• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Club de Remo Cedeira fai historia en Sevilla e sitúase entre a élite do remo español de base

David Por David
07/07/2026
en Deportes
0
O Club de Remo Cedeira fai historia en Sevilla e sitúase entre a élite do remo español de base
FacebookXWhatsApp

Hai éxitos que se miden en medallas, e outros que se miden polo enorme valor do camiño percorrido para conseguilas. O Club de Remo Cedeira volveu demostrar esta fin de semana que a ilusión, o traballo e a constancia poden competir de igual a igual cos grandes referentes do remo nacional. No Campionato de España de Remo Olímpico nas categorías alevín, infantil e veterano, celebrado no CEAR da Cartuja, en Sevilla, a entidade cedeiresa asinou unha actuación extraordinaria que a situou no terceiro posto do medalleiro nacional, un resultado que confirma a extraordinaria proxección dun dos clubs máis modestos, pero tamén máis admirados, do remo español.

O mérito cobra unha dimensión aínda maior se se ten en conta que no campionato participaron 63 clubs de toda España e que a expedición cedeiresa estivo formada unicamente por sete deportistas, distribuídos en tres embarcacións de skiff e dúas de dobre scull. Un grupo reducido, pero cun enorme talento e unha admirable capacidade competitiva, que soubo converter cada regata nun exemplo de esforzo, superación e compromiso.

Ademais de acadar o terceiro posto no medalleiro nacional, o Club de Remo Cedeira foi tamén o club galego máis laureado do campionato, ao sumar catro medallas: dúas de ouro e dúas de prata. Os títulos nacionais chegaron no skiff alevín feminino e no skiff infantil feminino, mentres que as dúas medallas de prata foron conquistadas con outro skiff alevín feminino e co dobre scull alevín masculino, superando con claridade o balance do resto de clubs galegos presentes na cita sevillana.

Estes resultados non son froito da casualidade. Son a consecuencia dun traballo constante que o Club de Remo Cedeira leva desenvolvendo desde hai máis de catro décadas, formando deportistas e transmitindo valores como o esforzo, a humildade, a disciplina e o compañeirismo. Un proxecto deportivo que medrou desde a base, sempre coa vista posta na canteira e no desenvolvemento persoal dos seus rapaces e rapazas.

Un papel esencial nesta evolución corresponde ao seu adestrador, Chema Hermida, un namorado do remo desde ben noviño que leva anos entregando o seu tempo, os seus coñecementos e a súa ilusión de xeito totalmente voluntario. A súa adicación e a súa paixón son unha das grandes fortalezas deste club, capaz de competir cos mellores sen contar cos medios dos grandes.

Hai unha frase que Chema lles repite con frecuencia aos seus rapaces e rapazas, sempre entre risas cómplices: «Eu non gañei a miña primeira medalla ata que fun veterano.» Un xeito sinxelo, pero cheo de significado, de lembrarlles que cada deportista ten o seu ritmo, que non hai que ter présa, que o importante é seguir traballando e gozando do camiño.

Á vista dos resultados que hoxe recolle o Club de Remo Cedeira, ben podería dicirse que a vida non puxo a Chema no remo para encher a súa propia vitrina de medallas, senón para axudar a que sexan outros/as quen as conquisten. Porque hai persoas que fan historia gañando competicións, e outras que a fan formando campións e campioas. E, probablemente, ese sexa o maior triunfo dun adestrador que fixo do compromiso e da xenerosidade a súa forma de entender o deporte.

A excelente actuación en Sevilla non fai máis que confirmar a extraordinaria proxección deportiva do Club de Remo Cedeira, especialmente no remo feminino, pois o club pode presumir de contar na actualidade con dúas remeiras internacionais: Candela Martínez e Raquel Rodríguez, que continúan a súa formación deportiva e académica nos Estados Unidos, onde compiten no esixente circuíto universitario. O seu percorrido converteuse nun exemplo para as novas xeracións e demostra que, desde un pequeno club dunha vila mariñeira como Cedeira, é posible abrirse camiño ata a élite internacional.

O éxito acadado en Sevilla confirma que o Club de Remo Cedeira vive un dos momentos máis brillantes da súa historia. Cunha estrutura modesta, pero cun inmenso capital humano, segue demostrando que a ilusión, o traballo diario e a confianza na canteira poden derrubar calquera límite.

Este 3° posto no medalleiro Iberdrola e no xeral, o 5° no Promoción e o liderado entre os clubes galegos non son só un premio ao esforzo destes sete mozos e mozas. Son tamén o recoñecemento a un proxecto deportivo exemplar, construído con humildade, sacrificio e amor polo remo, que leva o nome de Cedeira aos postos máis destacados do panorama nacional.

Porque, ao final, as medallas son metal, pero o verdadeiro legado dun club mídese nas persoas que forma, nos valores que transmite e na pegada que deixa en cada xeración. E nese medalleiro, o Club de Remo Cedeira leva moitos anos ocupando o primeiro posto.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

A segunda edición da Mostra Pop-up de marcas emerxentes recalará de novo en Ares

Siguiente

Una auxiliar de ayuda a domicilio condenada a dos años de cárcel por estafa

David

David

Relacionado Entradas

Cómo viajar a Nueva York para ver la final del Mundial 2026: vuelos, hoteles, entradas y precios
#Destacado

Cómo viajar a Nueva York para ver la final del Mundial 2026: vuelos, hoteles, entradas y precios

Estudiantes de Galicia y Asturias descubren la arquitectura sin barreras en el campamento de la ONCE
Deportes

Estudiantes de Galicia y Asturias descubren la arquitectura sin barreras en el campamento de la ONCE

1 de cada 3 españoles se ha sentido influido por las redes sociales al hacer deporte
Deportes

1 de cada 3 españoles se ha sentido influido por las redes sociales al hacer deporte

Mundial 2026: todos los partidos de España, calendario completo, horarios, dónde ver en TV y el camino de La Roja hacia la final
#Destacado

España – Bélgica: todos los concellos gallegos con pantalla gigante para ver el Mundial 2026

Trofeo Teresa Herrera 2026: Deportivo – Real Madrid, el regreso del gran clásico del verano a Riazor
#Destacado

Trofeo Teresa Herrera 2026: Deportivo – Real Madrid, el regreso del gran clásico del verano a Riazor

A Coruña acolle o Campionato Galego Sénior de vólei praia
#Destacado

A Coruña acolle o Campionato Galego Sénior de vólei praia

Siguiente
Condenan a tres años y ocho meses de cárcel al dueño de una explotación ganadera por intentar matar a su socio

Una auxiliar de ayuda a domicilio condenada a dos años de cárcel por estafa

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 15/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

El TSXG exime a la Xunta de pagar el IBI del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

El TSXG exime a la Xunta de pagar el IBI del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

V Feira da Cultura en Camiño en Miño

V Feira da Cultura en Camiño en Miño

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.