eixo Atlántico homenaxeará a António Saiote en Vilalba no mes de maio
Cultura

A IX Mostra Musical do Eixo Atlántico homenaxeará a António Saiote en Vilalba no mes de maio

BIGSOUND Pontevedra confirma o seu cartel deste 2026
Cultura

BIGSOUND Pontevedra confirma o seu cartel deste 2026

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Rois
Cultura

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Rois

A Deputación da Coruña participa na conmemoración do 900 aniversario do Mosteiro de San Salvador de Bergondo
A Coruña

A Deputación da Coruña participa na conmemoración do 900 aniversario do Mosteiro de San Salvador de Bergondo

A Deputación da Coruña apoia a XLIV Festa do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón (Vedra), que se celebra o 11 e 12 de abril
Cultura

A Deputación da Coruña apoia a XLIV Festa do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón (Vedra), que se celebra o 11 e 12 de abril

Siguiente
A CIG-Ensino denuncia que a oferta de emprego público docente é a peor dos últimos sete anos

A CIG-Ensino denuncia que a oferta de emprego público docente é a peor dos últimos sete anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 29/03/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Dumbría, un destino para disfrutar esta Semana Santa

Dumbría, un destino para disfrutar esta Semana Santa

Javier Rodríguez Rajo, a aposta de Belén Rubio para a vicerreitoría do Campus de Ourense

Javier Rodríguez Rajo, a aposta de Belén Rubio para a vicerreitoría do Campus de Ourense

Radio Líder emite un especial «Sector Primario» desde el Club Empresarial Nordés

Radio Líder emite un especial «Sector Primario» desde el Club Empresarial Nordés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.