• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG acusa o PP de arquivar en falso o proxecto de Altri para retomar o proxecto “cando muden as circunstancias

Luís Bará advirte que o carpetazo non será definitivo ata que a Xunta denegue a declaración ambiental integrada e o permiso de Augas de Galiza

David Expósito Por David Expósito
13/07/2026
en #Destacado, Política
0
O BNG acusa o PP de arquivar en falso o proxecto de Altri  para retomar o proxecto “cando muden as circunstancias
FacebookXWhatsApp
O viceportavoz e responsábel de Medio Ambiente do BNG no Parlamento, Luís Bará, acusou o PP na Xunta de arquivar en falso o proxecto de Altri para construír unha macrocelulosa en Palas de Rei e reclamou que se de verdade o Goberno de Rueda quere darlle carpetazo e facelo inviábel no futuro ten que denegar a declaración ambiental integrada e o permiso de concesión de augas, os dous trámites que faltan para culminar a tramitación como Proxecto Industrial Estratéxico.
“A Xunta estalle preparando unha plataforma a Altri para que poida reanudar a tramitación cando muden as circunstancias”, alertou Bará en alusión á vía de arquivo escollida polo Executivo do PP, unha “treta” que permite que o proxecto “siga vivo e ben vivo” e tan só quede en “stand by”.
O deputado nacionalista fixo estas declaracións durante unha rolda de prensa na que, en primeiro lugar, felicitou a todas as plataformas e organizacións cidadáns que, grazas á mobilización social, obrigaron as administracións a cambiar o plan inicial e fixeron que hoxe en día o proxecto non estea aprobado xa.
Porén, advertiu que Altri ten a declaración de impacto ambiental aprobada desde abril de 2025 e está en disposición de reiniciar a tramitación “cando interese”. Esta declaración, explicou, ten unha vixencia de 4 anos, prorrogable por dous máis, o que supón que podería ter vixencia até o 2031.
Ademais, engadiu, a Xunta utiliza a fórmula do arquivo declarando a caducidade da solicitude ao abeiro do previsto no artigo 95 da lei de 2015 de procedemento administrativo, unha fórmula que ten “trampa” porque, tal e como di a norma, “nos casos nos que sexa posible a iniciación dun novo procedemento por non terse producido a prescrición, poderán incorporarse a este os actos cuxo contido se mantivese igual de non terse producido a caducidade”.
É por iso que reclamou o PP na Xunta que, para “enterrar definitivamente” o proxecto e facelo totalmente inviable de cara ao futuro, denegue a autorización ambiental integrada e a solicitude de concesión de augas. “Sobran razóns de peso para facelo”, asegurou Bará que, neste punto, esgrimiu a sentenza do TSXG de febreiro deste ano que obriga á Administración galega a protexer os terreos nos que se pretendía construír a megacelulosa, en concreto a zona de amortecemento ao sureste da serra do Careón que foi excluída un mes antes de aprobarse a DIA da Estratexia de Infraestrutura Verde.
“Iso fai legalmente inviable a posibilidade de facer aí unha instalación industrial”, apuntou o  portavoz nacionalista de Medio Ambiente, lembrando que a día de hoxe o PP na Xunta aínda non cumpriu a sentenza.
Máis cabos soltos
Bará subliñou que existen ademais outros “cabos soltos” grazas á xestión do Goberno de Rueda, que deixa a porta aberta a que a multinacional lusa poida presentar recurso xudicial e, incluso, reclamar unha indemnización millonaria pola demora nos prazos previstos. Isto é así, precisou, como consecuencia de que a Xunta modificou en 2023 pola “porta de atrás”  (lei de acompañamento) o decreto que regula a política industrial galega.
O artigo 86 dese decreto prevé unha indemnización de até medio millón de euros “sen prexuízo dunha posíbel acreditación de maiores danos e prexuízos con arranxo á lexislación reguladora da responsabilidade patrimonial da administración”.
O deputado do BNG concluíu que todo o proceso de tramitación do proxecto de Altri está ateigado de “irregularidades, sombras e sospeitas” que tiveron o seu punto de partida no “acordo secreto” asinado pola Xunta, a través da extinta Sociedade Impulsa, coa empresa lusa en outubro de 2021. Un memorando, lembrou que segue agochado baixo sete chaves e que o Bloque demandou en reiteradas ocasións a través do artigo 9 do Regulamento do Parlamento.
O BNG vén de solicitar tamén a través deste artigo 9 o expediente completo do arquivo do proxecto da macrocelulosa na Ulloa, incluíndo as alegacións presentadas pola empresa.
conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia
ShareTweetSend
Publicación anterior

Muxía celebra as Rutas do Mar do 8 o 9 de Agosto

Siguiente

Arranca o Campus de Verán do Celta de Vigo en Ares

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche
#Destacado

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?
#Destacado

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

Siguiente
Arranca o Campus de Verán do Celta de Vigo en Ares

Arranca o Campus de Verán do Celta de Vigo en Ares

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 25/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.